Ir o contido principal

25N. Voando xuntas contra a violencia

Miniatura Noticia

Con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Dumbría impulsa unha programación que une memoria, educación, deporte e cultura para avanzar cara unha sociedade libre de violencia machista.

É un programa pensado para sumar voces, fortalecer vínculos e construír igualdade dende todas as idades e todos os espazos da vida comunitaria.
Este ano, as bolboretas acompañan o noso 25N. Ademais de ser símbolo de forza, transformación e memoria, lémbrannos ás irmás Mirabal, coñecidas como As Mariposas, cuxo legado continúa inspirando loitas pola liberdade e pola dignidade.


Convidamos á veciñanza a participar nos actos, sumando voces e avanzando xuntas e xuntos cara unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de violencia machista.
Voando xuntas contra a violencia.

PROGRAMA:

  • Sábado 22 novembro. 10:15 h. Edificio Bitácora - O Ézaro

    II Xornadas Mulleres, memoria e dignidade. A muller e o traballo

    Un encontro para recuperar a memoria, visibilizar as achegas das mulleres e reflexionar sobre os desafíos no ámbito laboral

    ·

  • Luns 24 - mércores 26 novembro. 12:00 h. CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría

    Obradoiros. Traballarán valores como a igualdade, o respecto, ou a convivencia positiva

    ·

  • Martes 25 novembro. 18:00 h. Instalacións municipais do Conco - Dumbría

    Fotografía. Xuntas e Xuntos contra a violencia. Unha invitación aberta á veciñanza para participar

    ·

  • Domingo 30 novembro. 18:00 h. Casa Cultural de Olveira

    Teatro. A cincenta que non quería comer perdices. Sarabela Teatro.

    Para todos os públicos. Entrada gratuíta ata completar aforo

 

Galería de imaxes

II Xornadas 𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬, 𝐦𝐞𝐦𝐨𝐫𝐢𝐚 𝐞 𝐝𝐢𝐠𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞. 𝑨 𝒎𝒖𝒍𝒍𝒆𝒓 𝒆 𝒐 𝒕𝒓𝒂𝒃𝒂𝒍𝒍𝒐

Miniatura Noticia
En novembro de 2024, o Concello de Dumbría organizou a I Xornada Mulleres, memoria e dignidade para conmemorar o centenario da primeira viaxe realizada por Ruth Matilda Anderson, etnógrafa e fotógrafa na Hispanic Society of America, a España e á Costa da Morte.
Aquel primeiro encontro serviu para poñer en valor o importantísimo e minucioso labor realizado por Anderson. 
 
Despois do éxito acadado, desde o Concello de Dumbría queremos manter esta xornada como unha reivindicación da súa memoria e da historia do Ézaro a través das súas mulleres. Este ano a temática será A muller e o traballo. 
Coñeceremos máis de preto os traballos realizados polas mulleres do Ézaro ao longo dos anos, dignificaremos os traballos que durante décadas sostuveron a comunidade e volveremos recrear a fotografía tomada por Ruth Matilda Anderson no noso areal.
 
PROGRAMA:
As xornadas desenvolveranse na tarde do venres 21 e o sábado 22 de novembro pola mañá.
·
🗓️ Venres, 21 de novembro. 15:00 h
📍 Praia do Forcado (O Ézaro)
Recreación da fotografía de Ruth Matilda Anderson na que inmortalizou a veciñanza do Ézaro tirando da arte.
Convocatoria aberta a toda a veciñanza, que acudirá vestida con roupas típicas de comezos do século XX.
Remataremos a tarde cun chocolate quente con churros para entrar en calor despois da foto.
·
🗓️ Sábado, 22 de novembro. A partir das 10:15 h
📍 Edificio Bitácora, O Ézaro (Dumbría)
➡️ Primeira presentación oficial do libro Ruth Matilda Anderson, tradutora das marxes, da autora Alba Rodríguez Saavedra.
Contará coa presentación do xornalista Santiago Garrido e a intervención de Ana Cabana, profesora titular do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
➡️ Mesa redonda «As mulleres do Ézaro e o traballo», coa participación da
veciñanza e moderado por Paula Castiñeira e María González, ambas as dúas xornalistas e comunicadoras e autoras do documental interactivo Caneliñas, a costa das baleas.
➡️ Conferencia «Mulleres de Dumbría na ciencia» a cargo da Dra. Isaura
Fernández Pérez, especialista en Oncoloxía médica e investigadora no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (Vigo).
🎟️ ENTRADA GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO

