Ir o contido principal

XVII FESTA DA FAMILIA

Miniatura Noticia

O vindeiro 30 de xullo, na Carballeira de Berdeogas, volveremos xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran FESTA DA FAMILIA.

Estades todos convidados a vir gozar da nosa festa máis importante, a que máis cariño lle temos polo que representa para todos nos.

Cada ano somos máis os que acudimos a esta fermosa cita; e na que todos xuntos, nenos, mozos e maiores compartiremos os gran espirito que move esta xuntanza. Desexamos que tódolos amigos de Dumbría anímense a compartir con nós este día, e para os novos, estaremos impacientes por amosarlles tan entrañable e divertido evento.

Dumbría, un soño, unha gran familia na que todos temos cabida.

Un saúdo e boa festa.

José M. Pequeño Castro Alcalde de Dumbría

 

 

PROGRAMA

> 12:30 h Misa ó aire libre.

> SESIÓN VERMOUTH. Orquestra “TRÉBOL”

> XOGOS INFANTILES

> XANTAR Ó AIRE LIBRE: Empanada, churrasco, pan e viño (10 euros).

ACTUACIÓNS

> “A.C.D.R. AS NEVES” de Buxantes

> “GAITEIROS DE BUXANTES”

> Grupo Folclórico “O VERÁN”

> Grupo de Baile “AIRIÑOS DO RÍO GRANDE”

> Fin de festa coas Orquestras “TRÉBOL” e “PANAMÁ”

"Ó igual que nas pasadas edicións, podedes adquiri-los tickets para a comida e reservar mesa nas oficinas municipais, antes o día 28 de xullo".

XORNADAS SEDE ELECTRÓNICA.

Miniatura Noticia

O vindeiro xoves, 13 de febreiro, terá lugar unha sesión formativa sobre a SEDE ELECTRÓNICA dirixida a TODO PÚBLICO en xeral.

Unha vez saibas cómo funciona a SEDE ELECTRÓNICA poderás solicitar subvencións, pedir licenzas, obter o volante de empadroamento, facer e consultar as túas xestións,…

Todo isto en SÓ 5 MINUTOS dende o teu MÓBIL, a túa TABLET e/ou o teu ORDENADOR!

Lembra que a SEDE ELECTRÓNICA funciona as 24h e os 365 días!!

 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

Xornada “O papel dos avós e avoas como transmisores de lingua e cultura”

Miniatura Noticia

O martes 18 ás 17:30 h nas instalacións do Conco.

Desenvolverase unha xornada enmarcada no programa Nadal en rede, da Rede de Dinamización Lingüística, destinado a promover o uso do galego no lecer destas datas e tamén a galeguizar a súa celebración e os motivos típicos do Nadal (cartas aos Reis Magos, cabalgatas, felicitacións etc.).

Este obradoiro, impartido pola psicóloga Cándida Rodríguez Ferro, “O papel dos avós e avoas como transmisores de lingua e cultura”, está destinado a incidir na transmisión interxeracional da lingua galega a través da toma de consciencia das persoas de máis idade, que a miúdo se reúnen no Nadal coas xeracións máis novas, ás que teñen moito que lles achegar.

 

+ Info en:

No Concello de Dumbría

981 744 001

 

XA VOLVE O NADAL 2019/20

Miniatura Noticia

Que si! Que xa volve chamar ás nosas portas o Nadal! Xa pasou un ano máis!

Así que, achegámosvos o programa de actividades infantís para esas datas.

Inscricións: ata o 20 de decembro, nas casas culturais ou nas oficinas municipais.

É importante que se fagan as inscrición o antes posible, xa que, por motivos organizativos, necesitamos saber de antemán canta rapazada vai participar, de que idades,...

E, ollo!, xa que as prazas son limitadas.

 
 

X Open Internacional de Pesca a Mosca por Parellas Río Xallas.

Miniatura Noticia

O Club Salmo en colaboración co Concello de Dumbría e os patrocinadores, organizan o X Open Internacional de pesca a mosca por parellas Río Xallas.

O Open de pesca a mosca por parellas Río Xallas converteuse nun dos eventos con máis prestixo a nivel Nacional e Internacional, e ano tras ano son máis as parellas que queren participar deste evento, cunha gran lista de espera.

O Open celebrarase os días 13 e 14 de abril, nunha paisaxe incomparable, que destaca por ser un escenario simbólico e de incrible beleza da Costa da Morte, onde o río Xallas encaixa entre os montes en casi toda a súa extensión ata a súa desembocadura no Ézaro.

A décima edición deste Open celebrarase no couto do Xallas-Beba, que se sitúa no tramo do río Xallas comprendido entre o embalse da Fervenza e a desembocadura do río Beba, couto destacado por ser un dos poucos en Galicia regulado para a práctica da pesca sen morte.

Este ano 2018 celebrarase de novo o Campionato de España Xuvenil. O X Open do Xallas contará, ao igual que en anteriores edicións, cos deportistas máis destacados do panorama Internacional, Nacional e Galego. Participarán o Tricampión do Mundo David Arcay (actual Campión Galego), os Bicampións do Mundo, Jordi Oliveras, Ivan Vergé e Pablo Castro, o Campión do Mundo e actual Campión de España Francisco Llamas. Participará parte da Selección Española que logrou a medalla de bronce no 2017 no Campionato do mundo de Eslovaquia.

