Ir o contido principal

Obras de mellora Camiño de límite municipal a Regoelle

Miniatura Noticia

PLAN MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A
PARCELAS AGRÍCOLAS 2021-2022

Descrición: Lonxitude 850 m, ancho 6,40 m e un abanico de 290 m2
Procedeuse á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe.

Aplicouse unha capa de cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ó 2% dasuperficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo e previo fresado do pavimento existente nos treitos de principio e fin, nabanda lateral en contacto co formigón e o paso elevado de Regoelle.

Completan a obra a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e eixo do vial, bordes no abanico e símbolos..


 


 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

OBRADOIRO DE EMPREGO 2022-2023

Miniatura Noticia

 


O concello de Dumbría fai pública a aprobación do Obradoiro Dual de Emprego CAMIÑO DO SOLPOR V, xunto cos concellos de Cee, Corcubión e Fisterra.


DATA DE REALIZACIÓN PREVISTA: 19-09-2022 ata o 18-09-2023


NÚMERO DE ALUMNOS: 20


ESPECIALIDADES FORMATIVAS: 2

- Xardinería e restauración da paisaxe (10 alumnos)

- Limpeza en espazos abertos e instalación industriais. Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción (10 alumnos)


PARTICIPANTES:

Desempregados inscritos no Servizo Público de Empregopreferentemente dos concellos de Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra nos códigos 320 (Escolas taller), 330 (Casas de Oficio), 340 (Taller de Emprego) ou 370 (Outros programas de emprego formación dual).

REQUISITOS:

Persoas desempregadas. Entendéndose nesta situación persoas demandantes de emprego rexistradas no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego, sempre que poidan subscribir contrato de formación e aprendizaxe durante toda a duración do obradoiro.


PERSOAL DIRECTIVO E ADMINISTRATIVO:

- Director/a

- Mestre especialidade XARDINERÍA E RESTAURACIÓN DA PAISAXE

- Mestre especialidade LIMPEZA EN ESPAZOS ABERTOS

E INSTALACIÓNSINDUSTRIAIS

- Mestre especialidade OPERACIÓNS AUXILIARES DE

REVESTIMENTOSCONTINUOS EN CONSTRUCIÓN

- Auxiliar Administrativo/a


 


 

SELECCIÓN DE DIRECTOR_A OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CAMIÑO DO SOLPOR V”..


SELECCIÓN DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO_A OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CAMIÑO DO SOLPOR V”.



 

SELECCIÓN DE DOCENTE DE LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CAMIÑO DO SOLPOR V”.



 

SELECCIÓN DE DOCENTE DE XARDINERÍA E RESTAURACIÓN DA PAISAXE DE EMPREGO “CAMIÑO DO SOLPOR V”.


 

SELECCIÓN DE DOCENTE DE OPERACIÓNS AUXILIARES DE REVESTIMENTOS CONTINUOS EN CONSTRUCCIÓN OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CAMIÑO DO SOLPOR V”.





 

LISTAXE DE PUNTUACIÓNS DAS ENTREVISTAS REALIZADAS PARA O PROCESO SELECTIVO DO EQUIPO DIRECTIVO, DOCENTE DE APOIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO


 

PUNTUACIONS PROVISIONAIS PERSOAL DIRECTIVO,

DOCENTE E DE APOIO.



 

PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS DOS ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO DO SOLPOR V


 

PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS DOS ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO DO SOLPOR V


 

LISTAXE DEFINITIVA DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO


 

PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS DO OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO DO SOLPOR V


 


MÁIS INFORMACIÓN NOS CONCELLOS:

- Dumbría > T. 981744001 AEDL

- Cee > T. 981745100 AEDL

- Corcubión > T. 981745400 AEDL

- Fisterra > T. 981 740 001 AEDL



 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




OBRADOIRO DE EMPREGO 2021-2022

Miniatura Noticia

 


O concello de Dumbría fai pública a aprobación do “OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO DO SOLPOR IV”, xunto cos concellos de Cee e Corcubión.


DATA DE REALIZACIÓN PREVISTA: 15-10-2021 ata o 14-07-2022


NÚMERO DE ALUMNOS: 20


ESPECIALIDADES FORMATIVAS: 2

- Promoción Turística Local e Información ao visitante (10 alumnos)

- Ioga (10 alumnos)


PARTICIPANTES: Desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego preferentemente dos concellos de Dumbría, Cee e Corcubión nos códigos 320 (Escolas taller), 330 (Casas de Oficio), 340 (Taller de Emprego) ou 370 (Outros programas de emprego formación dual)


REQUISITOS: Dispoñer dalgunha das seguintes acreditacións: Título de Bachiller, Certificado de Profesionalidade de nivel 3, Certificado de profesionalidade de nivel 2 na mesma familia e área profesional, cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ben superar as probas de acceso reguladas polas administracións educativas, ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou 45 anos ou ter superado as competencias clave correspondentes.