Galería de imaxes

Entregados os premios dos certames literarios Territorio Vákner no Conco, en Dumbría

Miniatura Noticia
Dende o Concello de Dumbría agradecemos á La Voz de Galicia  e moi especialmente á edición de Carballo a organización e edición dos certames literarios un ano mais, así como a organización do acto de entrega e publicación e difusión do mesmo, facendo que soe o eco do VÁKNER mais lonxe das nosas fronteira, e axudando a medrar o TERRITORIO VÁKNER!
Agradecemos tamén aos centros educativos que participaron nesta ocasión, ao profesorado implicado e a ás persoas adultas que achegaron os seus traballos nesta edición. Unha edición moi numerosa, mais de 300 relatos, que converten a éste nun dos máis importantes certames literarios de Galicia. Parabéns a todos os premiados e 300 aplusos para todos vós!

 

 

«A chamada do Vákner chega cada vez máis lonxe»

Artigo de Patricia Blanco en La Voz de Galicia. 16 de novembro de 2025

Entregados en Dumbría os premios dos certames literarios Territorio Vákner: «Unha idea, unha crenza, unha fantasía é a mellor panca para mover o mundo»«Unha idea, unha crenza ou unha fantasía é a mellor panca para mover o mundo. O Vákner tamén o é para desenvolver o noso territorio e darlle outra dimensión ao Camiño». Escoitouse isto este sábado no albergue de peregrinos do Conco durante a entrega de premios dos certames literarios —escolar e de adultos— Territorio Vákner, iniciativa de La Voz, Radio Voz e Concello de Dumbría. Foron palabras de Xosé Ameixeiras, delegado do xornal en Carballo, que como proba aludiu á industria que máis move Santiago: «A inventio, que foi como a Igrexa lle chamou ao descubrimento no século IX do sepulcro do Apóstolo». O concurso Territorio Vákner tamén se sostén niso, nunha idea, nun mito ou crenza. «Na creatividade cultural e literaria», dixo Julio Abalde, subdelegado do Goberno: «Os libros gardan a memoria da cultura, da historia, da humanidade, a creatividade das xeracións. A cultura galega é universal, temos que saber defendela, saber apoiala».

Pedro Rielo, Mayka Mouzo e Suso Bahamonde mereceron primeiro, segundo e terceiro premio, respectivamente, na categoría de adultos. Marta Rego, do colexio La Salle de Santiago, e Lara Caamaño, do IES Ramón Caamaño de Muxía, os primeiros postos en primaria e secundaria, apartado escolar no que tamén foron recoñecidos Hugo Calvo, Marcos Pérez, Carmen Canosa e Catalina Grace Bowditch —primaria—, así como Adriana González, Helena Canosa, Iria Martínez e Jose Canosa —secundaria—. A todos eles faloulles o escritor Rodrigo Costoya, padriño do certame, dos libros, un «invento revolucionario» para «gardar a información fóra do corpo».


 

𝐀𝐝𝐮𝐥𝐭𝐨𝐬

1. Pedro Rielo Lamela

Lúa chea sobre Pedra Cabalgada

2. Mayka Mouzo Lema.

Vákner versus tronante

3. Suso Bahamonde.

Ás nove para cear

Primaria

1º: «O verdadeiro Vákner». Marta Rego Martínez

(La Salle, Santiago)

2º: «O home lobo de Dumbría». Hugo Calvo Maceiras

(Manuela Rial, Cee)

3º: «O Vákner». Marcos Pérez Ogando

(CEIP Santa Eulalia de Dumbría)

4º: «E ti, que dis?». Carmen Canosa Durán

(CEIP Vila de Cee)

5º: «As estrelas contra o Vákner». Catalina Grace Bowditch (Manuela Rial, Cee)


