Ir o contido principal

Informática e novas tecnoloxías para nenos, mozos e adultos. Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

A alfabetización dixital e alfabetización multimedia é a habilidade para localizar, organizar, entender, evaluar e analizar a información utilizando a tecnoloxía dixital.

Implica tanto o coñecemento de cómo traballa a alta tecnoloxía de hoxe en día como a comprensión de cómo pode ser utilizada.



As persoas dixitalmente alfabetizados poden comunicarse e traballar máis eficientemente, especialmente aqueles que posúes os mesmos coñecementos e habilidades.

No Concello de Dumbría somos moi conscientes da era dixital na que estamos inmersos, no que a gran cantidade de información que se xenera na rede, obriga non só a coñecer as ferramentas para acceder ó coñecemento, senón a ter as habilidades para saber diferenciar o que é información do que non o é. 

5 aulas TIC´S repartidas nas parroquias e 11 anos impartindo formación en novas tecnoloxías de xeito gratuito para todos os veciños. 

Presentámosvos a programación deste novo curso de informática no que hai un programa específico para cada grupo de idade, para que escollades cal se axeite máis a vós!
#DumbríaéCultura



Actividades culturais e deportivas do Concello de Dumbría

Miniatura Noticia




Xa está aberto o prazo de incrición para as actividades deportivas e culturais do vindeiro curso. Tedes ata o 20 de outubro para anotarvos tanto nas casas de cultura coma chamando ó Concello no número 981 744 001 en horario de mañá.

No departamento de Cultura ofrécense as seguintes actividades 2015/2016

Nenos



  • Informática
  • Inglés
  • Clases de apoio
  • Escola de Teatro
  • Pandeireta e baile rexional
  • Clases de gaita
  • #DumbriaSpeaks


  • Adultos
    • Informática
    • Manualidades
    • Escola de Teatro
    • Clases de gaita
    • Cursos de técnicas de busca de emprego
    • Clases de apoio para a obtención do Graduado en ESO.
    • Clases de gaita
    • #DumbriaSpeaks

    No departamento de Deportes ofrécense as seguintes actividades 2013/2014


    • Escola de fútbol
    • Club Municipal de Piragüismo
    • Escola Municipal de Voleibol
    • Escola  Municipal de Ciclismo
    • Escola Municipal de   Ximnasia de Mantemento (+ de 14 anos)
    •  Ximnasios municipais de Olveira e do Conco

    Anotádevos canto antes!!

    II Xornadas de Teatro "Dumbría a Escena"

    Miniatura Noticia




    Do 22 de agosto ó 11 de setembro en OLVEIRA ábrese o telón do gran espectáculo da Costa da Morte; as II Xornadas de Teatro “Dumbría a escena”, con monólogos, funcións infantís (os sábados pola mañá) e o mellor teatro.  


    Ven gozar cos máis grandes: Federico PérezTalía TeatroChévereAbracadabra, O Aturuxo de Melpómene, Axóuxere Teatro, Monicreques de Kukas, a Escola Municipal de Teatro de Muxía ..., artistas que te farán vivir o máxico mundo da farándula.


    OLLO! 

    O aforo é limitado. 
    Entrada gratuíta.

    A función do venres, 11 de setembro será no Edificio Bitácora (O Ézaro)


                     PROGRAMACIÓN:

    Sábado, 22 de agosto:

     Domingo, 23 de agosto:     
    21:30 h.: A rúa do infernoAXÓUXERE TEATRO +12 anos.

       Sábado, 29 de agosto: 
      • 12:00 h.: Xan Perillán e a maleta máxica. (Actuación + Obradoiro). MONICREQUES DE KUKAS. Infantil 
      • 21:30 h.: As Fillas Bravas. CHÉVERE+12 anos.         
      Domingo, 30 de agosto:
      21:30 h.: O velorio de Antón Carballo. ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DE MUXÍA+12 anos. 

      Sábado, 5 de setembro: 
      Domingo, 6 de setembro: 
      21:30 h.:  Cipriano de BequelarATURUXO DE MELPÓMENE - CARRACHANACACHA+12 anos.


