Ir o contido principal

Biblioteca Humana: Isaura Fernández Pérez

Miniatura Noticia

Biblioteca humana é un proxecto do Concello de Dumbría para visibilizar persoas do noso Concello. A finalidade é compartir coñecemento desde diferentes disciplinas e idades, dar valor ó potencial humano que temos e servir de inspiración para outros. Persoas anónimas, profesionais de diferentes ámbitos ós que lle poñemos un pequeno altavoz para que nos conten, dende o seu punto de vista, cousas do noso concello.

E iniciamos esta andaina entrevistando a Isaura Fernández Pérez

Naciu en Dumbría  no 1975, está casada e é  nai dun neno e dunha nena. Estudiou no no Colexio Público de Dumbría 1982-89 e seguiu os seus estudos de Bacharaleto e  COU en Santiago de Compostela no 1989-1993.

6 anos máis tarde; entre 1993-1999 Licénciase en Medicina e Ciruxía polaUniversidade de Santiago de Compostela.  Obtivo o título de Especialista en Oncoloxía Médica  no 2004 e o Título Europeo de Especialista en Oncoloxía médica no 2005.

Exerce dende 2005 como especialista en Oncoloxía médica no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (hospital Álvaro Cunqueiro) e dende 2011 tutora de residentes de Oncoloxía médica do o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo(hospital Álvaro Cunqueiro).

Na actualidade segue estudiando no tratamento e investigación do cancro de mama, tumores xinecolóxicos, tumroes cerebrais e melanoma.

Forma parte dos grupos cooperativos nacionais : GEICAM (grupo español de Investigación en Cancer de mama) GECOD (Grupo españold e cancer de origen desconocido) Grupod e estudio de Trombosis de SEOM GEICO( grupo español de investigación en cancer de ovario y tumores gineclógicos)SEOM (sociedad española de Oncología médica).

Un impresionante currículum, pero ela é unha muller que non presume, nin se vanagloria do seu currículum nin  nos seus títulos; accesible, amena, familiar. Unha muller de aquí, de Dumbría.

Cal é a túa relación co Concello de Dumbría?

Meus pais viven en Alvarellos, na parroquia de Berdeogas; e a maioría da miña familia tanto paterna como materna viven no concello, polo tanto teño unha relación especial coa xente que vive aquí. Moitos dos meus amigos da infancia viven tamén aquí.

Onde estudiantes?

Pois foi unha das etapas máis bonitas da miña vida, onde aprendin un montón de cousas, non solo académicas, lembro ainda profesores que marcaron a miña forma de pensar posteriormente. Daquela había moitos nenos no Colexio . O que si teño claro e que cando cheguei a santiago o meu nivel académico era incluso superior ao de nenos da cidade.

Qué lembras do teu paso polo colexio de Dumbría?

Pois foi unha das etapas máis bonitas da miña vida, onde aprendin un montón de cousas, non solo académicas, lembro ainda profesores que marcaron a miña forma de pensar posteriormente. Daquela había moitos nenos no Colexio . O que si teño claro e que cando cheguei a santiago o meu nivel académico era incluso superior ao de nenos da cidade.

Sentisteste nalgún momento en inferioridade por ser dunha aldea rural como Dumbría?

Como dixen antes, o meu nivel académico era moi bo. Así que eu nunca me sentín inferior aos nenos da cidade.

Qué opinas das infraestructuras, servizos ou espazos do Concello?

Pois é un dos concellos con maior infraestructura que eu coñezo, actualmente traballo en Vigo e vivo en Pontevedra, e Dumbría non ten nada que envexarlles, conta con espazos verdes, un cuidado especial das aldeas, e conta con importante desenrolo de actividades deportivas, e de maneira gratuíta,  en este sentido tiñan que aprender moitos concellos de maior envergadura,  así como espazos de lecer como pode ser  a carballeira de Berdeogas.

Cal é o lugar ou espazo que máis che gusta de Dumbría?

Probablemente que nos demos conta do valor do que temos, da xente de valía que temos e de que vivir en Dumbría ten ventaxes, e desta maneira non haxa tanta “fuga de rapaces novos” a outros pobos de arredor como Cee, Vimianzo..

