Ir o contido principal

CAMPAÑA ESQUÍ 2017

Miniatura Noticia
Está aberto o prazo para a solicitar a participación na campaña de esquí 2017 da Deputación da
Coruña.

Ó concello de Dumbría tocoulle a 3ª quenda, do 12/03/2017 ó 17/03/2017.

INSCRICIÓNS: No teu concello, con data límite o 23 de xaneiro de 2017.

Se o número de inscritos supera as prazas asignadas pola Deputación farase un sorteo entre os interesados.

Premede aquí para descargar a folla de inscrición.

Feliz 2017

Miniatura Noticia
O Concello de Dumbría deséxavos a todos e a todas unha boa saída de ano e unha mellor entrada no novo.

Saúde e sorte, amigos/as!

Feliz 2017!


NADAL 2016

Miniatura Noticia


E xa estamos de novo ás portas do Nadal!
Abrimos prazo de inscrición para a festa infantil de Nadal, que se celebrará o luns 26 de decembro.
Será nas instalacións do Conco.
Haberá servizo de autobús para recoller aos nenos/as polas parroquias.
A festa comezará sobre as 11:00 h e prevese que remate ás 17:00 h.
Pola mañá teremos xogos deportivos e obradoiros de manualidades. Despois de xantar continuaremos cun divertidísimo obradoiro de xogos de habilidade.
Para poder asistir é necesario cumprimentar unha autorización e entregala nas oficinas municipais ou nas casas culturais antes do 18 de decembro.

Nas Casas Culturais vanse levar a cabo obradoiros de manualidades infantiles . Podedes consultar horarios na imaxe de arriba.

E, para poñerlle un pouco de música ó Nadal, o martes, 3 de xaneiro ás 17:00 h nas instalacións do Conco, poderedes asistir ó concerto Cantarolas pra xente miúda, enmarcado nas actividades do programa FalaRedes da Deputación da Coruña.


Aproveitamos para desexarvos que pasedes unhas felices Festas de Nadal ó carón dos vosos e trasladarvos os nosos mellores desexos para o ano 2017

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Miniatura Noticia
25 de novembro, conmemórase Día internacional contra a violencia de xénero.


Desde o concello de Dumbría queremos manifestar a nosa total repulsa e a máis enérxica das condenas ante unha das evidencias máis virulentas da discriminación por razón de xénero: a violencia contra as mulleres.

Só se toda a sociedade se implica se conseguirá eliminar este tipo de violencia, que nos nosos días segue sendo un dos maiores desafíos ós que debemos enfrontarnos. 
A violencia contra as mulleres non entende de razas, culturas, etnias nin clases sociais. 

TODOS E TODAS temos a responsabilidade de actuar ante a violencia.

Todos e todas temos o deber de apoiar e manter unha entorna política e social de tolerancia cero ante a violencia contra as mulleres, no que os amigos e amigas, os familiares, a veciñanza, homes e mulleres en xeral, interveñan activamente para impedir que os autores deses actos queden impunes.

Lembrámosvos que no concello temos un servizo de información á muller ó cal podedes acudir tódolos mércores de 13:00 a 15:00 h  (PIM- Punto de Información á Muller)
O teléfono de atención a vítimas de malos tratos por violencia de xénero é o  016

#ContraAViolenciadeXénero #igualdade

CURSOS DE INFORMÁTICA CURSO 2016/2017

Miniatura Noticia
Está botando a andar un novo curso escolar, e con el os cursos de informática para adultos.
Aquí vos deixamos un cronograma coa materia que se vai abordar este ano.
Se tedes máis de 16 anos e ganas de aprender, inscribídevos nas oficinas municipais ou nas casas culturais canto antes.



Dumbríaentreliñas: Paloma Bravo

Miniatura Noticia


Paloma Bravo es autora de La novia de papá (Plaza&Janés), que fue adaptada con éxito al teatro, protagonizada por María Castro; de los relatos Tres mujeres solas (RHM Flash) y de La piel de Mica (Plaza&Janés), también representada en teatro en Nueva York. Además, publicó Los cuentos del koala (Beascoa) en 2014. Tuvo un blog en El País y ahora colabora en infoLibre. En 2016 ha publicado Solos, en editorial Alfabia.
Es periodista y escritora, aunque ella prefiere resumirlo de otra manera: “Mi mejor CV son mis amigos”, dice su perfil de twitter. Tiene un koala y cree que la poesía, el humor y el compromiso son formas esenciales de resistencia.


