Ir o contido principal

PLAN ÚNICO DE CONCELLOS POS + 2024

Miniatura Noticia

Mellora do viario de Vilar de Buxantes ata Marco do Couto


DESCRICIÓN DAS OBRAS

Realizáronse obras de mellora da capa de rodaxe dun viario de 965x5 m., así como en 260 m² de sobreanchos e abanicos, con 5 cm. de aglomerado en quente tipo AC 16 surf, previa reparación de baches a limpeza de gabias e salvagabias para garantir o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, así como a reposición das marcas viarias.

PRESUPOSTO

Presuposto Base de Licitación (sen IVE). SESENTA E UN MIL SETECENTOS CORENTA EUROS con OITENTA E SEIS CÉNTIMOS (61.740,86 €)


PRAZO DE EXECUCIÓN: 6 meses

 

DATOS ECONÓMICOS:

Orzamento de contrata (IVE incluido): 74.706,44 €

Orzamento de adxudicación (IVE incluido): 73.585,85 €

 

FINANCIAMENTO: Achega Provincial 73.585,85 €






Plan de Banda Larga Ultrarápida 2020.

Miniatura Noticia

A Xunta de Galicia acaba de sacar o Plan de Banda Larga Ultrarápida 2020, para autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego.

Requisito, non dispoñer de cobertura actual de internet de cando menos de 30 Mbps.

Porcentaxe máxima subencionable de ata o 100 % dos custos cun máximo de 20.000 € por proxecto.

Presenta a túa solicitude individual o por agrupación de empresas ata o 31 de xaneiro de 2019.

 

+ Info en:

No Concello de Dumbría 981 744 001

Na xunta en oficina.bandalarga@xunta.gal

No teléfono 981 957 868

 

PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE - DUMBRÍA.

Miniatura Noticia

 

OBXECTIVOS PERSEGUIDOS E RESULTADOS ACADADOS OBXECTIVOS PERSEGUIDOS

A actuación proposta, entre outros obxectivos, ten como finalidade dar cumprimento a un dos compromisos adquiridos polo propio Concello no momento en que asinou a adhesión ao Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía. Ademais, coa elaboración do PACES, o concello tamén se compromete á redución das emisións de CO2 nun mínimo dun 40% no seu territorio para o ano 2030 respecto ao ano de referencia. Para isto, foi preciso cuantificar as emisións no ano de referencia e analizar as opcións de adaptación posibles para acadar a citada redución, e así seleccionar as medidas a tomar.

En liñas xerais, as acción ao cambio climático neste plan están relacionadas coas seguintes medidas:

  • Identificación e análise das melloras tecnolóxicas que promovan a implantación de instalación de xeración de enerxías máis resilientes, eficientes e adaptadas.

  • Creación dun plan de movilidade sostible.

  • Investigación e desenvolvemento sobre os potenciais impactos do cambio climático en posibles riscos de inundacións, tormentas, olas de calor e sequía, incendios, etc.

  • Creación do plan de contención de incendios.

  • Xestión dos riscos de incendios.

  • Xestión dos riscos de sequía.

  • Ampliación e actualizacióndo coñecemento sobre impactos e riscos climáticos e medidas de adaptación no sector forestal, a caza, a pesca e a loita contra a desertización.

  • Ampliación e actualización do coñecemento sobre impactos, riscos e adaptación aos principais cultivos, especies gandeiras, pesquerías, acuicultura e no sistema alimentario, tendo en conta as proxeccións climáticas.

  • Mellora da capacidade adaptativa da infraestructura verde.

  • Restauración paisaxística e/ou reforestación.

  • Actuacións preventivas frente aos efectos do cambio climático na saúde do persoal laboral.

RESULTADOS ACADADOS

Tódalas medidas/accións propostas no plan prevén que o municipio de Dumbría reduza as emisión de CO2 nun 40% ata o ano 2030, tendo como ano de referencia o ano 2016. Esto significa que as emisión de Dumbría en 2030 non deberán superar 9145/TecCO2/ano. Isto non significa que sexan termos absolutos, senon que requiren unha evaluación/corrección no momento de aplicación e/ou monitoreo das medidas de mitigación e aplicación para o cambio climático.

As medidas/accións de mitigación e adaptación ao cambio climático suxeridas neste plan contemplan como sectores clave os edificios e instalaccións municipais, os edificios, equipamentos e instalación residenciais, o alumeado público e os transportes.

Os transportes privados e instalacións residenciais son os principais responsables das emisión municipais, así que, ainda que a intervención direta da administración local nestes sectores sexa limitada, é onde se necesitan medidas/accións máis efectivas. Polo tanto o resultado apunta un gran reto para o municipio nos sectores privados.