E o que menos?

[ Non se lle ocurre ningún]

Cal é o recurso máis valioso que temos no noso concello e aínda está sen explotar?

Probablemente que nos demos conta do valor do que temos, da xente de valía que temos e de quevivir en Dumbría ten ventaxes, e desta maneira non haxa tanta “fuga de rapacesnovos” a outros pobos de arredor como Cee, Vimianzo..

Gústache a túa profesión?

Pois a verdade e que é a miña paixón, encántame ser médico dende ben pequena, e actualmente a miña especialidade : oncóloga.

Gústameencontrar un caso e buscarlle solución, ademáis a especialidades inclúe unha parte de investigación clínica que supón unreto, pois o cancro supón a gran pandemia do século XXI , estímase que ⅓ varónse ¼ mulleres vamos a sufrir un cancro ao longo da vida, así que temos moitotraballo por facer.

- Dalle un ( ou varios) consellos a nosa veciñanza para  cuidar a saúde.

Se teño que dar consellos  empezaría por hábitos de vida saudables ,pois é o quemáis nos axuda a previr o cancro: exercicio diario, comer san (tipo dietamediterránea) e evitar hábitos tóxicos ( como o tabaco, que causa o 80% doscancros de pulmón, e sobre todo en mulleres , que estamos vendo agora unaumento da incidencia pola incorporación deste hábito no xénero fenemino fai unpar de décadas)

- O cancro é un tema que nos preocupa a todos, queremos evitalo...existe algo que podamos facer para evitar a súa aparición?

- Se temos alguén cerca que está pasando por un momento delicado de saúde ...cómo podemos axudar  a que se sinta mellor?

Estando cerca del e acompañalo no que necesite, saber que a familia e amigos están para axudalo e intentar non atosigalo, falar do tema se o necesita e respectar os silencios.

Dende o punto de vista profesional a mellor forma de axudalo e dando a maior información de forma clara e concisa, explicarlle o positivo e o negativo da enfermidade e estar cando o paciente che necesita.


Volvendo a Dumbría  Gustaríache vivir aquí?

Claro que me gustaría  a nivel personal sen dúbida, o problema é que a miña especialidade solo se exerce en Hospitales de Terceiro nivel. De todos xeitos nas rías baixas tampouco se vive mal .

- Queremos visibilizar a personas do noso Concello, de tódolos ámbitos e profesión. Ti eres a primeira de este proxecto. Dinos 2 persoas que sacáramos á luz con este proxecto

Dumbría en negro contra as violencias

Miniatura Noticia

Segundo ONU Mulleres, o 35% das mulleres do planeta sufriron violencia física e/ou sexual por parte do seu compañeiro sentimental ou violencia sexual dunha persoa distinta deste nalgún momento da súa vida. No Estado español, desde o 2003 foron asasinadas case 1000 mulleres e no que vai de ano a violencia de xénero rematou coa vida de 43 mulleres, 3 delas en Galicia.

En resposta a esta realidade o CONCELLO DE DUMBRIA sumase á campaña EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS, un compromiso político que busca a implicación social e que amosa o seu rexeitamento a todo tipo de violencias machistas.

sumase á campaña EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS, un compromiso político que busca a implicación social e que amosa o seu rexeitamento a todo tipo de violencias machistas.

O compromiso social contra a violencia machista é imprescindible para acabar de forma definitiva con esta lacra, por isto, facemos un chamamento a todas as organizacións e persoas comprometidas e implicadas a participar no acto de denuncia en torno a este día, a recoñecer a responsabilidade que temos as institucións e o conxunto da sociedade no mantemento desta realidade e a visibilizar e recoñecer a todas as mulleres que están nesta situación, evitando sempre a súa revitimización.

Esta situación é insostible para calquera sociedade que se considere democrática, pois estamos a falar do máis elemental dos dereitos humanos, o dereito á vida.

