Ir o contido principal

Entroido 2018: resumo

Miniatura Noticia

Desde o concello de Dumbría agradécemosvos a todos e a todas as que participastes neste entroido 2018 a vosa colaboración, e moi especialmente á Comparsa Municipal, que non entra no concurso pero que nos fai sempre rir! Grazas por poñer todas as vosas ganas e ilusión porque, aínda que nunca concursades, esforzádesvos coma se estivese en xogo o máis grande dos premios e  facernos gozar a todas/os os que vos acompañamos coma se fosemos rapaces de novo. 

Grazas a todo o público asistente por saír á rúa a pesares do frío, por animar ás comparsas, polo voso comportamento exemplar. Grazas por disfrazarvos e animarvos a participar tamén no concurso individual.


Comparsas participantes:
  •  Comparsa municipal de Dumbría. (Fóra de concurso)
  1. DIOSES EGIPCIOS.- Ponte do Porto
  2. OS TROTAMÚSICOS- Fisterra
  3. PULPO A LA JALLEJA .- Camariñas
  4. OS DA CHARCA.-  Fisterra
  5. OS ENJOMINADOS- Cee
  6. OS QUESITOS.- Camariñas
  7. MAGO DE OZ.- Camelle
Os  membros do xurado (Jorge Mira, catedrático de Física na USC, Santiago Garrido, xornalista na Voz de Galicia, Xosé Manuel Lema, xornalista en Adiante Galcia, e María Lema, concelleira de Cultura de Dumbría) elixiron como comparsas  gañadoras e premiadas deste entroido 2018 :

1º PREMIO COMPARSAS: Os da Charca, de Fisterra con 1000 Euros
2º PREMIO COMPARSAS: Pulpo a la Jalleja de Camariñas con 500 Euros
3º PREMIO COMPARSAS: Os Trotamúsicos de Fisterra con 300 Euros
PREMIO DISFRAZ INDIVIDUAL: A NENA LIBRO  con 150 Euros




Podedes ver unha bonita galería fotográfica creada por Jorge Parri para La Voz de Galicia en https://www.lavozdegalicia.es/album/carballo/dumbria/2018/02/12/desfile-concurso-entroido-dumbria-imagenes/01101518439762126130678.htm



Nova e fotos en Galicia: https://www.adiantegalicia.es/costa-da-morte/2018/02/12/dumbria-volvio-a-celebrar-por-todo-lo-alto-el-entroido.html

Que Pasa Na Costa: https://quepasanacosta.gal/o-domingo-de-entroido-no-frio-de-dumbria/

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da xornada:






































































ENTROIDO 2018

Miniatura Noticia
O domingo, 11 de febreiro viviremos un ano máis o concurso de disfraces en Dumbría.

PREMIOS:

      1º premio comparsas: 1000 €
      2º premio comparsas: 500 €
      3º premio comparsas: 300 €

1º premio de 150 € ó disfraz individual máis orixinal.
Unha axuda de 150 € para tódalas comparsas participantes que non resulten premiadas no concurso.


As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do xoves 8 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas. (Teléfono: 981 744 001)



PROGRAMACIÓN:
  • Concentración de tódolos disfrazados/as ás 17:00 horas na porta do Concello.
  • Pasarrúas ata a Praza da Igrexa 
  • Desfile dos disfraces que queiran competir polo premio de disfraz individual máis orixinal
  • Actuación da comparsa municipal
  • Actuación das comparsas que compitan no concurso
  • Todo amenizado pola Charanga Maloserá
  • Entrega dunha bolsa de golosinas a cada neno disfrazado.

POR OUTRA BANDA:
Lembramos a todos os interesados/as en participar na comparsa do concello (fóra de concurso) que teremos unha primeira reunión o mércores 17 de xaneiro ás 18:00 h nas Instalacións do Conco para empezar xa cos ensaios. Os ensaios serán os venres pola tarde no Conco
Máis información nas casas culturais.

#DUMBRÍAÉENTROIDO

Calendario 2018 do Concello de Dumbría

Miniatura Noticia
"Quérovos convidar a todos a voar comigo por Dumbría,
eu lévoo facendo dende que me namorei desta fermosa
terra e non podo deixar de facelo.
Este almanaque é un agasallo para todos, para que ao
longo de todo o ano nos acompañe e nos recorde a
sorte que temos de vivir neste concello.
Os códigos QR que aparecen ao longo destas páxinas,
permitiranche ver dende o móbil o Concello de Dumbría
dende os ceos, para que poidas seguir abraiándote coa
túa terra e poidas amosar á túa xente o lugar onde aínda
se segue a soñar ano tras ano.
Seguide voando comigo, seguide a soñar Dumbría."