 

Secundaria

1º: «O gardián do monte». Lara Caamaño Alvite

(IES Ramón Caamaño, Muxía)

2º: «O poder das palabras». Adriana González Leira

(IES Rosalía de Castro, Santiago)

3º: «Unha muller». Helena Canosa Durán

(IES Agra de Raíces, Cee)

4º: «O agocho do Vákner». Iria Martínez

(CPR Compañía de María, Santiago)

5º: «O camiño do Vákner». Jose Canosa Rodríguez

(CPR Manuela Rial, Cee)


«Os libros son a materialización para facer eterno o pensamento humano, posiblemente o invento máis divino e seguramente o máis humano de todos (...) Ningún outro invento sería posible sen os libros, e polos libros é que estamos aquí», afirmou o tamén docente.

A velada no Conco contou co talento ao saxofón do corcubionés Juanma Abelleira, que con Alfonsina y el mar, A mi manera e Autumn leaves levou do público non só varios aplausos, senón algún «bravo!».

 

A de onte en Dumbría, neste «encontro coa palabra, coa imaxinación e coa memoria» —dixo Raúl González, alcalde—, foi unha celebración «da forza da literatura e do territorio: «O Vákner, esa besta misteriosa, segue viva, non nos montes, pero si nas páxinas e voces de quen se atreve a soñalo e reinventalo (...) A chamada do Vákner chega cada vez máis lonxe. Cada relato é unha pegada máis neste camiño literario que medra ano tras ano».

Con case 300 textos presentados este 2025 —cuarta edición de adultos e quinta escolar—, é difícil ver en Galicia un concurso con estas cifras, aseverou Valentín García, secretario xeral da Lingua. Case 300 textos dándolle pulo ao idioma: «Tedes unha cultura e unha lingua propias, un sitio de onde ser, onde estar. Levádeo con orgullo». Como fixeron todos os galardoados, tamén Valentín lle puxo cara ao Vákner: «Os medos, algo tan antigo como a humanidade». Cómpre vencelos como se vencen os monstros —ou, mellor, para Julio Abalde, as ferramentas mal usadas—: a escrita humana impúxose á da intelixencia artificial.

 

 

Un «fardel de palabras» que devén conto

«Saúde, patria, que regresen os amores salitreiros, un rif de guitarra e moito rock&roll». Así rematou o escritor e xornalista Pedro Rielo, primeiro premio na categoría de adultos, a súa intervención. Estendendo o agradecemento a organización e xurado e os parabéns a todos os demais, incidiu na escrita como «tarefa compartida». As 150 toneladas da Pedra Cabalgada, con dúas moles en equilibrio como «por arte de birlibirloque» mais en realidade por efecto dun vento que «sempre fai trasnadas», foron no seu caso inspiración. O conto é a forma dada a «un fardel de palabras»: «Vivimos nun tempo no que as palabras se reducen, é importante a nosa lingua, pero tamén enriquecela, como fala a nosa xente».

 

Carpintería, parafusos, bisagras: todo iso é necesario nunha historia que queira deixar pegada en «tempos de balbordo e ruído», de busca de atención e filtros. Personaxes con compoñente de escuridade, pero tamén de luz («aquí hai moita») pasaron polo discurso de Pedro, que vindicou a adaptación de historias e mitos e tempos actuais, á vez que un lugar para a literatura no xornalismo do día a día: «Un xornalismo coidado». Que ou quen era o Vákner? «Para min, en parte, os outros, as persoas que non escoitan, que non falan, que non teñen empatía, que poñen atrancos, que acoutan a liberdade e acoutan a imaxinación».