#violenciamachista #ennegrocontraaviolencia #dumbriaennegro 

Teatro en Decembro

Miniatura Noticia

CASA DE CULTURA DE OLVEIRA

Día 6 de decembro de 2018 ás 17:00  H   representarase a obra "Rosa Caramelo" de Talía Teatro. Público Infantil. ENTRADA DE BALDE

Día 7 de decembro de 2018 ás 21:00  H.  representarase a obra "O servidor de dous amos" de Talía Teatro. + de 13 anos. ENTRADA DE BALDE

#Dumbríaécultura #Dumbríaéteatro 

O dolmen da Pedra da Arca

Miniatura Noticia

O Dolmen de Pedra da Arca tamén se coñece como de Regoelle. Encóntrase no lugar de Regoelle, parroquia de Olveira, e está situado unha metade no termo municipal de  Dumbría e a outra metade en Vimianzo.

Dolmen Pedra da Arca. Autor da Foto:Ángel M. Felicisimo

Ten forma poligonal cun corredor de entrada orientado ao SE. A cuberta ten unhas dimensións de 4,7 x 3,1 m. Segundo o estudo realizado por un equipo alemán a cuberta foi traída, non se sabe como, do lugar de Brandoñas, situado a un 5.5 km do lugar.


A Pedra da Arca atópase nun bo estado de conservación , conservando boa parte dos ortostatos orixinais. A cámara principal é poligonal e mantén cinco grandes pedras que sosteñen unha gran laxa ovalada. Unha dos ortostatos verticais conserva unha pequela decoración en forma de gravados. O monumento conta mesmo con corredor de acceso que se divide en dous tramos cubertos con senllas laxas.

O dolmen atópase sinalizado e para chegar ata a el é necesario atravesar un bo tramo dunha pista de terra. No Rego dás Touzas poderemos ver unha mostra de arquitectura tradicional en forma dun muíño de auga. Cabe destacar a toponimia do lugar en referencia con este monumento megalítico. Así atopamos nas inmediacións nomees como Pedras do Altar, Casa dá Moura, Pedra da Arca ou Gándara dá Osa.

É o dolmen de maior tamaño e mellor conservado da comarca de Fisterra.

O historiador local Modesto García Quintáns publicou un interesante artigo do dolmen que podedes ler en: http://quepasanacosta.gal/o-modesto-patrimonio-o-dolmen-da-pedra-da-arca/?fbclid=IwAR0fjAzy-ho42ZSR-N5pYYkyFzIzh4S7rndYPN3vbPOYnPzlUa3LGi0lTdQ.

Máis información en: https://www.galiciamaxica.eu/galicia/a-coruna/pedraarca/

A Ermida da Nosa Señora das Neves en Buxantes

Miniatura Noticia
 

Localización

Parroquia: Buxantes (San Pedro) Lugar: Figueiroa 15151  Dumbría - A Coruña
Coordenadas: 42º 58' 46.9" N - 9º 07' 36.9" W

Descripción

Construída a finais do s. XV, sofre unha reconstrución en 1780. Santuario de estilo románico - neoclásico. Consta dunha soa nave con presbiterio de planta rectangular. A ábsida cóbrese cunha bóveda de canón corrido en cantería e a nave con tellado a dúas augas. Conta cun pequeno rosetón situado sobre a porta principal de entrada, moi usado na arquitectura románica e gótica polo que cabe pensar que se trata dunha peza da capela primitiva. No muro norte exterior obsérvase unha porta e un altar que facía de capela ao aire libre para as grandes concentracións relixiosas e as romarías. A fachada principal segue un esquema pentagonal: unha porta de luz rectangular, un van de reducidas dimensións tamén rectangular e unha espadana con dous arcos de medio punto peraltados que acollen ás campás.  Está situada no itinerario do Camiño de Santiago  cara a Fisterra.

