Ir o contido principal

Gran Fondo Ezaro 2019

Miniatura Noticia

GRAN FONDO ÉZARO. 07/07/2019

Estamos en la recta final para encontrarnos con todos vosotros!

El próximo domingo 7 de julio toda a Costa da Morte vivirá un evento deportivo único; el Gran Fondo Ézaro, prueba cicloturista que forma parte del calendario UCI Gran Fondo World Series.

En 2019 vuelve a ser la única prueba en España que forma parte del circuito internacional UCI GRAN FONDO WORLD SERIES, desarrollado por el máximo organismo mundial de ciclismo y que incluye a las más prestigiosas pruebas ciclistas del mundo".


El GRAN FONDO ÉZARO está formado por dos rutas:
- RUTA LARGA->CASCADA DO ÉZARO – ALTO MIRADOR DO ÉZARO. 145,40Km, con 2.877 metros de desnivel.

- RUTA CORTA->CASCADA DO ÉZARO – ALTO MIRADOR DO ÉZARO. 80,10Km, con 1.815 metros de desnivel.

Por este motivo los días 5, 6 e 7 de JULIO el ACCESO EN VEHÍCULO a la CASCADA DE O ÉZARO estará CERRADO.

Con el motivo de la celebración del Gran Fondo Ézaro 2019 el día 7 de julio, el acceso a la cascada Fervenza do Ézaro estará cerrado para cualquier tipo de vehículo.

Todos aquellos que deseen visitar la cascada alguno de esos días tendrán que hacerlo a pié. Deberán estacionar en la carretera AC-550 a su paso por O Ézaro y realizar un paseo de unos 500 metros para finalmente llegar a la cascada.

Gracias por la comprensión y disculpen las molestias que pueda ocasionar el evento.

Toda la información del evento en: www.granfondoezaro.com

Que no te lo cuenten: vive el único evento en España dentro de la UCI Gran Fondo World Series. No faltes!

Toda la información en :www.granfondoezaro.com

-----------------------------------------------------------------------

Don't let them tell you about it: enjoy this UCI Gran Fondo World Series event, the only one in Spain. Don't miss it!

More info in_ www.granfondoezaro.com

EME SportsBanco Santander EspañaRed Eléctrica de EspañaGadisDecathlon EspañaCoca-Cola EspañaNorthboarBicicletas TRIKIMC bikesAdventurÉzaroSenrasportConcello de DumbríaConcello de CeeConcello de CarnotaConcello de Muros Concello De Muxia

PISCINA MUNICIPAL DE DUMBRIA

Miniatura Noticia

Xa está aberta a piscina de Dumbría.

O horario é de luns a sábado de 15:30 a 20:00 nos meses de xullo e agosto.

O acceso e baño é libre.

#Dumbríaédeporte

Festa da Familia de Dumbría 2019

Miniatura Noticia

Estimadas veciñas e veciños:


Convídovos a todos e a todas a que vaiades preparando os
manteis para o vindeiro 21 de xullo, onde volveremos a
xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran
FESTA DA FAMILIA.


Espero que, un ano máis, a nosa fermosa Carballeira de
Berdeogas luza chea de cores e mesas repletas de alegría
e diversión. Esta segue sendo unha gran romaría familiar, xa
coñecida pola súa hospitalidade, onde todo o mundo é
benvido e onde nos encanta compartir o espírito festivo e
alegre que temos en Dumbría.


Queremos que tódolos amigos de Dumbría veñan gozar da
nosa festa máis querida, e aqueles que nos visiten por
primeira vez agardámolos co corazón nas mans.
Dumbría, unha gran familia.
Un saúdo e boa festa.


PROGRAMA

12:30 h Misa ao aire libre.
SESIÓN VERMÚ. Orquestra “NUEVA FUERZA”
XOGOS INFANTÍS
XANTAR NA CARBALLEIRA:
Empanada, churrasco, pan e viño.

ACTUACIÓNS

Monólogo de MARCOS PEREIRO - “Como ser armario empotrado”.

Coa colaboración da Agadic (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia) e Xacobeo 21.

Pandereteiras da Asoc. As Neves de Buxantes
GAITEIROS DE BUXANTES”
Grupo de Gaitas MAZARICOS
Fin de festa coas Orquestras: “FINISTERRE” e “NUEVA FUERZA”


"Poderanse adquirir os tíckets para a comida e reservar
mesa nas oficinas municipais, antes do día 18 de xullo
".

Díptico PDF:

A Banda de Gaitas INVERNÍA en Dumbría

Miniatura Noticia

Dentro das Xornadas de Cultura +QLibros que estamos levando a cabo nos meses de abril e maio no Concello de Dumbría, contamos coa presentación da BANDA DE GAITAS DO GRUPO INVERNÍA.