 NOVA COMPLETA https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2025/11/16/span-langgl-chamada-do-vakner-chega-vez-mais-lonxespan/0003_202511C16C7991.htm?utm_source=facebook.com&fbclid=IwY2xjawOH_fRleHRuA2FlbQIxMQBicmlkETBLR25uMDYxeXM4bUhtMW1Lc3J0YwZhcHBfaWQQMjIyMDM5MTc4ODIwMDg5MghjYWxsc2l0ZQIzMAABHqeRmKXIp9g-yLhquP1A88GbHC5ACe3FNFdogb32N5VWeq7Pd52SrHi_ztNy_aem_2QWqbLxtXK92NT98-4PY1g 

GALERÍA COMPLETA DAS IMAXES: 

VIDEO DA ENTREGA DOS PREMIOS

 

 

 

 

 

FESTIVAL ESCENA MULLER #FEM2025

Miniatura Noticia

FEM 2025 chega á Costa da Morte con teatro, memoria e cultura en feminino

 

A quinta edición de FEM – Festival Escena Muller celébrase este ano  na Costa da Morte, cunha programación que aposta pola creación en feminino, a memoria das mulleres e a cultura como ferramenta de transformación social. O festival desenvolverase nos concellos de Camariñas, Dumbría e Vimianzo ao longo do mes de outubro.

A programación inclúe espectáculos escénicos, accións de rúa, obradoiros comunitarios, funcións escolares, regueifas, conversas e unha exposición comisariada polo Museo do Pobo Galego.

FEM 2025 está impulsado pola compañía aAntena Teatro, baixo a dirección de Xosé Leis e Bernardino Martínez, e conta co apoio da Deputación da Coruña, que fai posible a súa implementación nos espazos rurais da provincia.

 

Un festival con perspectiva, impacto e raíces

FEM naceu como espazo de visibilización das mulleres creadoras e consolidouse como proxecto cultural e social de referencia en Galicia, con foco na igualdade, a creación contemporánea e a conexión co territorio.

Esta edición aposta pola Costa da Morte como escenario vivo, recoñecendo o potencial cultural de concellos como Camariñas, Dumbría e Vimianzo, e a súa relación histórica co saber popular, a palabra e a resistencia das mulleres.

 

Exposición central: “Coreografías do facer”

Un dos actos máis destacados da edición será a exposición Coreografías do facer. Imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen, comisariada polo Museo do Pobo Galego, que poderá visitarse durante todo o mes de outubro no Albergue Municipal do Conco (Dumbría).

A mostra reúne fotografías documentais tomadas entre 1965 e 1968, que capturan o traballo cotián, os xestos e os vínculos das mulleres galegas do rural, convertendo o corpo e a transmisión en patrimonio cultural.

 

PROGRAMACIÓN NO CONCELLO DE DUMBRÍA:

  • Todo o mes de outubro. Albergue do Conco - Dumbría: Exposición “Coreografías do facer” – Museo do Pobo Galego
  • Domingo 12 outubro. 13:00 h. O Ézaro. Paseo marítimo: Regueifa no Ézaro – Lupe Blanco
  • Domingo 12 outubro. 20:30 h. O Ézaro. Edificio Bitácora: Golpes – Estíbaliz Veiga (teatro documento)
  • Xoves 16 e 23 outubro. 18:00 h. Casa Cultural de Berdeogas: Tecendo Fíos Femininos – Noelia Darriba
  • Venres 17 outubro. 20:00 h. Casa Cultural de Berdeogas: Bailan as vellas – Vero Rilo e Atenea García (oralidade)

Galería de imaxes

Teatro: 𝐒𝐨𝐥 𝐅𝐮𝐞𝐫𝐳𝐚

Miniatura Noticia
Este sábado, aAntena Teatro achéganos unha farsa teatral baseada en feitos reais sobre fraudes industriais, memoria e enerxía.
A historia dun austríaco estafador e dun galego de adopción inventor convértese nun espello do presente.
Con teatro, playback e documento, preguntámonos: que é progreso e quen paga a factura?
·
📅 Sábado 4 de outubro
🕣 20:30 h
📍 Casa Cultural de Olveira
👥 Público adulto e mocidade
🎟 Entrada gratuíta ata completar aforo
·
Cun elenco de luxo e un equipo detrás, aAntena Teatro, cunha longa traxectoria en espectáculos comprometidos, feministas e con fonda pegada comunitaria.
·

FORMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA ENTIDADES DEPORTIVAS DE BASE

Miniatura Noticia

A Deputación da Coruña presenta un programa de formación para as entidades deportivas de base da provincia

Programación de 8 xornadas formativas en diferentes concellos da provincia durante os meses de outubro e novembro, abordando temáticas como a normativa sectorial, os patrocinios, a xestión da comunicación, a regulación emocional, a inclusión no deporte ou a dirección de equipos.