Acceso

Desde a capital municipal, dirixirse cara o SE por a estrada DP-3404 en dirección Serra de Outes, logo virar á dereita collendo a DP-2302 entrando así na parroquia de Buxantes. Máis adiante, virar de novo á dereita dirección lugar de Figueiroa e continuar pola pista que conduce ao Santuario das Neves de Buxantes.
Arquitectura relixiosa: Esta capela, situada na parroquia de Buxantes, forma parte do itinerario relixioso que conducía aos peregrinos desde Santiago de Compostela a Fisterra. Este lugar era tamén un punto de encontro dos romeus que desde as Rías Baixas dirixíanse a Muxía. Está situada nun lugar natural coñecido como “Fonte Santa”. Nas inmediacións celebrábase unha feira mensual que reunía a xente da comarca. Foi visitado no ano 1607 polo arcebispo de Santiago Jerónimo do Hoyo. Preto da igrexa existía unha pequena aldea e un lugar de hospedaxe de peregrinos que foron destruídos na Guerra da Independencia. A Ermida da Virxe das Neves de Buxantes, é un templo antiquísimo de liñas sinxelas na súa construción e cuxo trazo máis característico é un altar pétreo situado nun dos laterais para celebracións ao aire libre. Consta dunha soa nave con presbiterio de planta rectangular. A ábsida cóbrese cunha bóveda de canón corrido en cantería e a nave cóbrese con tellado a dúas augas sobre cimbras de madeira. Como é habitual, posúe unha sancristía pegada á ábsida no muro norte. Chama a atención o pequeno rosetón situado sobre a porta principal de entrada, moi usado na arquitectura románica e gótica polo que cabe pensar que se trata dunha peza da capela primitiva. A súa función era a de iluminar o templo. Ao mesmo tempo, a súa situación espacial tiña que cumprir a crenza de que no solsticio de verán os últimos raios de sol tiñan que iluminar o altar. Na Ermida das Neves esta condición cúmprese matematicamente; ás 21:45 h do día 21 de xuño (solsticio de verán), os últimos raios de sol cóanse polo rosetón para incidir sobre o Sagrario como a luz dun faro. No muro norte exterior obsérvase unha porta travesera e un altar que facía de capela ao aire libre para as grandes concentracións relixiosas e as romarías. O material utilizado na súa construción é a cantería de pedra, excepto no caso da sancristía. Con respecto á fachada principal, esta segue un esquema pentagonal. De abaixo a arriba organízase mediante: unha porta de luz rectangular, un van de reducidas dimensións tamén rectangular e unha espadana con dous arcos de medio punto peraltados que acollen as campás, ademais dun sinxelo remate formado por unha cruz no centro e dous acroterios piramidales. A súa decoración baséase en molduras moi marcadas. Como curiosidade destaca un segundo campanario no extremo leste da cuberta, dun só van sobre pilastras e rematado en acroterios de pináculos con bóla. No interior, a decoración escultórica está moi deteriorada como consecuencia do escaso uso litúrxico actual. Na actualidade, esta ermida só se utiliza durante a festa en honra á virxe, o 8 de setembro.
A Fonte Santa: Artigo de Modesto García Quintáns: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/noia/2013/09/03/fonte-santa-as-neves-buxantes/0003_201309C3C11992.htm    

A ponte do Ézaro

Miniatura Noticia
PUENTE O ÉZARO
El Pindo y O Ézaro, dos pequeñas villas marineras, tan próximas una de otra, estuvieron durante muchos años incomunicadas por carretera. A principios de siglo XX, donde hoy está el puente de O Ézaro había un servicio de barcas, el barquero se encargaba de pasar a la gente de una a otra orilla del río. La historia cuenta que una vez la barca naufragó por exceso de carga,  muriendo 17 personas. El puente que las une fue construido en 1951 y tardó más de treinta y cuatro años en ser terminado.  
O Pindo e O Ézaro, dúas pequenas vilas mariñeiras, tan próximas unha doutra, estiveron durante moitos anos incomunicadas por estrada. A principios de século XX, onde hoxe está a ponte de Ou Ézaro había un servizo de barcas, o barqueiro encargábase de pasar á xente dunha a outra beira do río. A historia conta que unha vez a barca naufragou por exceso de carga, morrendo 17 persoas. A ponte que as une foi construído en 1951 e tardou máis de trinta e catro anos en ser terminado.
 