        Venres, 11 de setembro: 


        Se es un amante do teatro, ven a OLVEIRA!
          Dumbría co teatro.

          Segundo Concurso Cabalar de Dumbría

          Miniatura Noticia


          Asociación de Criadores de Caballos Españoles  de Galicia (ACCEGA) está preparando a segunda edición do Concurso Cabalar de Dumbría ( A Coruña) na Costa da Morte e vén consolidar en actividades deportivas e culturais entorno ó mundo do cabalo, nun concello que apoia este deporte en Galicia. 



          O Concurso Cabalar tamén é ocio e festa, o disfrute non entende de idades, desde os máis novos até os nosos maiores poderán disfrutar de todas as actividades programadas e tamén da nosa gastronomía, xa que haberá pulpeiras.



          Será unha xornada de deporte, ocio, cultura e  turismo nun entorno natural e queremos que sexa unha xornada de lecer para os amantes do marabilloso mundo do cabalo. 
          Tamén habrrá música para amenizar a xornada e moitos premios para os participantes.  





          ACTIVIDADES:
          • Concurso Morfolóxico de Pura Raza Española (PRE), Pura Raza Árabe (PRA), Raza Galega e Razas Cruzadas
          • Premios en metálico, trofeo e diploma ós tres primeiros de cada sección.
          • As probas darán comezo no Recinto da Carballeira de Berdeogas ( Dumbría) a partir das 10 da mañá do 23 de agosto.
          • Haberá premios de recoñecemento especial nas razas puras aos mellores exemplares nacidos en Galicia e ós mellores movementos de cada sección.
          • Bautismo Ecuestre para nenos.
          • Grupos Folclóricos
          • II Campeonato Galego de Enganches


            REGULAMENTO:

            Rexeranse os cocnursos polo Regulamento Territorial de Concursos ACCEGA.
            A Clasificación por parte dos Xuíces será inapelable. 
            A vestimenta de monta, traxe curto ou doma, será obrigatorio.
            Os premios entregaranse ó final. 
            As inscricións poderanse facer nos  números 619452169 //609087368 ou no stand de Secretaría.

            Más información e inscrición en 619452169 //609087368

            ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA NO CEIP SANTA EULALIA DE DUMBRÍA

            Miniatura Noticia
            Estás dubidando onde matricular os teus fillos e fillas para o vindeiro curso?

            Quizais aínda non saibas que no CEIP Santa Eulalia de Dumbría poñen en práctica unha aprendizaxe individualizada, contan con mestres de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, teñen aulas dixitais e aula de informática e desfrutan dun comedor con cociña propia

            A ANPA organiza actividades extraescolares para todos os nenos e nenas.

            E, por se isto fose pouco, poden presumir dun alto nivel de inglés.

            Aquí vos deixamos unha pequenísima mostra:

             ver vídeo     
                 
             ver vídeo


            Educan en valores, promocionando a práctica do deporte, a música, o teatro, a arte, a cultura...

              ver vídeo

            Non deixes de visitar o seu BLOG e tamén o FACEBOOK.

            Seguro que te sorprenden!

            Ensino público de calidade e preto de ti, con unha comunidade educativa implicada, onde mestres/as, alumnos/as e familias reman nunha mesma dirección.


            Ata o 29 de marzo permanecerá aberto o prazo de matrícula no CEIP Santa Eulalia de Dumbría para o  curso académico 2016/2017.
            A matrícula débese formalizar na Secretaría (de 12:30 a 13:30 h).

            Hai que cubrir unha instancia ou solicitude (que podedes descargar dende a web do colexio ou ben recollela en Secretaría) e acompañala da seguinte documentación:
            • Fotocopia do DNI do pai e da nai.
            • Fotocopia das páxinas do libro de familia cos datos dos pais e do alumno/a.
            • Fotocopia do certificado do empadroamento, que deberá solicitarse no concello.
            • Fotocopia da cartilla sanitaria do alumno.
            • Fotocopia da cartilla de vacinación.  
            Se aínda vos queda algunha dúbida:

            +info: 881880654  - 881880655 



            PUNTO DE INFORMACIÓN Á MULLER (PIM) de DUMBRÍA

            Miniatura Noticia



            No concello de Dumbría contamos con un PUNTO DE INFORMACIÓN Á MULLER (PIM). 