Feliz 2018.
José Manuel Pequeño.
Alcalde de Dumbría.






Calendario 2018 do Concello de Dumbría. Un percorrido por 12 meses ilustrados con un código QR en cada mes que enlaza a un vídeo que nos ensina Dumbría dende o aire. Voa por Dumbría. 





Descarga a aplicación para ler os código, identifica o QR e VOA POR DUMBRÍA.








#DumbríaParaTi

+ Q LIBROS

Miniatura Noticia

+ Q LIBROS Xornadas de Obradoiros e Actividades nas Bibliotecas 2018

Benvido/a ás xornadas de obradoiros e actividades nas bibliotecas do Concello de Dumbría.

Dende o 21 de abril ata o 19 de maio durante tódolos sábados, unindo o día do libro co día das Letras Galegas, imos celebrar unhas xornadas de portas abertas nas bibliotecas para desfrutar destes marabillosos espazos públicos dende outra perspectiva.

Durante estes días poderás participar de espectáculos de maxia, títeres e obradoiros de cociña e manualidades.


As bibliotecas en Dumbría son +Q libros. 
PROGRAMA
> 21 abril
17:30 h
Instalacións do Conco - Dumbría.
Títeres: A Festa de Barriga Verde. Espectáculo de títeres para nenos.

> 28 abril
17:30 h
Casa Cultural de Buxantes.
Obradoiro infantil de cociña.
Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data límite: 26 abril

> 5 maio
17:30 h
Casa Cultural de Berdeogas
Maxia: Apren-Deimi. 
Obradoiro de maxia + actuación.

 Programa Cultura no Camiño 2018

No obradoiro poñeranse en práctica xogos como: desaparición de moeda en vaso, ilusións con gomas elásticas, aparición e desaparición de moedas en panos, corda estragada e recomposta…

Número de maxia que abarca: o escapismo, a cartomaxia, aparicións, transformacións, aparicións de coello,  maxia con lume, levitacións, mentalismo, .... Maxia moi variada e divertida con toques de humor e moi interactivo co público.

> 12 maio
17:30 h
Casa Cultural de Olveira
Obradoiro infantil de manualidades. 
Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data límite: 10 maio.

> 19 maio
17:30 h
Edificio Bitácora - O Ézaro
Títeres: Redoblante e Meñique. 
Conta o titiriteiro a historia do sabichoso Meñique, un neno tan pequecho que durmía na bota do seu pai e tan intelixente que derrotaba aos magos, xigantes e maleficios. O público é participe do espectáculo e o final.

Andaina "Río Alvarellos" Concello de Dumbría

Miniatura Noticia



Andainas "Coñece a Costa da Morte" 2018
21 de abril de 2018

Saída: Praza de Berdeogas. 10:00 h
Remate: Igrexa de Berdeogas
Distancia: 15 km aprox.
Altitude máxima: 530 m (s.n.m.)
Tipo de Roteiro: Circular
Carga e descarga de buses: 43.032844, -9.100157



Roteiro con saída na praza de Berdeogas que, seguindo o cauce do río Alvarellos, nos conduce a través de toda a parroquia.

Achegarémonos ao punto máis alto do concello, sinalado por un vértice xeodésico, situado na estación marítima do Chan das Lagoas, onde se atopa un dos mellores radares do mundo. Atravesando a presa da Laxe remataremos a nosa andaina descubrindo a carballeira, na que se atopa a fermosa Devesa da Lúa.





Saíndo en dirección ao lugar de Chaín imos adentrándonos no bosque en dirección ao alto de Caforra. A través dunha pista do parque eólico, alcanzaremos o Chan das Lagoas, a parte máis alta do Concello, con 530 m de altitude.


Desde aí podemos avistar, en días despexados, practicamente toda a Costa da Morte, desde Malpica ata a Serra do Barbanza, o Val de Soneira e a comarca do Xallas, ofrecendo tamén unha panorámica do encoro da Fervenza.

Dende este lugar, iniciaremos o descenso ata o lugar de Sarteguas, onde a poucos metros poderemos desfrutar do esplendor do río Alvarellos, atravesando, se o caudal o permite, a Presa da Laxe.

