Ir o contido principal

Entroido 2019

Miniatura Noticia


O entroido de Dumbría 2019 estivo chea de música, parodia, cor e diversión coa participación das seguintes comparsas:

-Airiños do Conco ( comparsa municipal)

  • Caretos pola inclusión de Aspadex de Cee
  • A casa de papel de Camariñas
  • Os enjominados de See
  • Os majaretas de Muxía
  • O billar da Ponte de Camariñas
  • A costa da Caramiña de Camariñas
  • O mundo japonés da Ponte do Porto
  • Os Trotamúsicos de Fisterra
  • Os da Charca de Fisterra
  • Os astronautas de Santa Comba
  • Reunión de Sojras de Negreira

Os premiados no concurso foron:

Primeiro premio para OS DA CHARCA de Fisterra

Segundo premio para OS TROTAMÚSICOS de Fisterra

Terceiro premio para A COSTA DA CARAMIÑA de Camariñas.

O premio individual é para A dama de aluminio.

Noraboa a todos e #gracias a tódalas comparsas e público que asististes ó entroido de #Dumbría!

Podedes ver o album completo de fotos en https://www.facebook.com/pg/ConcelloDeDumbria/photos/?tab=album&album_id=2070025449713667

Do interior á Fervenza do Ézaro. Andaina do Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

Qué mellor xeito de coñecer, de descubrir, de percorrer cada recuncho do teu entorno que “pateándoo”. Así é cómo naceu este Circuíto de Andainas “Coñece a Costa da Morte”, que poñen en marcha varios concellos da comarca. Ríos, mar, montes, montañas, penedos, muíños, natureza… agárdante nesta serie de rutas de sendeirismo aptas para todos os públicos.

Unhas andainas que superan os 300 participantes, sendo a meirande parte da zona. Cada xornada é unha festa do sendeirismo popular.

👣 CALENDARIO

MARZO:
Sábado 30: Cee "Camiñando entre regatos e muíños esquecidos".

ABRIL:
Sábado 6: Muxía "Un paseo pola Costa"
Sábado 13: Vimianzo "Camiño Mariano".

MAIO:
Sábado 4: Dumbría "Do interior á Fervenza do Ézaro".
Sábado 11: Camariñas "Camiñando entre a Ribeira e o Monte".
Venres 17: Corcubión "De ruta polo igrexario".
Sábado 25: Fisterra "Fisterra dende o Aire".

XUÑO:
Sábado 1: Mazaricos "Subida ao monte da Ruña".
Sábado 8: Ponteceso "Miradoiro de monte Faro".

As distancias das andainas poderán variar entre os 10km e os 15km, os horarios son para todas o mesmo, comezarán ás 10:00h e rematarán aproximadamente ás 14:00h.


✍ INSCRICIÓN

Para participar na actividade é necesario anotarse no teu concello, ou se non es de ningún, en calquera dos concellos participantes.

O prazo de inscrición rematará o xoves previo a cada actividade. Cada Concello, facilitará un autobús para o desprazamento dos sendeiristas sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. O programa de andainas é gratuito para os participantes.

Recoméndase o uso de roupa e calzado axeitados para a actividade, así coma levar unha mochila con auga e un pequeno avituallamento para o percorrido.

#DumbríaéDeporte C

Fonte: Que pasa na Costa

SEMANA SANTA 2019 O Ézaro (Dumbría)

Miniatura Noticia

⚠ AVISO A VISITANTES: TURISTAS E EXCURSIONISTAS.

✔ O acceso peonil á Fervenza do Ézaro estará aberto.
⛔ Non poderán acceder autobuses nin autocaravanas ata a fervenza. Contarán cunha zona habilitada, de carga e descarga, na estrada principal.
✋ O acceso en vehículo estará regulado por membros de Protección Civil de Dumbría. Haberá determinados momentos nos que o acceso estará cortado, en función da afluencia de visitantes, tendo que aparcar nas inmediacións.
💡 NON haberá espectáculo de iluminación da Fervenza do Ézaro esta Semana Santa por mor das obras.

Desculpen as molestias que as obras da construción da pasarela accesible poidan ocasionarlle.

