Ir o contido principal

ACTIVIDADES 2016/2017

Miniatura Noticia

Xa está aberto o prazo de incrición para as actividades deportivas e culturais do vindeiro curso. Tedes ata o 1de outubro para anotarvos tanto nas casas de cultura coma chamando ó Concello no número 981 744 001 en horario de mañá.

No departamento de Cultura ofrécense as seguintes actividades 2016/2017

Nenos



  • Informática
  • Inglés
  • Clases de apoio
  • Escola de Teatro
  • Pandeireta e baile rexional
  • Clases de gaita
  • #DumbriaSpeaks


  • Adultos
    • Informática
    • Manualidades
    • Escola de Teatro
    • Clases de gaita
    • Cursos de técnicas de busca de emprego
    • Clases de apoio para a obtención do Graduado en ESO.
    • Clases de gaita
    • #DumbriaSpeaks

    No departamento de Deportes ofrécense as seguintes actividades 2016/2017


    • Escola de fútbol
    • Club Municipal de Piragüismo
    • Escola Municipal de Voleibol
    • Escola  Municipal de Ciclismo
    • Escola Municipal de   Ximnasia de Mantemento (+ de 14 anos)
    •  Ximnasios municipais de Olveira e do Conco

    Anotádevos canto antes!!

    Presentación do novo libro de Jorge Mira e observación astronómica dende o Chan das Lagoas

    Miniatura Noticia
    O venres 26 de agosto terá lugar nas instalacións do Conco (Dumbría) a presentación do novo libro de Jorge Mira, A que altura está o ceo?, do que é coautora María Canosa e ilustra Dani Padrón.
    Será ás 21:00 h.

    Intervirán José Manuel Pequeño (alcalde de Dumbría), Jorge Mira (autor) e Santiago Garrido (xornalista).
    Ao remate do acto, sobre as 22:00h., achegarémonos ó Chan das Lagoas, para observación astronómica dirixida por Jorge Mira.

    O Concello porá un servizo de bus desde O Conco ata O Chan das Lagoas. PRAZAS LIMITADAS. Inscricións: Concello de Dumbría, teléf.: 981 744 001.

    Comparte fotos e videos de Dumbría coa etiqueta #DumbríaÉ

    Miniatura Noticia





    BASES DE CONCURSO FOTOGRÁFICO #DUMBRÍAÉ DE DINAMIZACIÓN DAS  REDES SOCIAIS, EN DUMBRÍA


    Organización:
    O titular deste concurso é o Concello de Dumbría. A finalidade de dito concurso é a promoción do Concello de Dumbría, a través das distintas redes sociais: Instagram, Facebook e Twitter. Carece de valor contractual e poderán participar todas as persoas físicas que cumplan as condicións establecidas nestas bases.
    BASES DO CONCURSO:
    1.       No concurso poden participar aqueles usuarios que promocionen e difundan o concello, realizando fotografías e vídeos representativas de Dumbría con calquera temática (patrimonio, natureza, festas, tradicións, deporte,persoas etc.) no propio concello ou fóra del e o suban ás redes sociais do concurso coa etiqueta #DumbríaÉ.
    2.       As  datas programadas de participación son dende o 29 de xullo ó 31 de agosto do 2016.
    3.       Só as fotografías que cumplan coa temática do concurso e cos requisitos especificados nestas poderán ser seleccionadas.
    4.       A participación no concurso é gratica e non require de inscripción ningunha, quedando supeditada a que o participante siga a mecánica de participación establecida nas distintas redes sociais: Instagram, Facebook e Twitter.
    5.       O concurso é valido para todas as fotografías realizadas e subidas entre o    29 de xullo e o 31 de agosto (ambos incluidos) a Instagram, Facebook e Twitter co hastag #DumbríaE.      Non se aceptarán fotografías realizadas fora desas datas.
    6.       A organización resérvase o dereito a denunciar ou pedir a eliminación da fotografía, se algunha imaxe vulnera dereitos persoais, resulta ofensiva ou discriminatoria.
    7.       Para que unha fotografía entre en concurso debe ser etiquetada co hashtag #DumbríaÉ     e compartila publicamente en Instagram, Facebook ou Twitter. As fotos que non foran etiquetadas polo seu autor con ese hashtag non participarán no concurso.
    8.       Cada participante pode subir tantas fotos como queira, dentro das datas do concurso.
    9.       O criterio para a elección do gañador será mediante a páxina de  https://www.sortea2.com/sorteos
    10.   Os concursantes ceden os dereitos de imaxe das suas fotografías para que o Concello de Dumbría poda usar dito material para promoción en calquera canle ou medio de comunicación. O premio ao que optan os participantes é de 5 lotes promocionais do Concello de Dumbría formados por productos promocionais do concello.
    11.   A Organización poñerase en contacto co gañador a través das distintas redes sociais ou polas vías o seu alcance que considere oportunas, para informar do gañador.
    12.   A participación na presente promoción supón a aceptación íntegra das presentes bases.


    PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
    Os participantes aceptan, mediante a súa participación no presente concurso, que os contidos e comentarios que vaian ser publicados nas redes sociais ou outros medios podan ser compartidos nos medios que a Organización estime oportuno. A participación nun concurso desta natureza supón a aceptación das normas das redes sociais nas que se difunde.
    Non é necesario o rexistro previo mediante inscripción algunha. O Concello de Dumbría non recollerá ningún dato para a inscripción, xa que a participación é pública. Únicamente será necesaria a recollida de datos persoais do gañador, para entrega do premio.
    RESPONSABILIDADES
    A organización resérvase o dereito de anular calquera participación ou a calquera participante, se ten sospeitas dunha manipulación incorrecta dos datos ou do concurso.
    A organización resérvase o dereito de rexeitar ou excluir da participación no concurso e en xeral da promoción de calquera participante que non reúna os requisitos descritos nas presentes bases e términos de participación ou contraleve as normas ou finalidade do concurso.
     A organización queda eximida de calquera responsabilidade no suposto caso de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impedira a súa identificación.
    Igualmente, a organización exclue toda a responsabilidade polos daños ou perxuicios de calquera natureza que puideran deberse ó uso indebido, manipulación ou mutilación que usuarios ou terceiros non autorizados poideran realizar respecto do contido xeral da presente páxina, así como da vulneración dos dereitos de propiedade intelectual que se produciran, por falta de cumplimentos das exigencias establecidas.




    XVI FESTA DA FAMILIA

    Miniatura Noticia
    Domingo, 31de xullo.


    Devesa da Lúa
    Carballeira de Berdeogas.

    Coma cada ano, desde o Concello, animámosvos a todos os veciños e veciñas a acudir a esta cita.

    "Estimadas veciñas e veciños:

    O vindeiro 31 de xullo, na Carballeira de Berdeogas, volveremos xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran FESTA DA FAMILIA.

    Quero convidarvos a todos a participar e a desfrutar da nosa entrañable festa. Unha festa na que cada ano somos máis os que acudimos a divertirnos; e na que todos xuntos, nenos, mozos e maiores compartiremos o gran espírito desta fermosa xuntanza.

    Tódolos anos amigos de Dumbría, que veñen de fóra do noso concello, anímanse a compartir con nós este día. Para os novos que desexen acompañarnos, estaremos cos brazos abertos para acollelos na nosa gran familia que é Dumbría, un lugar cheo de natureza e xente con ganas de futuro.

    Un saúdo e boa festa.

    José M. Pequeño Castro
    Alcalde de Dumbría"

    PROGRAMA:
    Lembrade que xa podedes reservar mesa e mercar os tickets nas oficinas municipais antes do 29 de xullo!

    Dumbría é festa!

    O verán en Dumbría: qué facer

    Miniatura Noticia

    Se este verán estás pola Costa da Morte, non te perdas todo o que podes facer no Concello de Dumbría.



    Actividades gratuitas e algunhas cun pequeno custo. Poderás disfrutar dunhas vacacións diferentes, con deporte, natureza e moita diversión. Aínda non sabes a onde ir?....Aquí che deixamos algunhas ideas:

    1. Visitar a Fervenza do Ézaro e coñecer a contorna 







    2. Coñecer o Monte Pindo e facer un Roteiro Guiado



    Horario de apertura

    De martes a sábado de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00. E os domingos de 11:00 a 14:00 h. nos meses de xuño a outubro.