Xa no último tramo, o lugar da Farrapa dará paso á fermosa Carballeira de Berdeogas , coa Devesa da Lúa, situada ó carón da igrexa parroquial (s.XVI – XVIII. Barroco), en cuxo exterior se atopan sarcófagos de finais do s. XIX.  Nos arredores hai un castro e o conxunto etnográfico conformado pola casa reitoral, o cabazo e o pombal.


Os gaiteiros de Buxantes

Miniatura Noticia

OS GAITEIROS DE BUXANTES



Os Gaiteiros de Buxantes son unha agrupación de música tradicional formada na parroquia de Buxantes (Dumbría), dirixida polo mestre Ramón Maril Cerquides. Conta con arredor de 30 membros de idades comprendidas entre os 8 e os 80 anos. O seu radio de actuación concéntrase fundamentalmente na comarca da Costa da Morte.






Os inicios da agrupación datan do 2008, ano no que se forma a escola de gaita no seo da asociación cultural da parroquia. Tralos primeiros anos de formación, o grupo debuta como tal o día 30 de xullo de 2011, nas festas de San Pedro de Buxantes. No ano 2012 a formación sepárase da antiga asociación e inicia a súa aventura como grupo independente, sobrevivindo grazas ó traballo e colaboración da veciñanza; esta unión dá lugar ó nacemento da Asociación Fontesanta. Dende aquela, a agrupación foi pouco a pouco popularizándose dentro da comarca, ampliando cada ano o seu radio de actuación. A día de hoxe, os Gaiteiros de Buxantes contan no seu historial con numerosas actuacións, tanto na Costa da Morte como en outros puntos de Galicia.

Aínda que os inicios datan de máis atrás, é dende o ano 2015 cando o Concello de Dumbría emprende a súa colaboración coa Asociación Fontesanta, creándose como consecuencia a Escola de Gaita e Percusión do Concello de Dumbría, con sede na Casa de Cultura da parroquia de Buxantes. Na escola impártense as disciplinas de gaita, tambor e bombo, e os seus alumnos conforman a “canteira” da que se nutre a agrupación. O seu profesor, e á súa vez director musical do grupo, é Ramón Maril Cerquides (Santiago de Compostela).

Texto e contido : Gaiteros de Buxantes

Isabel Coixet rodará en Dumbría

Miniatura Noticia


" La historia de amor entre Elisa y Marcela, el primer matrimonio de mujeres de España, se rodará en las localidades de Dumbría, Pontevedra, Santiago de Compostela y A Coruña de la mano de la premiada cineasta Isabel Coixet. 
La película de Isabel Coixet sobre el primer matrimonio de mujeres se rodará en Dumbría, Pontevedra, Santiago y A Coruña

"que se centrará en la historia del primer matrimonio homosexual sobre el que se tiene constancia en España.    Elisa y Marcela se casaron por la iglesia en 1901 en la parroquia de San Xurxo de A Coruña. Para ello, Elisa se disfrazó de hombre y adoptó una identidad masculina bajo el nombre de Mario Sánchez. El párroco acabó descubriendo el engaño y la pareja fue perseguida, aunque el acta matrimonial nunca llegó a anularse. "

 Fuente: Leer mas: http://www.europapress.es/galicia/noticia-pelicula-isabel-coixet-primer-matrimonio-mujeres-rodara-dumbria-pontevedra-santiago-coruna-20180305184653.html



La Voz de Galicia : https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2018/03/03/elisa-marcela-regresan-dumbria/0003_201803G3P38991.htm

"Dumbría ocupa un lugar destacado en las biografías de Marcela Gracia Ibeas y Elisa Sánchez Loriga. Ambas mujeres, que habían iniciado una relación sentimental en sus años como alumnas de la Escuela Normal de Maestras de A Coruña -amor que sobrevivió a los intentos de sus familias por separarlas-, ejercían la docencia: primero en Coristanco y Vimianzo, luego en Dumbría, lugar de destino de Marcela y donde la visitaba Elisa por las noches. A Coruña y Dumbría, junto con Pontevedra y Santiago, tendrán un lugar destacado en el rodaje de Elisa y Marcela, la película que rodará Isabel Coixet sobre la peripecia de estas mujeres gallegas que en 1901 protagonizaron el que se considera primer intento de matrimonio homosexual en España. Para ello Elisa adoptó una identidad masculina -Mario- y consiguieron casarse en la coruñesa iglesia de San Jorge. Denostadas y perseguidas, Elisa y Marcela huyeron a Argentina vía Oporto."