Fíxose unha simulación direta de reducción de emisión relacionados coa enerxía ata o ano 2030. Dos sectores non relacionados coa enerxía, os residuos sólidos urbanos, é o sector no que as medidas/accións ademáis de reducir as emisións de GEI son potencialmente importantes para a formación dunha conciencia crítica e adopción de novos modelos de consumo máis sostibles. No caso de Dumbría, as medidas/accions propostas ademáis de impulsala reciclaxe, poden representar unha unha disminución de aproximadamente un 30%do verquido.

Desta maneira, Dumbría comprométese a adherirse ao Pacto dos Alcaldes, presentar este plan de acción de mitigación e adaptación ao cambio climático, co obxectivo de reducir as emisións locais no campo enerxético. E, por medio das súas medidas/acción, pretende construir un modelo de desenvolvemento territorial orientada a previsións, proxectos e intervención capaces de convertelo municipio nunha cidade resistente ao cambio climático, e que permita a súa poboación acceder a enerxías máis seguras, sotibles e asequibles.

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 


PARABÉNS DUMBRÍA, un ano máis a nosa fermosa praia ten Bandeira Azul 2018

Miniatura Noticia

Un ano máis nosa FERMOSA Praia do Ézaro, consegue a Bandeira Azul 2018, que a distingue pola calidade das augas, os servizos que presta e a súa limpeza.

Un recoñecemento o traballo ben feito e un reclamo para os visitantes que desexen descobrir a nosa praia.

Hoxe recollemos a Bandeira Azul que lle foi concedida un ano máis á praia do Ézaro.

Xunto co alcalde de Dumbría, o presidente da Xunta de Galicia, a conselleira de Medio Ambiente, o vicepresidente da asociación que concede este distintivo de calidade, o alcalde da Coruña e representantes das distintas administracións distinguidas con esta enseña.

De novo Dumbría o voltou a facer.

Feliz verán na Praia do Ézaro.

 
 
 

OUTONO NAS BIBLIOTECAS DE DUMBRÍA 2024

Miniatura Noticia

 

Este outono, de luns a venres, ás 18:00 h., tes unha cita coa ciencia, coa tecnoloxía, coa robótica, cos contos, coa regueifa, coa maxia, coa ilustración, coa arte, cos libros…


Este outono, tes unha cita coas 5 bibliotecas do Concello de Dumbría!


PRAZAS LIMITADAS NOS OBRADOIROS!


CHAMA AO CONCELLO PARA RESERVAR A TÚA. Telf.: 981 744 001.


Actividades enmarcadas dentro do programa de dinamización Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.





 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




OUTONO NAS BIBLIOTECAS DE DUMBRÍA 2023

Miniatura Noticia

 

Este outono, de luns a venres, ás 18:00 h., tes unha cita coa ciencia, coa música, co teatro, coa maxia, coas letras, coa arte, cos libros,...


Este outono, tes unha cita coas bibliotecas do Concello de Dumbría!


PRAZAS LIMITADAS NOS OBRADOIROS!


CHAMA AO CONCELLO PARA RESERVAR A TÚA. Telf.: 981 744 001.


Actividades enmarcadas dentro do programa de dinamización Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.






 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




OUTONO NAS BIBLIOTECAS DE DUMBRÍA 2022

Miniatura Noticia

 

Este outono, de luns a venres, ás 18:00 h., tes unha cita coa ciencia, coa música, co teatro, coa maxia, coas letras, coa arte, cos libros,...


Este outono, tes unha cita coas bibliotecas do Concello de Dumbría!


PRAZAS LIMITADAS NOS OBRADOIROS!


CHAMA AO CONCELLO PARA RESERVAR A TÚA. Telf.: 981 744 001.


Actividades enmarcadas dentro do programa de dinamización Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.






 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




OPEN PESCA DENDE KAYAK SEN MORTE 28-29 DE ABRIL

Miniatura Noticia

O Club de Pesca Deportiva Cíes en colaboración co Concello de Dumbría celebra os días 28 e 29 de abril un evento relacionado co mundo da pesca en kaiak na contorna da Fervenza do Ézaro combinando unha pesca deportiva responsable ao realizar unha proba de pesca captura e solta e unha promoción turística da zona ao contar con asistentes tanto da nosa Comunidade como de Comunidades tan distantes como País Vasco, Andalucía, Asturias, Canarias, Cantabria, Castela ou desde o país veciño Portugal.

O evento desenvolverase durante o fin de semana do 28 e 29 de Abril no Paseo Marítimo da Praza do Ézaro no Concello de Dumbria.

Durante o sábado terán lugar desde as 10:00 da mañá unha serie de talleres relacionados con diferentes técnicas de pesca como Slow Jigging, Currican, Embarcación Fondeada, Spinning, etc. cunha piscina para realizar probas e test con reclamos de pesca.