PERSOAL DIRECTIVO E ADMINISTRATIVO:

- Director/a

- Mestre de especialidade instrucción en IOGA

- Mestre especialidade promoción turística local e información ao visitante

- Mestre de ensino básico (media xornada)

- Mestre de Inglés (media xornada)

- Administrativo/a


 


 
PUBLICACION RESULTADOS ENTREVISTA OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO DO SOLPOR IV



 
LISTADO PROVISIONAL ALUMNOS

 
LISTADO PROVISIONAL PERSOAL DOCENTE E DE APOIO


 
SELECCIÓN DAS PERSOAS ALUMNAS TRABALLADORAS DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CAMIÑO DO SOLPOR V.


 

SELECCIÓN DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CAMIÑO DO SOLPOR V”



 

SELECCIÓN DE DIRECTOR/A OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CAMIÑO DO SOLPOR V”.



 

SELECCIÓN DE DOCENTE DE LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CAMIÑO DO SOLPOR V”



 

SELECCIÓN DE DOCENTE DE OPERACIÓNS AUXILIARES DE REVESTIMENTOS CONTINUOS EN CONSTRUCCIÓN OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “CAMIÑO DO SOLPOR V”




 

SELECCIÓN DE DOCENTE DE XARDINERÍA E RESTAURACIÓN DA PAISAXE DE EMPREGO “CAMIÑO DO SOLPOR V”



 



MÁIS INFORMACIÓN:

- Concello de Dumbría (Tfno. 981744001 AEDL)

- Concello de Cee (Tfno. 981745100 AEDL)

- Concello de Corcubión (981745400 AEDL)



 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




O Gran Fondo Ézaro, ÉXITO rotundo en Fitur 2019.

Miniatura Noticia

O Alcalde José Manuel Pequeño, presento onte en Madrid o Gran Fondo Ézaro 2019, que celebrarase o 7 de xullo.

”O espectáculo ciclista máis importante de Galicia”. Así presentaron Concello de Dumbría, CMAT e Deputación da Coruña O Gran Fondo do Ézaro, o gran protagonista do primeiro día de feira no stand provincial.

A proba cicloturista que está integrada na UCI Gran fondo World Series, na que a de Dumbría é a única das súas 21 probas que celébrase en España; o que pon unha vez máis a Dumbría e Costa da Morte no foco internacional.

Levando o acto Terio Carrera, acudiron caras coñecidas da televisión coma Touriñán, David Amor e Federico Pérez, e con lendas co ciclismo coma Miguel Indurain e Perico Delgado, sendo a presentación do Gran Fondo Ézaro 2019 unha das máis visitadas do día.

Xosé Regueira e José Manuel Pequeño destacaron a gran proxección nacional e internacional que supón esta proba para a Costa da Morte, sendo un auténtico reclamo deportivo e turístico.

Anticipándose no tempo, unha vez máis, Dumbría soupo ver que as accións conxuntas deportivas e turísticas, son a nova aposta de futuro e un motor económico-turístico de gran relevanza; “o evento supón un importante retorno a nivel turístico para a zona, pois o mirador pasou nestes anos de rexistar 2.000 a 80.000 visitantes”.

O Gran Fondo Ézaro 2018 conquista Madrid co turismo e deporte.

Miniatura Noticia

O Alcalde José Manuel Pequeño, presento onte en Madrid o Gran Fondo Ézaro 2018, que celebrarase o 8 de xullo.

A proba cicloturista máis importante de Costa da Morte e que este ano integrase na UCI Gran fondo World Series, na que a de Dumbría é a única das súas 21 probas que celébrase en España; o que pon unha vez máis a Dumbría e Costa da Morte no foco internacional.

O acto estivo acompañado polo exdirector de Ferroatlántica, Carlos Oliete, quen dixo que con «ilusión, esforzo, traballo e o liderazgo de José Manuel Pequeño pódense facer grandes cosas nesta esquina do mundo, con recoñecemento internacional».

Pedro Delgado, quen anunció que será o padriño desta próxima edición, comentou que o enclave «es una tarjeta de presentación increíble».

Pola súa parte Javier Guillén, o director da Vuelta a España, dixo: "que en O Ézaro hay lo que busca la Vuelta: épica, y un «paisaje maravilloso» que ayuda al turismo".

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, descobriu a proba na última edición e sorprendeuse «gratísimamente», polo bo traballo. Pidiu ser madriña, xunto a Pedro Delgado.

Na súa intervención o alcalde José Manuel Pequeño, convidou o estrado a tódolos alcaldes da Costa da Morte, para facer un manifiesto da riqueza turística e paixasistica da Costa da Mortre, facendo incapé nos lugares polos que pasa a proba deportiva e recordando o tremendo potencial que ten esta fermosa terra que abandera alí onde vai. Tamén convida a todo o mundo a vir a vela edición deste ano, para gozar da proba, de Dumbría e Costa da Morte.

O impacto mediático e turístico da presentación, convertíu o acto na estrella de cantos lleváronse a cabo entre a mañana e a tarde no recinto que Turismo de Galicia ten en Fitur.

Novos Cursos de cociña, A COCIÑAR !!!