A igrexa de Buxantes

Miniatura Noticia
IGLESIA SAN PEDRO DE BUXANTES
Características de la  iglesia: Cronología: siglos XVII-XVIII. Estilo: Barroco. Tipo de planta: en forma de cruz latina. Localización: en el lugar de A Igrexa (Buxantes). Arquitectura religiosa: Por los vestigios encontrados se sabe que la actual iglesia parroquial de San Pedro de Buxantes está asentada sobre otra antigua, orientada de saliente a poniente. El antiguo campanario debía estar situado en el Monte Sino, cerca de la actual Casa  Cultural, que también se conoce como el Camino del Campanario. Esta primitiva iglesia debió ser construida a finales del siglo X, cuando comenzaron las divisiones territoriales conocidas como parroquias y agrupadas en arciprestados. Todo lo citado con anterioridad se puede testimoniar debido al sarcófago hallado dentro de la actual iglesia, el cual a día de hoy se puede ver en el patio exterior de la misma. En la parroquia de Buxantes nos encontramos con una de las iglesias más hermosas de toda la comarca por su calidad artística. Posee una planta de cruz latina con dos capillas que conforman una estructura que tiene la función de ser el brazo del crucero. La capilla del Rosario, en el lado del evangelio, es de estilo renacentista y la capilla de Asunción, en el lado de la epístola, pertenece al estilo barroco. Se puede acceder a la nave a través de la capilla situada en el muro norte que cuenta con doble acceso: desde el interior de la nave y desde el brazo del crucero. En el muro sur se abre otra capilla que está dedicada a San Miguel, así como el baptisterio, añadidos en el siglo XVIII. Además, posee un coro alto a los pies de la nave y la  sacristía está pegada al muro sur de la iglesia. En relación a la capilla mayor, esta se cubre con bóveda de cañón de cantería y está reforzada en el centro con un arco fajón. El crucero está formado por dos arcos torales y dos formeros y se cubre con una bóveda de arista de cantería. En el exterior destaca el ciborio de planta cuadrada y con un tejado a cuatro aguas. Actualmente, la nave se cubre con una techumbre de cemento que imita a la antigua realizada en madera. Hacia los pies de la nave se levanta un magnífico coro pétreo sobre una bóveda de cañón rebajada. De esta iglesia destaca la preciosa torre del campanario, obra del autor de la Torre del Reloj de la Catedral de Santiago de Compostela, el arquitecto Ceense Domingo Antonio de Andrade. Esta torre cuenta con una altura de 21,8 metros y 35 escalinatas.

Eclesiástico

Miniatura Noticia

Aula de Natureza de VilaFernández_ Olveira

Miniatura Noticia

Localización

Parroquia: Olveira (San Martiño) Lugar: Vilafernández 15151  Dumbría - A Coruña  
Coordenadas:
42º 59' 40.2" N - 9º 00' 39.2" W
concello de Dumbría, posúe unha área recreativa no entorno do embalse da Fervenza, no lugar de Vilafernández, en Olveira.
Nela podedes encontrar un espazo natural de lecer e disfrute, con un parque infantil, un observatorio de aves máis un local para uso e disfrute de todo aquel que queira usalo, un espazo gratuito que podedes disfrutar en familia ou cos amigos e que para facer uso del só tedes que chamar ó 981744001 para reservar a data que precisedes.
Local da Área recreativa de Vilafernández

A Cruz de Cheo

Miniatura Noticia
"Esta cruz de pedra de 1,6 m. de alto, está situada a un 200 m. ao oeste do lugar de Cheo (Dumbría). Esa paraxe era coñecido como "Vos Redondos" pero máis tarde pasou a coñecerse como " Leiras dá Cruz". Está no bordo norte do primitivo Camiño Sacramental que usaban os veciños do lugar de Paradela para asistir aos actos relixiosos na igrexa parroquial. Segundo testemuño de persoas maiores neste punto faleceu unha señora do lugar de Paradela, por morte repentina, hoxe en día diriamos “infarto”, cando viña coa intención de asistir a misa. Non sabemos a data exacta deste acontecemento pero supoñemos que debeu ocorrer sobre finais do s. XIX." Texto de Modesto García Quintáns do libro "Dumbría. Historia Tradiciones y Costumbres." #Dumbríaépatrimonio