O acto de presentación será:

Día: 17 de maio, coincidindo coa celebración das Letras Galegas 2019

+ Lugar: Casa de Cultura de Olveira. Dumbría

+ Hora: 17:30 h.

+ Entrada libre ata completar aforo.

A banda de gaitas Invernía, da cal forman parte os Gaiteiros de Buxantes (Dumbría) serán os representantes de Galicia este ano no Festival Interceltico de Lorient, en Francia.

É un dos festivais de música folk máis importantes do mundo, e terá lugar en agosto no país veciño, Francia.

Non vos perdades a oportunidade de ver a este grupo actuando no DÍAS DAS LETRAS GALEGAS para todos nós!

+QLibros 2019

Miniatura Noticia

Dende o Concello de Dumbría, continuando na liña de promoción e
dinamización cultural no que vimos traballando desde fai décadas, achegamos un ano máis á veciñanza o programa + Q Libros.

Dende o 20 de abril ata o 17 de maio, unindo o día do libro co día das
Letras Galegas, imos celebrar unhas xornadas de portas abertas nas
bibliotecas para desfrutar destes espazos públicos dende outra perspectiva.
Durante estes días poderás participar de espectáculos de títeres, maxia e
música tradicional, dunha solta de libros e de obradoiros de cociña e maxia.

> 20 abril_17:30 h_Instalacións do Conco - Dumbría.
Maxia: Espectáculo e obradoiros de maxia para nenos/as. Entrada de balde.

> 23 abril_Casas Culturais, Centro médico e Albergues do concello de
Dumbría.
Solta de libros._ Dentro da iniciativa Libros Libres da Deputación da Coruña,
celebraremos o Día do Libro, co agasallo simultáneo de libros en diferentes
espazos municipais:
 Centros de saúde ás 11:00 h.
 Albergues municipais e Casas Culturais ás 18:00 h.

DACCultura #LibrosLibres

> 27 abril_17:30 h_Edificio Bitácora do Ézaro.
Títeres. Un diaño na maleta. Espectáculo de títeres para o público infantil e
familiar. Entrada de balde.

  • Q Libros - 2019
    “Xornadas de Obradoiros e Actividades nas Bibliotecas”

> 4 maio_17:30 h_Casa Cultural de Berdeogas
Obradoiro infantil de cociña.
Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data
límite: 2 maio. De balde.

> 11 maio_17:30 h_Casa Cultural de Buxantes
A Roda dos xogos + Obradoiro infantil de cociña.
Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data
límite: 9 maio. De balde.
Actividade enmarcada na Rede Cultural 2019 da Deputación da
Coruña.#DACCultura

> 17 maio_17:30 h_Casa Cultural de Olveira
Letras Galegas. Celebraremos este día rodeándonos de música tradicional e
letras. Nuns días informaremos máis e mellor sobre esta celebración.
De balde.

As bibliotecas en Dumbría son +Q libros.
#Dumbríaécultura

Actividades tecnolóxicas no CEIP Santa Eulalia de Dumbría

Miniatura Noticia

O Concello de Dumbría está levando a cabo actividades tecnolóxicas para todos os nenos do CEIP Santa Eulalia de Dumbría tanto en infantil como en primaria.

Para os máis pequenos ( de 3 a 5 anos) robótica con #Beebot, realidade aumentada, montaxe de engranaxes e #minecraft; e para os de primaria robótica con arduino e programación3d con kodu.

Dumbría é pioneira en alfabetización dixital, dotando con aulas de ordenadores e cursos de informáica en todas as casas de cultura.

Queremos que os nosos pequenos, sexan os primeiros en coñecer e aprender con estas ferramentas que xa forman parte do entorno dixital no que vivimos. 

Outra #educación é posible!

#Dumbríaécultura #alfabetización #educación #educaciónpública #Dumbría #programación #3D 

Actividades tecnolóxicas No Ceip Santa Eulalia de Dumbría

Letras galegas 2019

Miniatura Noticia


O Día das Letras Galegas é unha celebración instituida en 1963 pola
Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que
destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou pola
defensa da devandita lingua.

Cada ano dedícase a unha
personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo
en conta que se esixen polo menos dez anos dende o seu falecemento.
Dende a instauración desta celebración cultural, soamente en 1998
houbo unha dedicación conxunta a tres poetas medievais: Martín
Codax, Xohán de Cangas e Mendinho, famosos polas súas cantigas.
A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en
tal día como ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da
obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do
"Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego. Esta data é
oficialmente festivo na comunidade galega dende 1991.
Neste ano 2019, a figura homenaxeada é Antonio Fraguas Fraguas,
escollido pola Real Academia Galega con dezaseis votos a favor fronte
a oito que tiña a candidatura de Ricardo Carvalho Calero.