    Este centro de interpretación é a base dun espazo protexido pola Rede Natura 2000.
    Conta con unha grande diversidade de hábitats e especies animais e vexetais de gran interese.
    Praias, dunas, marismas, acantilados, illas Lobeiras e reserva mariña. O río Xallas coa lexendaria fervenza do Ézaro, o Olimpo Celta de O Pindo coas súas esculturas naturais de granito, Punto de Interese Xeolóxico Nacional.
    Todo isto forma un dos espazos litorais máis variados da comunidade, onde o natural desborda grandeza.
    O Centro de Interpretación do Monte Pindo e Fervenza do Ezaro, na praia do Ézaro, presenta por medio de rutas, información sobre a xeoloxía, flora e etnografía destes singulares espazos naturais. O CIR conten paneis informativos, unha maqueta do monte e as 4 rutas.O edificio que acolle o CIR tamén chamado no Ezaro a Casa de Pedra, resulta axeitado e reúne certos atractivos tales como unha ubicación privilexiada, construcción tradicional e acolledora, situado na ruta de paso ao Monte Pindo e á Fervenza. Os contidos e a información que se divulga no CIR é heteroxénea, analizando o Monte Pindo dende un punto de vista etnográfico, histórico-mitolóxico, xeográfico-xeolóxico, flora-fauna e Rutas de acceso. Deste xeito a través dun soporte interactivo e lúdico móstrase a ubicación, altitude, formación, idade xeolóxica,orografía, e formacións rochosas do Monte Pindo e da Fervenza do Ézaro e a súa formación. Igualmente faise referencia mediante maquetas, paneis iluminados, pantallas, vinilos e reproducións volumétricas a todo tipo de referencias históricas, lendas e ritos ancestrais. No mesmo eido establécense o mesmo tipo de escenarios para recrear a fauna e a flora mostrando as especies máis relevantes, como pode ser a Quercus Lusitánica.



    3. No Camiño de Santiago





    Se estás no Camiño de Santiago e buscas un aloxamento, albergue ou información o Punto de Atención ao Peregrino do Hospital está aberto no seguinte horario de martes a sábado de 07:30 a 14:00h



    4. Aprender a nadar, ou darte un chapuzón


    A piscina municipal de Dumbría  está aberta. 

    O horario é de luns a sábado de 3:30 a 7:30.

    Se queres darte un chapuzón ou facer un pouco de deporte. 
     Tamén hai cursos de natación para nenos e adultos. Podes consultar os horarios chamando ao concello no 981744001



    5. Pasar unha divertida xornada facendo Kayak no Ézaro

    Se eres un amante das novas experiencias e che gusta descubrir outra forma de ver as cousas, a Fervenza en Kayak vaiche a encantar.
    Súbete a un kayak, e durante unha hora, recorreo a desembocadura do Río Ézaro polos mesmos lugares onde os Vikingos reparaban as súas naves; nun marco incomparable de beleza ós pes do Monte Pindo
    - Recorrido: Fervenza e Desembocadura do Río Ézaro
    - Material: Kayak, chaleco e remo
    - Servicios: Servicio de baño e duchas
    - Prezo: 7 Euros x persoa 
    + info no 662346927




    6. Xogar ó padel





    + info no 662346927 

    7. Participar nun campamento de verán



    Polas mañás realizaranse actividades para os nenos e nenas:

    • Cursos de natación
    • Obradoiros de manualidades, cociña, reciclaxe, experimentos,...
    • Xogos e dinámicas para o tempo libre
    • Xogos populares e de mesa
    • Actividades deportivas
    • Contacontos
    • Servizo de Bibliopiscina e acceso a internet
    Diversiónentretementoxogoaprendizaxeexercicio físicointercambio de experienciasconvivenciainteracción dos rapaces das diferentes parroquias, .... 
    Todo isto, e máis, atoparédelo este verán nas mañás estivais do Conco.


    8. Ir á Biblioteca, ler e curiosear


    As bibliotecas e casas de cultura tamén están abertos de verán. Podes acceder á biblioteca, as aulas de informática e facer uso das instalacións 

    VERÁN 2016: actividades Conco + festa fin de curso

    Miniatura Noticia
    O verán está a piques de chegar e con el as actividades programadas nas instalacións municipais do Conco.
    A piscina municipal abrirá as súas portas cos horarios de costume para o baño libre (de luns a sábado, de 15:30 h a 19:30 h)

    En xullo comezan os cursos de natación (iniciación e perfeccionamento) para adultos (polas tardes).