FESTA INFANTIL FIN DE CURSO 2018

Miniatura Noticia
O verán está chamando á porta así que imos recibilo como toca.
Para ir abrindo boca, o martes 26 de xuño, entre as 11:00 e as 17:00 horas, celebraremos unha festa infantil de fin de curso no areal do Ézaro.

Gozaremos de actividades deportivas, xogos na praia, xogos populares,...e aproveitaremos para asistir aos espectáculos que, a través do programa Cultura no Camiño, amenizarán o paseo marítimo do Ézaro ao longo da mañá.
Nela poden participar todos os nenos e nenas do concello, a partir dos 4 anos.

Para iso débese entregar unha autorización firmada pola nai, o pai, ou os titores, nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 21 de xuño.

Descarga aquí a autorización

CLAUSURA ESCOLAS MUNICIPAIS DE TEATRO 2018

Miniatura Noticia


O domingo 3 de xuño terá lugar na Casa Cultural de Olveira a clausura das Escolas Municipais de Teatro 2018.

Ao longo de todo o día poderemos gozar das actuacións que nos ofrecerán as/os nosas/os artistas locais. Un bo puñado de dumbrieses e dumbriesas que se xuntan todos os martes durante o curso para pasalo ben, para divertirse e para aprender.

Nas escolas municipais de teatro, dirixidas por Diego Rey, membro da compañía Talía Teatro, os/as participantes traballan a desinhibición, a presencia escénica, a composición escénica, a expresión, a improvisación, a creación de personaxes, a voz,...

Nestes exercicios de clausura o grupo infantillevará a escena (ás 12:00 h) pezas escritas por eles e elas memos/as, ademais dalgunha outra sorpresa.

Xa pola tarde (18:00 h), o grupo xuvenil escenificará a obra A Visita.

E ás 20:00 h o encargado de subirse ás táboas será o grupo de adultas/os, que nos mostrará a obra O Velorio.

Non faltes a esta divertida cita!
Entrada de balde!

María Victoria Moreno: Letras Galegas 2018

Miniatura Noticia
MARÍA VICTORIA MORENO (1939 – 2005). LETRAS GALEGAS 2018

Escritora, profesora de literatura, tradutora, investigadora, editora, libreira e conferenciante. Nada en Cáceres en 1939, adicou a súa carreira á ensinanza e á defensa da literatura infantil e xuvenil. Durante a súa vida contribuíu, xunto con outros autores e autoras da súa xeración, a situar a literatura galega nun lugar digno e a poñer en valor o uso da lingua galega. Aínda que naceu en Extremadura, a súa identificación con Galicia foi tan intensa que de seguida aprendeu o galego e converteuno na súa lingua. As súas obras, entre as que destacan Anagnórise e Mar adiante, sitúana como unha das máis prestixiosas escritoras galegas e, por iso, este ano, no Día das Letras Galegas, réndeselle homenaxe.

No Conco en Dumbría , podedes ver a exposición da homenaxeada, na que se detalla toda a súa biografía, traxectoria e publicacións e nas Bibliotecas do Concello unha selección das súas obras.

FOTOS:










BIOGRAFÍA

1939 – Nace o día 1 de maio en Valencia de Alcántara, provincia de Cáceres, mais na súa mocidade dixo que nacera en 1941 para comezar o bacharelato coas rapazas menores ca ela xa que non tivo ocasión de se matricular antes. 

1949 – Morre o seu pai Vicente Moreno de tuberculose, causando un importante impacto na familia, tanto no terreo económico como no emocional. 

1951 – Interna nun colexio en Barcelona, grazas a unha bolsa, aprendeu francés e catalán, lingua que emprega máis adiante na súa faceta como tradutora. O longo da súa traxectoria acada diferentes recoñecementos literarios escribindo en tres linguas: francés, castelán e galego. Nesta época descobre tamén a literatura, lendo por primeira vez as obras que se habían de converter nas súas favoritas: O Quixote e O Principiño. 

1958 – Múdase a Madrid a estudar Filoloxía Románica na facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central (hoxe a Complutense). 

1963 – Casa con José Luis Llácer, compañeiro de carreira de cursos superiores, co que comparte a paixón polo ensino e o interese pola Filoloxía. Neste mesmo ano, múdase a Galicia ó conseguir unha praza de profesora interina en Pontevedra, onde descubre a súa vocación pola docencia. 