O académico que encabezou a candidatura gañadora, Francisco
Díaz-Ferros, erixiu ao historiador e xeógrafo como unha "figura do
galeguismo", referente "xa non só polo seu talante ético de defensa
permanente do galego, senón pola súa capacidade de transmitir estes
sentimentos a todo o mundo". Ademais, destacou os máis de 300 libros e
traballos que desenvolveu Antonio Fraguas, unha "obra importante e de
densidade" na que mostrou un galego "tan particular, tan auténtico, tan
sinxelo e tan cariñoso" que "non houbo ninguén, quizais, que o fixese
desa forma tan persoal e directa" expresou. E é que Antonio Fraguas,
segundo o académico, recuperou "a voz do pobo": "Chegou no
momento preciso para recoller os alicerces da nosa cultura, o noso
mundo, o mundo campesiño que xa estaba a desaparecer".

Nas bibliotecas de Dumbría podes ver o material bibliográfico do homenaxeado así como unha mostra de cartelería editada pola Xunta de Galicia na que se explica a súa traxectoria profesional e persoal.

Historias de Dumbría

Miniatura Noticia

Os rapaces que asisten as clases de informática de Dumbría quixeron compartir con nós, no Día das Letras Galegas, un fermoso traballo das historias que escoitan na casa., ou inventada por eles mesmos.

Creatividade sen límites dos nosos pequenos.

A primeira vez: Talía Teatro

Miniatura Noticia

 Dende fai anos Talía Teatro caracterízase por ser unha compañía cun amplo repertorio. O autor deste espectáculo é un autor contemporáneo da nova escena europea, Michal Walczak.

‍‍ "A PRIMEIRA VEZ" é un drama disfrazado de comedia.

Día: Venres 31 de maio de 2019

Hora: 21:30 h

Lugar: Auditorio da Casa de Cultura de Olveira, en Dumbría

⚠ PÚBLICO: +13 ANOS !!!

ENTRADAS-INVITACIÓNS:
De balde ata completar aforo.
Con antelación: nas Casas Culturais e/ou nas Oficinas Municipais do Concello de Dumbría a partir do luns 27.

 SINOPSE:
É a décima vez que soa o teléfono na metade da noite. Despois de atravesar a cidade horriblemente iluminada, no medio da chuvia, deambular entre bloques de vivendas, atopar o edificio, a escaleira, o piso e a porta ..., el e ela confróntanse para trazar o itinerario da súa primeira vez.

A primeira vez conta, polo tanto, a primeria relación amorosa de Mada e Carlos. Unha relación baseada na planificación exhaustiva dun primeiro encontro perfecto, coidado e medido ata o último detalle, pretendendo converter esa mitificada primeira vez en ideal, tendo que sacrificar a súa verdadeira emoción para acadar unha verdade ensaiada, teatralizada, polo tanto falseada.

👥

 REPARTO:
Intérpretes: María Ordóñez e Toño Casais.
Escenografía e iluminación: Dani Trillo.
Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro.
Espazo sonoro: Diego Rey.
Deseño gráfico, fotografía e vídeo: Rubén Prieto.
Producción: Artur Trillo e Auri Ferreiro.
Axudante de dirección: Martina Cambeiro.
Versión e dirección: Artur Trillo.

🎫

 ENTRADAS-INVITACIÓNS:
De balde ata completar aforo.
Con antelación: nas Casas Culturais e/ou nas Oficinas Municipais do Concello de Dumbría a partir do luns 27.
Taquilla: abrirase 30min antes da función.

Sinte Dumbría: guía para VIVIR DUMBRÍA

Miniatura Noticia

Queridos veciños e veciñas de Dumbría, quero darvos as GRAZAS
por axudarme a construír a Dumbría da que hoxe desfrutamos todos.


O que tedes nas mans é unha guía para SENTIR e VIVIR Dumbría;
nela atoparedes tódolos servizos e actividades á vosa disposición.
Seguide a facer uso deles, están feitos para vós.


Conseguimos unha Dumbría do século 21, un concello dinámico e unido,
e somos un referente na Costa da Morte. Durante anos traballamos duro
na creación de proxectos que dotasen de instalacións e infraestruturas
necesarias para levar a cabo tódolos servizos dos que hoxe gozamos.
Traballamos pola sanidade, os nosos maiores, os cativos, as familias, o
emprego, a cultura e o deporte; e conseguimos GRANDES TRIUNFOS
en tódolos proxectos que levamos a cabo, porque estamos unidos e
afrontamos o futuro sempre coa ILUSIÓN do primeiro día.


Apúntate ás actividades que máis che gusten, fai uso dos servizos
que precises, desfruta de cada recuncho coidado do Concello; e,
sobre todo, VALORA o que GAÑACHES e COIDA del para os que
veñen detrás.


GRAZAS POR FACERME SENTIR DUMBRÍA,
POR SENTIRME ORGULLOSO DESTE FERMOSO CONCELLO.

Preme no enlace para descargar a GUÍA SINTE DUMBRÍA 2019