    Polas mañás realizaranse actividades para os nenos e nenas:

    • Cursos de natación
    • Obradoiros de manualidades, cociña, reciclaxe, experimentos,...
    • Xogos e dinámicas para o tempo libre
    • Xogos populares e de mesa
    • Actividades deportivas
    • Contacontos
    • Servizo de Bibliopiscina e acceso a internet
    Diversiónentretementoxogoaprendizaxeexercicio físicointercambio de experienciasconvivenciainteracción dos rapaces das diferentes parroquias, .... 
    Todo isto, e máis, atoparédelo este verán nas mañás estivais do Conco.

    O concello porá un servizo de transporte gratuíto para trasladar ós participantes desde as parroquias ata Dumbría.

    Xa podedes inscribirvos nas casas culturais ou nas oficinas municipais, Teléf.: 981 744 001, ata o 26 de xuño. No caso dos menores que desexen participar nestas actividades estivais, hase de entregar unha solicitude en calquera das instalacións municipais.



    E, para ir abrindo boca, e como remate deste curso, celebraremos unha 
    festa infantil na praia do Ézaro.
    Será o martes, 28 de xuño.


    Todos os nenos e nenas que queiran participar deben cubrir unha autorización e entregala nas casas culturais ou nas oficinas municipais  antes do 20 de xuño.


    DESCARGA DE DOCUMENTOS: 
    solicitude de inscrición nas actividades do verán (xullo e agosto). 
    2 autorización para a festa fin de curso (26 de xuño)

    ENTROIDO 2017 - resumo

    Miniatura Noticia

     Pois alá vai outro ano máis o noso concurso de entroido.
    Chegou o día!, dicía o cartel que nos anunciaba a súa chegada. E, efectivamente, chegou, pero marchou á mesma velocidade.
    Moitos nervios, moitas présas, moita maquillaxe, moito disfraz, moito traballo, moita dedicación,..... por parte de todos os que participastes e o fixestes posible. Pero tamén moitas risas, moitas anécdotas e moitísima ilusión.

    Desde o concello de Dumbría agradécemosvos a todos e a todas as que participastes neste entroido 2017 a vosa colaboración.

    Grazas a todo o público asistente por saír á rúa a pesares do frío, por animar ás comparsas, polo voso comportamento exemplar.

    Grazas por disfrazarvos e animarvos a participar tamén no concurso individual.

    Grazas a todos e a cada un dos membros que formaron parte das comparsas participantes no concurso porque sen vós isto non tería razón de ser. Sabemos da vosa entrega e da vosa paciencia. Grazas por alegrarnos a tarde a todos os que asistimos ó concurso.

    Grazas aos membros do xurado (Jorge Mira, catedrático de Física na USC, Santiago Garrido, xornalista na Voz de Galicia, Xosé Manuel Lema, xornalista en Adiante Galcia, e María Lema, concelleira de Cultura de Dumbría) por aguantar alí o frío con nós e por facer un labor ás veces non moi grato de ter que decidir entre tanto talento e, sobre todo, entre tantas ganas de pasalo ben e de facerllo pasar ben ao público.

    Grazas tamén a todas e todos os que velaron por que todo saíse ben ese día. Dende a montaxe do escenario, carpa, luces, son, electricidade, Protección Civil, presentador, monitores do concello,..
    GRAZAS A TODOS E A TODAS!

    E o último agradecemento (último, pero moi, moi sentido) vai para os pequerrechos, e non tan pequerrechos, de Dumbría que participan cada ano na comparsa municipal. Grazas por poñer todas as vosas ganas e ilusión porque, aínda que nunca concursades, esforzádesvos coma se estivese en xogo o máis grande dos premios. Grazas por facernos gozar a todas/os os que vos acompañamos coma se fosemos rapaces de novo. E tamén aos vosos pais, nais, avós, avoas,....que vos acompañan cada día ós ensaios e que vos axudan a confeccionar os vosos disfraces.
    Xa sabedes que vos agardamos o próximo ano!

    Tamén esperamos o vindeiro ano á comparsa Buxantes Calidade, á que onte botamos en falta e á que animamos a volver a presentar batalla despois deste ano sabático, que agardamos que vos axudase a coller folgos.