Miniatura Noticia

Despois da boa acollida que están tendo os cursos de cociña que se están celebrando en Dumbría, Olveira e Berdeogas, no mes de marzo arrancan tres novos cursos.

Desta vez levaranse a cabo en Bustelo (Salgueiros), Buxantes e O Ézaro.

 

BUSTELO-SALGUEIROS

Centro Social de Bustelo

16:00 h a 18:00 h

Marzo > 20 e 27

Abril > 3, 10, 17 e 24

BUXANTES

Casa Cultural de Buxantes

16:00 h a 18:00 h

Marzo > 22 e 29

Abril > 5, 12 e 26

Maio > 3

O ÉZARO

Casa Cultural do Ézaro

18:45 h a 20:45 h

Marzo > 22 e 29

Abril > 5, 12 e 26

Maio > 3

 

INSCRICIÓNS

> A partir dos 16 anos

> Nas casas culturais ou nas oficinas municipais

> Ata o 14 de marzo.

> Prazas limitadas

> Info. 981 744 001

 

Novo vídeo de Dumbría, da etapa da "Vuelta Ciclista a España 2020".

Miniatura Noticia

Comparte este fermoso proxecto cos teus amigos. Que todo o mundo poida ver o lugar onde vives.

Que vexan a Costa da Morte, o noso concello de Dumbría e descubran o territorio do Vákner.

 
 

Noelia Castro presenta a súa última novela romántica no Conco

Miniatura Noticia

E xa estamos de novo ás portas do Nadal!

A escritora de Dumbría, Noelia Castro xa está de volta coa súa segunda novela. “Matrimonio por venganza”.

O vindeiro mércores 26 de decembro ás 17:00h no Conco, ven a coñecer da man da escritora o seu novo traballo. Noelia Castro nos presentará a historia desta apaixoante novela.

A autora cóntanos que se trata doutra “novela romántica contemporánea, que narra a historia de Cristopher e Isabella, pero por un erro do pasado, Cristopher regresa a Londres con intención de vengarse de Isabella. E non hai mellor venganza que volver a namorala para lograr que se case con el, e despreciar o amor da muller que ama. Pero Cristopher descubre un segredo que Isabella ocultaba e eso fara que Cristopher non poda soportar a culpa e intente por todos os medios conseguir o seu perdón”.

 

+ Info en:

No Concello de Dumbría

981 744 001

 

NO CONCO!!! Entroido Dumbría 2020, máis de 2.000 € en premios.

Miniatura Noticia

O domingo 23 de FEBREIRO dende as 17:00 h Dumbría TOLEARÁ!!!

Achégate ó polideportivo do CONCO e participa no concurso máis grande do entroido da Costa da Morte.

Sae á rúa, colle 10 amigos e un pouco de imaxinación e xa tes unha comparsa, e 150 € seguros por participar!; leva os nenos disfrazados e terán un agasallo asegurado.

E, sobre todo, ven gozar das charangas, pasarrúas e comparsas na gran festa do Entroido da Costa da Morte.

Non perdas máis tempo, apúntate, hai máis de 2.000 € en premios!!

Entroido de Dumbría, TOLEARÁS!!!

 

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

MAIO DE LETRAS

Miniatura Noticia

 




Ao longo das vindeiras semanas teremos varias citas coas Letras e en diversos formatos.


As Letras achegaranse ao CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría en varias datas:


  • 3 de maio, contacontos con Duende Sico, que unirá as Letras e o Deporte, o proxecto educativo no que vén traballando todo o centro educativo ao longo deste curso.



  • 9 de maio, Kalopsia: un planeta non tan diferente, unha sesión de contacontos e actividades, con intérprete de lingua de signos, da man de Europe Direct A Coruña. Con Kalopsia, a rapazada descubrirá Europa desde o espazo exterior.


  • 14 de maio, o alumnado fará unha visita guiada á biblioteca do Conco e participará na actividade E a ti...que che contaban?, con Vero Rilo, programada a través do Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.


sábado 4, ás 19 horas, teremos o prato forte desta programación: o poeta Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Xoven Miguel Hernández, outorgado polo Ministerio de Cultura e Deportes, entre outros moitos recoñecementos, visita a Fervenza do Ézaro.


Da súa man, faremos un percorrido por parte da súa obra e tamén pola tradición oral e escrita galega.


Todo iso acompañado dunha actuación con música tradicional e nunha paraxe máxica como é a desembocadura do río Xallas, ao pé da súa senlleira fervenza.


Do 16 ao 19 de maio, viaxaremos ata terras de León e Zamora, con visitas guiadas a diferentes cidades, pobos e enclaves naturais.


E, para rematar esta celebración das Letras, o 4 de xuño, o alumnado do colexio de Dumbría participará nunha andaina

convertida en roteiro literario, na que terán a oportunidade de coñecer un pouco mellor a figura do Vákner e achegarse á Dumbría que está agochada nas letras de quen a ten habitado ou visitado, autores e autoras que nola amosarán a través da súa particular mirada. Unha maneira activa de coñecer un chisco máis o Territorio Vákner."


 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001