Ir o contido principal

Listaxe de admitidos e excluidos na oferta de emprego temporal do Concello de Dumbria.

Miniatura Noticia

 

Listaxe de admitidos e excluidos na oferta estabilización de emprego temporaldo concello de Dumbria. Nomeamento do Tribunal."

 

Consulta aquí as listas:


 


 
 

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 




IV Carreira Pedestre Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

A IV Carreira Pedestre Concello de Dumbría forma parte do Circuíto de Careiras Populares Correndo pola Costa da Morte. A carreira de Dumbría destaca no seu percorrido pola variedade de superficies.

Os participantes deberán completar dúas voltas sen apenas desnivel, con asfalto na súa maioría, pistas de terra, camiño xacobeo, e unha última parte, antes de chegar a meta, sen dúbida a máis peculiar, onde a organización ten deseñado un circuíto de cross dunha lonxitude aproximada de 400m.

LUGAR E HORARIOS

26 de Maio de 2018 ás 17:00

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCO, DUMBRIA (A CORUÑA)

17:00 FILA 0 (IMPORTE MÍNIMO DE 1€)

17:00 BENXAMIN (2009-2010)

17:15 ALEVIN (2007-2008)

17:30 INFANTIL (05-06)-CADETE (03-04)-XUVENIL (01-02)

17:30 3K CONTRA O CANCRO (2002 E ANT.)

18:15 PITUFO (2011-2015)

18:35 ABSOLUTA 10K (2002 E ANT.).

 

 

Inspección Técnica de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

Miniatura Noticia

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Maquinaria Agrícola (I.T.V.) trasladarase a este Concello nos mese de ABRIL para prestar o servizo de Inspección Técnica de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Dumbría.

 

LUGAR > Dumbría

 

DIRECCIÓN > Praza do Conco

 

DÍAS > 15, 16 e 17 de abril

 

HORARIO > Mañá de 9:00 a 13:30 h.

Tarde de 15:15 a 18:00 h.

 

NOTA: Para concertar cita, pódese contactar directamente coa UNIDADE MÓBIL no teléfono 902 30 90 00 ou ben a través da páxina www.sycitv.com- Cita Previa.

 

Inspección Técnica de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

Miniatura Noticia

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Maquinaria Agrícola (I.T.V.) trasladarase a este Concello nos meses de ABRIL e MAIO para prestar o servizo de Inspección Técnica de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Dumbría e Olveira os seguintes días:

 

DUMBRÍA > 27 e 30 de abril > Praza do Conco

 

DUMBRIA > 2 de maio > Praza do Conco

 

OLVEIRA > 3, 4 e 7 de maio > Centro Social e Cultural de Olveira

 

As inspeccións realizaranse no seguinte horario:

MAÑÁ > 9:00 a 13:30 horas

TARDE > 15:15 a 18:00 horas

* O día 27 de abril o horario será só de 9:00 a 13:30 horas.

NOTA: Para concertar cita, pódese contactar directamente coa UNIDADE MÓBIL no teléfono 902 30 90 00 ou ben a través da páxina www.sycitv.com- Cita Previa.

Iluminación Fervenza Semana Santa 2019.

Miniatura Noticia

O Concello de Dumbría informa que esta Semana Santa non haberá espectáculo de iluminación nocturna da Fervenza do Ézaro debido ao inicio das obras de construcción da pasarela de accesibilidade á Fervenza do Ézaro.

Dumbría mellora para tí !

 

ILE 2016. PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXETICA

Miniatura Noticia

O Concello de Dumbría realizou melloras nos alumeados públicos dos lugares de As Gatiñeiras, Hospital e O Logoso.

Estas melloras foron financiadas mediante aportación municipal e unha axuda do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) a través da convocatoria de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas, mediante proxectos de aforro e eficiencia enxerxética na Administración Local, por un importe de 12.858,99 €.

I FESTIVAL VÁKNER 2022

Miniatura Noticia

 



28 DE MAIO ÁS 11:00 H - NO MARCO DO COUTO - DUMBRÍA

> Entrega dos premios do certame literario Territorio Vákner.
> Descubrimento da escultura do Vákner obra de Cándido Pazos.

 

21:00 H NO CONCO - DUMBRÍA CONCERTO DE: LUAR NA LUBRE e amigos.

> Artistas invitados: VÍCTOR MANUEL E ISMAEL SERRANO.
> Colaboración de Alexandra Suárez.
> Apertura do festival a cargo dos ”Gaiteiros de Buxantes”.

 

Entradas: www.ataquilla.com ou nas oficinas municipais do Concello de Dumbría.


 

+ INFO:
Oficinas Municipais
981 744 001
 




I Cross de Obstáculos Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

O próximo 15 de xuño a partir das 16:30 h, ven participar da I Cross de Obstáculos Concello de Dumbría.

Se tes máis da 16 anos, apúntate a esta divertida modalidade deportiva. A distancias a cubrir son de 2,5 km e 7,5 km

Dumbría é Deporte!!!

GRAZAS POR TODO!
O VÁKNER XA ESTÁ DE VOLTA, E VÉN PARA QUEDAR.

Miniatura Noticia

Querémosvos dar as GRAZAS a todos e todas, por facer maxia unha vez máis en Dumbría.

Grazas polo éxito acadado nas xornadas celebradas esta fin de semana sobre o Territorio Vákner.

Unhas xornadas nas que contamos cunha grande participación e interese polo novo proxecto que acaba de nacer.

Nestas xornadas contamos con interesantes relatorios da man de estudosos de grande prestixio, coordinados polo historiador Antón Pombo. Gozamos dunha música de luxo a cargo de Luar Na Lubre, autores da música do audiovisual producido por Galopublicidad. E asistimos á presentación da estatua do Vákner, obra que vai realizar o recoñecido escultor Cándido Pazos.

Un elenco incrible que nos mergullou a todos no misterio do Vákner.

Como peche das xornadas tamén presentamos o audiovisual, que resume de forma cinematográfica a historia deste peregrino, chegado das afastadas terras de Armenia, e o seu terrorífico encontro con este lobishome.

Foron dous grandes días de festa que remataron cunha visita polos lugares máis emblemáticos do concello e a súa conexión cos feitos relatados.

GRAZAS POR TODO!

O VÁKNER XA ESTÁ DE VOLTA, E VÉN PARA QUEDAR. COIDA OS TEUS PASOS POLO SEU TERRITORIO.

 

Encontro financiado a través do Programa O Teu Xacobeo, do Xacobeo2021.

 

 
 

 

Proxecto financiado polo Programa O Teu Xacobeo