            Este é un servizo que ofrece asesoramento xurídico e psicolóxico, ademais de información sobre os recursos e axudas existentes dirixidos a diminuír as diferenzas entre homes e mulleres (subvencións, axudas e prestacións, centros de planificación familiar, asociacións, servizos policiais, xudiciais, sanitarios, sociais e demais axentes implicados na protección ás mulleres, etc.)

            Trátase dun servizo público, anónimo e gratuíto, con atención personalizada e confidencial.


            Atención ao público: os mércores de 13 a 15 h. nas oficinas municipais. 


            Podes chamar ó  981744001 se precisas unha cita ou máis información



            8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.


            O 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York protestar polas míseras condicións nas que traballaban.
            O 5 de marzo de 1908, Nova York foi de novo escenario dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución  da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus filos. Durante esa folga, pereceron máis de un cento de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ó dono da fábrica como resposta á folga.
            En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhaguen, máis de cen mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.
            Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller.                                                           
              Fonte: INTEF

            ENLACES DE INTERESE: 


            Nacións Unidas 

            Instituto da Muller
            Día Internacional da Muller
            O Instituto Internacional de Investigacións e Capacitación das Nacións Unidas para a Promoción da Muller 
            Educar en igualdade
            Mulleres en Galicia

            O Teléfono da Muller é o 900 400 273 (O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia).



            OBRADOIRO DE CONFECCIÓN DE MARIONETAS

            Miniatura Noticia
            As tardes dos luns na casa cultural de Olveira  levarase a cabo un obradoiro infantil de confección de marionetas.

            Comezo: 15 de Febreiro.

            Para asistir o obradoiro é necesario inscribirse.

            Podes facelo nas casas culturais ou oficinas municipais ( Teléf: 981 744 001), antes do 5 de Febreiro.


            ENTROIDO 2016

            Miniatura Noticia
            Coma tódolos anos, o domingo de entroido celebramos o concurso de disfraces en Dumbría.



            O domingo, 7de febreiro, estará con nós Federico Pérez,  

            PREMIOS:



                  1º premio comparsas: 1000 €
                  2º premio comparsas: 500 €
                  3º premio comparsas: 300 €

            1º premio de 150 € ó disfraz individual máis orixinal.
            Unha axuda de 150 € para tódalas comparsas participantes que non resulten premiadas no concurso.

            As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do 4 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas.




            PROGRAMACIÓN:

            • Concentración de tódolos disfrazados/as ás 17:00 horas na porta do Concello.
            • Pasarrúas ata a Praza da Igrexa 
            • Actuación das comparsas
            • Actuación de Federico Pérez
            • Todo amenizado pola Charanga DGT
            • Entrega dunha bolsa de golosinas a cada neno disfrazado.
            POR OUTRA BANDA:
            Lembramos a todos os interesados/as en participar na comparsa infantil/xuvenil do concello que comezamos xa coa confección dos disfraces e os ensaios. Os ensaios son os venres pola tarde no Conco. Máis información nas casas culturais.

            #DUMBRÍAÉENTROIDO

            Actividades de Nadal e Felicitación do Concello de Dumbría

            Miniatura Noticia

            #EuVivoAquí

            " Eu vivo aquí, onde o Nadal chega cada ano empuxándonos
            a compartir a ilusión que nos move, onde as ganas de xuntarnos
            fainos vivir momentos inesquecibles.
            Eu vivo onde a solidariedade nos axuda a conseguir grandes retos,
            onde a confianza no futuro nos fai apostar por proxectos atrevidos"
            EU VIVO EN DUMBRIA
            Dumbría para ti, Dumbría para todos!

            Feliz Ano e Boas Festas!!!




            Deixámosvos o resumo das actividades de Nadal:
             







            E coma sempre os nosos mellores desexos para estas datas!