Pregamos difusión desta información. Así como paciencia durante o periodo que duren as obras. Se todos poñemos da nosa parte, a obra rematará antes. Grazas pola súa amabilidade!

⚠ AVISO A VISITANTES: TURISTAS Y EXCURSIONISTAS.

✔ El acceso peatonal a la cascada Fervenza do Ézaro estará abierto.
⛔ No podrán acceder autobuses ni autocaravanas hasta la cascada. Contarán con una zona habilitada, de carga y descarga, en la carretera principal.
✋ El acceso en vehículo estará regulado por miembros de Protección Civil de Dumbría. Habrá determinados momentos en los que el acceso esté cortado, en función de la afluencia de visitantes, teniendo que aparcar en las inmediaciones.
💡 NO habrá espectáculo de iluminación de la cascada Fervenza do Ézaro esta Semana Santa debido a las obras.

Disculpen las molestias que las obras de construcción de la pasarela accesible le puedan ocasionar.

Rogamos difusión de esta información. Así como paciencia durante el período que duren las obras. Si todos ponemos de nuestra parte, la obra finalizará antes ¡Gracias por su amabilidad!

#DumbríaéTurismo #DumbríaAccesible #DumbríaParaTodos

Andaina 2019 do Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

Andainas "Coñece a Costa da Morte" 2019

Anótate no Concello de Dumbría 981744001 antes do 2 de maio ás 13h

Día da andaina: 4 de maio de 2019

Saída: Xestosa. 10:00 h

Remate: Fervenza do Ézaro

Distancia: 15 km aprox.

Altitude máxima: 434 m (s.n.m.)

Tipo de Roteiro: Lineal

Descarga inicial de buses: 42º57´30.0"N - 9º0.5´25.3"W ( En Xestosa, Buxantes)

Carga final de buses: 42º54´33.3"N - 9º0.7´44.1"W ( No Ézaro)

Roteiro lineal cunha lonxitude total de aproximadamente 15 km. Con saída desde o lugar de Xestosa, na parroquia de Buxantes.
Desde este punto sairemos en dirección ao río Xallas para divisar, preto da saída, a devesa de Anllares.
Camiñaremos ao carón do río Xestosa, que desemboca no primeiro a través dunha fervenza.
Chegaremos ás Teixoeiras, lugar onde se atopa un conxunto de vivendas consideradas das máis antigas do concello (s. XVII). Os teitos destas construcións son d lousas graníticas. A uns 1.400 m cara o río atópase o castro das Teixoeiras.

A parada para o avituallamento realizarase no merendeiro do
río San Crimenzo (aprox. km 7). Este río ten unha lonxitude de 3.6 km e desemboca no encoro de Santa Uxía.

Unha vez reanudemos a marcha, afrontaremos a subida cara o
parque eólico de Miñóns, para dirixirnos cara o Ézaro.
Desde aí encararemos en baixada a xa mítica rampa de cemento, cun 30% de desnivel, convertida nos últimos anos nun punto de peregrinación do mundo do ciclismo, pola que pasou en tres ocasións o pelotón da Vuelta a España, dúas delas en final de etapa.
O final do percorrido sitúase na fervenza do Ézaro.
O Xallas, coñecido como río Ézaro no seu último tramo, precipítase directamente ao mar en forma de fervenza, salvando un desnivel de 40 m. A forza das súas augas orixinou debaixo dela un pozo duns 16 m de profundidade.

Frei Martín Sarmiento, na súa viaxe ata estas terras, abraiado pola súa maxestuosidade, describiuna como unha "catarata prodigiosa".
Dise tamén que os viquingos situaron no estuario do Ézaro un
estaleiro onde reparaban as súas naves, durante a invasión
normanda.

Díptico completo da Andaina

#DumbríaéDeporte

Andainas Coñece a Costa da Morte

⚠ AVISO ⚠

Miniatura Noticia

ILUMINACIÓN FERVENZA DO ÉZARO - SEMANA SANTA 2019

Para que a Fervenza do Ézaro sexa accesible para todo tipo de visitantes é preciso construir unha pasarela que evite ter que empregar as escaleiras actuais.