Entre estes talleres tamén haberá oportunidade de ver e probar diferentes kaiaks chegados de puntos tan distantes como os americanos Jackson Kaiaks ou os Surafricanos Stealh Kaiaks e por suposto teremos representación Española en canto á fabricación de kaiaks coa presenza dos asturianos Asturkayaks que impartirán un taller de como montar todo o acastillaje dun kaiak de pesca e este kaiak o premio ao 1o clasificado na proba do domingo.

O domingo 29 será a competición propiamente dita, coa saída dos kaiaks ás 11:00 da mañá e regreso sobre as 5 da tarde. Os premios será repartidos do 1o ao 5o clasificado así como á peza maior e ao maior número de capturas contando con mención especial ao Club máis distante e ao Club máis numeroso.

"Destacar que desde a Organización apostamos por unha pesca responsable polo que a proba será de captura e solta e para iso todas as capturas serán liberadas inmediatamente despois da súa captura e ser medidas sendo só puntuables 5 pezas por cada especie".

Cunhas inscricións que excederán aos 100 deportistas máis os membros da organización contando a todos os patrocinadores contamos cun equipo humano que rolda as 200 persoas chegadas de diferentes puntos do Pais como Forteventura, Asturias, Cantabria, Pais Vasco, Andalucía, Castela León etc... contando cos mellores equipos deportivos desta modalidade mesmo contamos cunha importante presenza deportistas inscritos desde Portugal.

Por último resaltar que desde a Organización queremos dar un sentido benéfico e colaboramos coa Asociación Española Contra o Cancer, AECC é por iso que contamos co actual campión desta modalidade, o asturiano “Astur Fito” que terá exposto o seu kaiak en axuda de AECC e celebrarase un sorteo benéfico de diferentes artigos de pesca doados polos patrocinadores, todo o recadado no devandito sorteo será doado á devandita Asociación.

Obras de mellora do Camiño de Vilar ás Touzas

Miniatura Noticia

Plan Marco de Mellora de caminos municipais 2020-2021


Descrición: Lonxitude 790 m, ancho 6,40 m e un abanico de 20x4,75 m

Procedeuse á limpeza de gabias en ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe.


Aplicaronse cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ó 2% da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo.

Completan a obra a sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordes e eixo e símbolos e colocación dunha sinal de Stop.



 


 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

OBRAS DE MELLORA DE VIARIO EN VILAFERNÁNDEZ E FILGUEIRA

Miniatura Noticia

PLAN MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2023-2024


Obras de mellora de viario en Vilafernández e outro

O proxecto recolle 2 actuacións de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas: 



Mellora do viario en Vilafernández

Descrición: Superficie 3.785 m2 


As obras que contempla esta actuación están encamiñadas á mellora da capa de rodaxe dun viario no núcleo de Vilafernández (9 hab. no 2022 segundo o INE) Procederase á limpeza de gabias en ámbalas marxes. Co fin de mellorar a capa de rodaxe executarase unha capa de 5 cm. de mestura bituminosa en quente, coa correspondente rega de adherencia, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo. Previamente, levarase a cabo un fresado de 5 cm. nun ancho medio de 1,00 metro no contacto coas marxes formigonadas. Nunha lonxitude de 46 metros e cun ancho medio de 1,90 metros acondicionarase a marxe do camiño cun pavimento composto por 15 cm. de formigón e 20 cm. de zahorra. Esta zona contará con rede de drenaxemediante tubo de PEAD de 400 mm. de diámetro e 2 arquetas con sumidoiro.


As actuación complétanse coa sinalización horizontal da vía e a colocación de 1 sinalde STOP.

 

Mellora de acceso a Filgueira

Descrición: Lonxitude 360 m, ancho 6,00 m e 185 m2 de abanicos 

As obras que contempla esta actuación están encamiñadas á mellora da capa de rodaxe do acceso ao núcleo de Filgueira (52 hab. no 2022 segundo o INE) dende a estrada provincial DP – 2302.


Procederase á limpeza de gabias en ámbalas marxes. Co fin de mellorar a capa de rodaxe executarase unha capa de 5 cm. de mestura bituminosa en quente previa regularización da superficie con mestura bituminosa en quente, coas correspondentes regas de adherencia.


Nunha lonxitude de 40 metros e cun ancho medio de 1,50 metros acondicionarase a marxe do camiño cunpavimento composto por 15 cm. de formigón e 20 cm. de zahorra, delimitado exteriormente cun bordo de formigón.


Esta zona contará con rede de drenaxemediante tubo de PEAD de 400 mm. de diámetro e 2 arquetas con sumidoiro.


As actuación complétanse coa sinalización horizontal da vía.