1965 - Gaña a oposición de profesora no Instituto Masculino de Lugo e establécese definitivamente en Galicia. 

1967 – Torna a Pontevedra onde imparte literatura castelá no Instituto Feminino (hoxe o Valle Inclán). Dedicaba parte das súas clases a ensinar literatura galega, aínda que na ditadura franquista estaba prohibido. 

1972 – Participa de forma voluntaria e non remunerada na impartición de cursos de lingua galega, organizados pola asociación Amigos da Cultura de Pontevedra. Como represalia pola docencia de estes cursos, en 1974 foille retirado o seu pasaporte. 

1973 – Publica a súa primeira obra “Mar adiante”, en Edicións do Castro e con ilustracións propias. A publicación ten un grande impacto na prensa, converténdoa nunha das autoras pioneiras da literatura infantil galega. O libro constitúe un manifesto a favor dunha escola diferente, en contacto coa natureza e a favor dunha relación de respecto e agarimo co alumnado.

Tamén edita a antoloxía bilingüe “Os novísimos da poesía galega”, onde recolle textos de dez poetas galegos nados despois de 1943, facendo ela a selección e maila tradución o castelán. Neste mesmo ano, con outros oito socios, cofunda a librería Xuntanza en Pontevedra, que pecharía poucos anos despois, e na que podían atoparse, entre outros, obras de Castelao ou Miguel Hernández editadas fóra de España, xa que naqueles momentos estaban prohibidas pola censura. No ámbito persoal, este ano é moi significativo por comezaren, o seu marido mais ela, os trámites de adopción dos seus dous fillos, proceso que rematarían no ano 1975. 

1979 – Consegue a praza de catedrática, no instituto de Ribadavia, pero solicita a excedencia ata 1986 para seguir en Pontevedra, accedendo así como catedrática ó instituto de Vilalonga, en Sanxenxo. Publica "O cataventos", obra que acadou o Premio O Facho. 

1986 – Publica “Leonardo e os fontaneiros”, obra que mostra a súa intensa relación cos animais. Outros textos seus protagonizados por animais son “E haberá tirón de orellas?” ou “Eu conto, ti cantas...”, último publicado en vida, no ano 2005. Ademais das historias infantís ou xuvenís, a mediados dos 80 publicou xunto con Xesús Rábade Paredes e Luís Alonso Girgado libros de texto de literatura galega. 

1988 – A editorial Galaxia crea a colección Árbore de literatura infantil, que será dirixida durante dez anos por María Victoria Moreno, Antonio García Teijeiro e David Otero. Tiña o obxectivo de dispoñer de literatura en galego para todas as idades, dar visibilidade á escrita en Galicia, así como publicar traducións ao galego de libros de calidade. Neste mesmo ano publica“Anagnórise”, considerada a súa mellor obra. María Victoria xa era recoñecida como unha das autoras de máis calidade da literatura infantil e xuvenil, mais esta obra consolida a súa consideración como parte do canon. 

1990 – Consegue o traslado ao Mixto nº 5 de Pontevedra (hoxe IES Gonzalo Torrente Ballester), no que remataría a súa carreira docente no ano 2002, doando a súa biblioteca persoal, incluídas varias edicións e uns 150 estudos do Quixote. 1996 – Morre o seu marido, José Luis Llácer e, uns meses despois, diagnostícanlle a ela cancro de mama.

1999 – Publica a novela xuvenil “Guedellas de seda e liño” que, como“Anagnórise”, explora os conflitos de identidade na adolescencia.

 2003 – Casa con Pedro Ferriol, capitán cubano da mariña mercante e compañeiro nos seus últimos anos de vida. 2004 – Publica o ensaio “Diario da luz e a sombra”, onde reflexiona, con humor e ironía, sobre a súa experiencia co cancro.

 2005 – Morre aos 66 anos de idade, vítima do cancro. 

2006 – Publícase postumamente “Elexías de luz”, que reúne cinco cadernos de poemas. 

2009 – Publícase a súa primeira obra “Onde o aire non era brisa”, escrita en castelán en 
1969 e traducida ó galego por Xavier Senín, seguindo a vontade da autora.

LIBROS DE MARÍA VICTORIA MORENO NAS BIBLIOTECAS DO CONCELLO DE DUMBRÍA: ( Preme na o enlace para ver os libros en cada biblioteca)

1. Libros na Axencia de Lectura de Dumbría