    Comparsas participantes:

    • Dumbría Chef. Comparsa municipal de Dumbría. (Fóra de concurso)


    1. Os Trotamúsicos.- Fisterra
    2. Aprechos.com .- Coristanco
    3. Las Marujas.- Vimianzo
    4. Club Tiro con arco 2x70.- Vimianzo
    5. Parrandeiros de Baíñas
    6. Mundo Picapiedra.- Cee
    7. Yo-Gures.- Comparsa de Gures
    8. Liga de Leyendas.- Ponte do Porto
    9. A Volta ao mundo en 80 días.- Camelle
    10. Os da Charca.- Fisterra
    11. Os Majaretas.- Muxía
    12. Ponte a bailar. Los Coyotes.- Ponte do Porto


    Os premiados deste entroido 2017 foron:

    1º PREMIO COMPARSAS: Os da Charca, de Fisterra.
    2º PREMIO COMPARSAS: Yo-Gures. Comparsa de Gures.
    3º PREMIO COMPARSAS: Os Trotamúsicos, de Fisterra.

    PREMIO DISFRAZ INDIVIDUAL: O home-espello, Rafael Quintáns. (Animámoste, Rafael, a que sigas participando moitos anos máis nos entroidos da Costa da Morte e que non cumpras iso de que te retiras ☻)

    Aquí vos deixamos algunhas imaxes da xornada:





    Dumbría Chef
    Dumbría Chef

    Dumbría Chef

    Dumbría Chef

    Os Trotamúsicos (Fisterra)

    Os Trotamúsicos (Fisterra)

    Os Trotamúsicos (Fisterra)

    Os Trotamúsicos (Fisterra)

    Os Trotamúsicos (Fisterra)

    Os Trotamúsicos (Fisterra)
    Aprechos.com (Coristanco)

    Aprechos.com (Coristanco)

    Aprechos.com (Coristanco)

    Mundo Picapiedra (Cee)

    Mundo Picapiedra (Cee)

    Mundo Picapiedra (Cee)
    Yo-Gures. Compasa de Gures

    Yo-Gures. Compasa de Gures

    Yo-Gures. Compasa de Gures

    Yo-Gures. Compasa de Gures

    Os da Charca (Fisterra)

    Os da Charca (Fisterra)
    Os da Charca (Fisterra)

    Os da Charca (Fisterra)

    Os da Charca (Fisterra)

    Liga de Leyendas (Ponte do Porto)

    Liga de Leyendas (Ponte do Porto)

    Os Majaretas (Muxía)
    Os Majaretas (Muxía)

    Ponte a bailar - Los Coyotes (Ponte do Porto)

    Ponte a bailar - Los Coyotes (Ponte do Porto)

    O presentador: González

    Club de Tiro con Arco 2x70 (Vimianzo)
    Os Pararndeiros de Baíñas
    Os Parrandeiros de Baíñas

    Las Marujas (Vimianzo)
    A volta ó mundo en 80 días (Camelle)


    Os Parrandeiros de Baíñas

    Entrega 1º premio comparsas: Os da Charca

    Entrega 2º premio comparsas: Yo - Gures

    Entrega 3º premio comparsas: Os Trotamúsicos

    Entrega premio disfraz individual:
    Premio disfraz individual: Home-espello

    Xurado




    ENTROIDO 2017

    Miniatura Noticia
    O domingo, 26 de febreiro viviremos un ano máis o concurso de disfraces en Dumbría.

    PREMIOS:

          1º premio comparsas: 1000 €
          2º premio comparsas: 500 €
          3º premio comparsas: 300 €

    1º premio de 150 € ó disfraz individual máis orixinal.
    Unha axuda de 150 € para tódalas comparsas participantes que non resulten premiadas no concurso.

    As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do xoves 23 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas. (Teléfono: 981 744 001)


    PROGRAMACIÓN:
    • Concentración de tódolos disfrazados/as ás 17:00 horas na porta do Concello.
    • Pasarrúas ata a Praza da Igrexa 
    • Desfile dos disfraces que queiran competir polo premio de disfraz individual máis orixinal
    • Actuación da comparsa municipal
    • Actuación das comparsas que compitan no concurso
    • Todo amenizado pola Charanga Maloserá
    • Entrega dunha bolsa de golosinas a cada neno disfrazado.
    POR OUTRA BANDA:
    Lembramos a todos os interesados/as en participar na comparsa do concello (fóra de concurso) que xa comezamos cos ensaios. Son os venres pola tarde no Conco. Máis información nas casas culturais.

    #DUMBRÍAÉENTROIDO