Como este ano, 2019, vaise levar a cabo a construcción da pasarela accesible NON haberá iluminación nocturna da Fervenza do Ézaro en Semana Santa para poder garantir a seguridade dos usuarios.

Unha obra necesaria para todos, que implicará un cambio en relación ao evento de iluminación este ano, pero que suporá un antes e un despois para todos e cada un de vós.

#DumbríaéTurismo #DumbríaAccesible

#DumbríaéDeporte

Miniatura Noticia

Ao longo de todo o ano, o Concello de Dumbría ofréceche unha ampla variedade de actividades de carácter deportivo para que elixas a que mellor se adapte ás túas necesidades e horarios. Goza do deporte durante os 365 días do ano.

Ximnasia de mantemento, zumba, fútbol, voleibol, ciclismo, piragüismo e actividades dirixidas Dumbría-DAFIT son as propostas deportivas que ofrece o concello.

En canto ás instalacións deportivas, o Concello de Dumbría conta co Polideportivo Municipal do Conco en Dumbría, o Campo de Slalom Olímpico do Couquiño en Olveira, o Ximnasio Municipal de Olveira, a Pista de Pádel do Ézaro, as Pistas Polideportivas descubertas nas parroquias do concello e de forma eventual, nos meses de xullo e agosto a praia do Ézaro dispón de 3 campos de volei praia.

Ademais, o Concello de Dumbría dispón de escolas deportivas de fútbol, voleibol, ciclismo e piragüismo para que non haxa excusa á hora de practicar deporte na Costa da Morte!

#DumbríaéDeporte

Feliz 2019

Miniatura Noticia

SINTE DUMBRÍA, sinte a súa natureza, o seu amor polo deporte, pola cultura, polas festas, polos detalles máis pequenos que fan TAN GRANDE este CONCELLO.

Síntea no corazón, Dumbría, un SENTIMENTO. https://youtu.be/a4fqj2jvlAs

EVENTOS DEPORTIVOS

Miniatura Noticia

Ademais das actividades deportivas que o Concello de Dumbría ofrece a longo de todo o ano, tamén ten eventos anuais que xa son un clásico e un referente na Costa da Morte, son eventos a nivel nacional e internacional do mundo do deporte. Pensandos para todos!

FÚTBOL

PESCA

SLALOM e KAIAK

VOLEIBOL

SALVAMENTO e SOCORRISMO

CICLISMO

#DumbríaéDeporte

Baby Class Dumbría Speaks

Miniatura Noticia

Mañá sábado día 12 de xaneiro retomamos o #DumbríaSpeaks.

Achégate ó Conco e aprende a falar inglés desde o primeiro día, con profesores nativos e a calquera idade

E abrimos grupo para nenos e nenas menores de 3 anos! Anótate chamando ao 981744001. As clases son de balde.



QUE É DUMBRÍA SPEAKS?

Situado no Conco, DUMRÍA SPEAKS é un espazo de comunicación, aprendizaxe e dinamización en lingua inglesa. Un espazo para falar, xogar, divertirse e escoitar música ou ver películas. Un espazo para tomar un café…de idiomas.

Para pais, para bebés, para nenos/as pequenos e maiores. Un espazo para empresas, traballadores ou persoal desempregado. Un espazo para mozos, estudantes, emprendedores ou amas de casa.

O inglés é a lingua do futuro e só aquelas persoas que poidan comunicarse de xeito fluído neste idioma terán posibilidades de éxito.

No concello de Dumbría somos conscientes diso, por iso poñemos en marcha este proxecto de inmersión lingüística en inglés; DUMBRÍA SPEAKS é un ESPAZO PARA TODOS.





QUE VAS APRENDER?

Persoal nativo en lingua inglesa que ofrece clases de speaking cunha metodoloxía propia, para falar inglés desde o primeiro día.

– Se necesitas falar o básico para comunicarte no teu negocio.

– Se queres nocións básicas para poder atender ao público neste idioma.

– Se queres introducir os teus fillos neste idioma desde pequenos e que o poidan aprender como a súa lingua propia.

– Se vas viaxar ao estranxeiro ou se tés unha entrevista de traballo.

– Se xa sabes o idioma e queres falalo con outros que tamén o saben.

Cursos de Cociña

Miniatura Noticia