 

PROGRAMA

> Xoves, 12 de abril

20:30 a 21:30 Recepción de participantes - Hotel Insua (Cee)

22:00 Cea

> Vernes, 13 de abril

7:30 Concentración - Restaurante As Pías (Oveiroa – Dumbría)

Sorteo e repartición de plicas a participantes

9:00 a 11:00 1ª fase da 1ª manga

11:30 a 13:30 2ª fase da 1ª manga

13:45 Comida no Restaurante As Pías (Oveiroa – Dumbría)

Entrega de plicas

15:30 a 17:30 1ª fase da 2ª manga

18:00 a 20:00 2ª fase da 2ª manga

21:30 Cea

> Sábado, 14 de abril

7:45 Concentración - Restaurante As Pías (Oveiroa – Dumbría)

9:00 a 11:00 1ª fase da 3ª manga

11:30 a 13:30 2ª fase da 3ª manga

13:45 Comida no Restaurante As Pías (Oveiroa – Dumbría) Entrega de plicas

15:30 a 17:30 1ª fase da 4ª manga

18:00 a 20:00 2ª fase da 4ª manga

22:30 Cea e entrega de trofeos.

WebCam Fervenza

Miniatura Noticia

En Dumbría temos unha venta aberta o mundo de maneira permanente. Unha webcam intalada no pantalán do Ézaro e con vistas a nosa fermosa Fervenza do Ézaro.

Esta venta ten grande utilidades para os usuarios, como ver o tempo na zona de maneira real, a cantidade de afluencia de xente que está visitando a fervenza ou simplemente vela fervenza.

Disfrutade no seguinte enlace.

Volei praia, xullo 2021.

Miniatura Noticia



COMPETICIÓNS DE VOLEI PRAIA NO ÉZARO:


• 17 E 18 XULLO:

I Proba do Circuíto Galego de Volei Praia de categorías inferiores, deste verán.


 


 


• Do 22 ao 25 xullo:

Campionato de España de volei Praia, categoría infantil.





 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




VIII BTT CONCELLO DE DUMBRÍA

Miniatura Noticia

Xa está en marcha a VIII BTT CONCELLO DE DUMBRÍA, que terá lugar o domingo 18 de marzo.

As inscricións abren o dia 14 de febreiro na plataforma www.emesports.es, corre e apúntate. Descobrirás os fermosos paisaxes de Dumbría e Costa da Morte e o tremendo potencial desta terra para a práctica deste deporte.

Diversión e deporte garantizados nun marco incomparable, unha cita a que non poden faltar os amantes dos pedais e a dúas rodas.

VI CICLOCROSS TERRAS DO VÁKNER, DUMBRÍA.

Miniatura Noticia

Coma cada ano, o Concello de Dumbría xunto coa colaboración do club ciclista Dumbría, organizan conxuntamente a tradicional proba da Copa de Galicia de ciclocross.

A COPA GALICIA DE CICLOCRÓS é un conxunto de competicións cuxas diferentes probas atópanse incluidas no calendario oficial da FGC, cuxa titularidade é propiedade exclusiva da FGC.

As probas se celebran en diferentes datas e sedes o longo da tempada 2019/20, establecéndose unha clasificación final como consecuencia do resultado da suma de cada proba.

Os corredores que desexen participar, deberán realizar a preinscrición en cada unha das probas a través do portal de inscricións da páxina web da Federación Galega de Ciclismo.

Ainda así, os corredores/as están obligados a confirmar a súa participación debendo presentarse persoalmente ou a través do seu director deportivo ou representante de clube coa súa licenza ao Xurado Técnico na oficina permanente de cada proba desde unha hora e media antes da primeira saida.

As preinscrición, pechará o mércores anterior o día da proba as 23:59 horas. A oficina permanente para esta proba, estará situada nas instalacións deportivas municipais do Conco en Dumbría.

O horario da primeira saída será a de promoción, as 14,00h, a continuación daranse as saidas por categorias según a normativa vixente.

1ª SAIDA

14,30: MASTER 50/60

MASTER 30

FÉMINAS MASTER

 

2ª SAIDA

MASTER 40

CADETE

FÉMINAS CADETE

 

3ª SAIDA

ÉLITE E SUB 23

JUNIOR

FÉMINAS E ÉLITE E SUB 23

FÉMINAS JUNIOR.

A carreira desputárase coma cada ano, no circuito de cross do Conco, un terreno que os corredores/as coñezen ben, e que, coas choivas destes días seguro que nos ofrecerán un gran espectáculo .Os equipos e corredores teñen aparcadoiro reservado para colocar o material necesario, así como servicio de duchas, lavado de bicicletas e cafeteria.

 

Un almanaque para VOAR por Dumbría, presume de concello.

Miniatura Noticia

Este ano o Concello de Dumbría lanza un almanaque especial, xa que coma en anteriores ocasión o almanaque do 2018 conta con fermosas fotos do noso concello pero ademais consta de 7 videos das parroquias de Dumbría a vista de paxáro.

"Quérovos convidar a todos a voar comigo por Dumbría, eu lévoo facendo dende que me namorei desta fermosa terra e non podo deixar de facelo. Este almanaque é un agasallo para todos, para que ao longo de todo o ano nos acompañe e nos recorde a sorte que temos de vivir neste concello. Os códigos QR que aparecen ao longo destas páxinas, permitiranche ver dende o móbil o Concello de Dumbría dende os ceos, para que poidas seguir abraiándote coa túa terra e poidas amosar á túa xente o lugar onde aínda se segue a soñar ano tras ano. Seguide voando comigo, seguide a soñar Dumbría".

Feliz 2018.

José Manuel Pequeño. Alcalde de Dumbría.