As persoas dos clubs da provincia que estean interesadas en participar poden inscribirse xa a través desta ligazón. A formación é de balde.

Dumbría, 10 de outubro, nas instalacións deportivas municipais de Conco.

  • De 16:30 a 18:00 horas: Ferramentas para adestrar a menores con respecto, impartida por Rubén Domínguez.

  • De 18:30 a 20:00 horas: Soporte Vital Básico (RCP e DESA) para técnicos deportivos, impartida por Roberto Barcala.

 

Antuán de La Cream trae o seu espectáculo a Salgueiros

Miniatura Noticia
Antuán de La Cream actúa en Salgueiros.
Actuación de circo, malabares, humor, clown...
·
📅 venres 8 agosto, ás 19:30 h
📍 Salgueiros. Praza da igrexa
·
Un espectáculo humorístico ao máis puro estilo clown para público infantil e familiar
·
Actuacións programada a través de Cultura no Camiño 2025. Agadic

38ª FESTA DA PRAIA DO ÉZARO. CONCELLO DE DUMBRÍA

Miniatura Noticia
Os días 2 e 3 de agosto do 2025 ven DISFRUTAR DE  actividades para a rapazada e para os maiores na Praia do Ézaro, no Concello de Dumbría!
Un sinfín de xogos, obradoiros, carreiras de obstáculos (OCR) e música para todos con A Gramola Yé Yé, a charanga O Rumbo e a coral Eburnie.
Tamén teremos a oportunidade de asistir a un espectáculo que mestura acrobacias, humor e música, da man de Sempre Arriba.
E o domingo Gran Sardiñada popular!!! e a actuación pola tarde da orquestra Finisterre.
 
🏖 38ª FESTA DA PRAIA DO ÉZARO
📆 2 e 3 de agosto 2025
 
 

Pegadas de Castelao, de Migallas Teatro, en Dumbría

Miniatura Noticia

🎭 Chega ao Conco Pegadas de Castelao, de Migallas Teatro
📅 Xoves 24 xullo
🕒 11:00 h
📍 Instalacións do Conco. Salón de actos do albergue
·
Unha actuación promovida pola Área de Lingua da Deputación da Coruña
·
“Pegadas de Castelao” é un espectáculo dirixido a todos os públicos a partir de 6 anos que ten como obxectivo a difusión da figura e da obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural etc. dunha forma amena e divertida.

Combínanse diferentes técnicas dramáticas: monicreques de silueta, de luva e cabezudos inspirados nos debuxos e relatos de Castelao, teatro de actor, pantomima, cantar de cego etc., todo acompañado por música en directo e cantigas populares vinculadas á súa vida e obra.

“Pegadas de Castelao” tenta amosar as profundas pegadas que deixou Castelao na historia e na cultura de Galicia así como avivar o interese por afondar no coñecemento da súa vida, da súa obra e do seu pensamento.
·
#Dumbría #DumbríaéCultura #Castelao #linguagalega #galego #lingua #cultura #teatro #patrimonio #historia #Galicia

Afiador: un espectáculo do Mago Teto, en Olveiroa, Dumbría

Miniatura Noticia
🎩✨️ O sábado 26 chega a Olveiroa a maxia dun afiador que, facendo o Camiño, non podía pasar sen parar neste emblemático lugar.
O Mago Teto, un dos mellores magos do noso país, tráenos un novo espectáculo que fará as delicias de grandes e pequenos.
Non o perdas!
🎩✨️ O Afiador. Mago Teto
📍 Olveiroa. Praza do Cruceiro
📅 Sábado 26 xullo, ás 20:00 h
 
 
Actuación programada a través de Cultura no Camiño 2025. Agadic
 
#Dumbría #DumbríaéCultura #CulturanoCamiño #DumbríaéCamiño #CamiñoFisterraMuxía