Paloma Bravo nació en Madrid. Estudió Derecho y Periodismo y siempre ha trabajado en la creación y gestión de contenidos editoriales y audiovisuales. La novia de papá es la primera novela que publica. La productora Ganga, responsable de la serie "Cuéntame como pasó", adaptará la novela a la televisión en una serie familiar que se estrenará la próxima temporada.


Entrevista a Paloma Bravo: https://www.youtube.com/watch?v=ZHP8h-xmR8E



Reseña de "La Novia de Papá"


Por amor, Sol, una mujer joven, moderna e independiente se ve transformada, de la noche a la mañana, en madre de dos niñas, de 8 y 11 años. La relación evoluciona hasta que un buen día la pareja toma la decisión inapelable de vivir juntos. A partir de entonces comienza una nueva vida en la que su rol con las hijas de Pablo, inteligentes, coquetas y adorablemente perversas, quedará en entredicho: ¿Vas de madrastra, de tía guay o eres solo la novia de papá?'

----


Reseña de "Solos"
Javi y Elena, en el lado malo de los cuarenta, se arrastran por su segundo matrimonio y la separación les tienta con frecuencia. Pero hoy acaban de llegar de viaje, tienen a los niños colocados y han organizado una fiesta en la que, al final, sólo aparecen dos amigos, Ana y Tomás. Ambos solteros, ambos libres. Esa noche, con los cuatro en casa, surgen los temas que nos inquietan a todos: el miedo, la pareja, la amistad, el sexo, los hijos, la decadencia, la complicidad, la muerte. Y se habla de todo en minúsculas: con humor, ternura y mucha empatía hacia unas vidas que podrían ser las nuestras.

Reseña de "La piel de Mica"

Redactar el currículum cuando acabas de ser despedida, no tienes pareja estable y sólo hace seis días que murió tu madre exige un optimismo inalcanzable, por mucho sentido del humor que se tenga. En ello anda Micaela Salazar, Mica, 38 años, periodista, divorciada, sin hijos y... huérfana. Especializada en solucionar los problemas de los demás, e incapaz de resolver los propios, con buen criterio para elegir amigos y muy malo para los amantes, está empeñada en cambiar un mundo en el que no han dejado de mandar los de siempre.   Con ironía, ternura y un punto de desgarro, Mica hace autocrítica del pasado para evitar antiguos errores y poder estrenar alguno nuevo. En primera línea de revista, su ex, sus mejores amigos, sus hermanos, sus jefes y una colección de amantes propios e hijos ajenos. Y así, palabra a palabra, va dejándose la piel y enseñando sus ilusiones, sus deseos, sus contradicciones y su única certeza: que no va a rendirse.   La piel de Mica es la incisiva, honesta, divertida, emocionante y valiente disección de una mujer. Una mujer que, como todas, es un poco especial, que, como muchas, es inconformista, y que, como bastantes, es más frágil de lo que parece y más fuerte de lo que cree, sólo que ahora, en medio de la tormenta, no puede permitirse ni un gramo de debilidad: tiene que evitar rendirse para cambiar el mundo, para cambiar su mundo. Tiene, además, que atreverse a ser feliz.


"La Novia de Papá" fue llevada al teatro y comparto aquí el enlace de 




Nos trae a la palestra esos temas tan actuales y que a las mujeres de hoy en día nos cuesta tanto resolver, como el de las familias nuevas que se forman tras las separaciones, la custodia compartida, la conciliación laboral y familiar,  la implicación de los hombres en las tareas domésticas y la educación de los niños.


Su estilo es irónico, divertido, gamberro, y esconde tanto la ternura como una profunda inteligencia.

Creo que la ficción es la mejor manera de contar la verdad.Creo en la empatía.Creo que humor es tragedia más tiempo.Creo en la piel.(Creo, también, que leer es poder.)Me gusta lo cotidiano porque lo incluye todo: el amor y el dolor, los amigos y el trabajo, la familia y la sociedad.Me gusta mi gente y me gusta la gente.Me gustan la bondad y el compromiso.Me gustan las sonrisas.(Y me gusta hacer teatro). Paloma Bravo


Sábados de primavera: actividades culturais de Dumbría para abril e maio

Miniatura Noticia



A primavera ten sabor a teatro, a títeres, a contacontos, a divertidos obradoiros en Dumbría.

Todos os sábados, desde o 22 de abril ata o 13 de maio, invitámosvos a pasar unhas tardes diferentes e divertidas nas distintas instalacións municipais. 
E, para pechar o ciclo, celebrando o día das Letras Galegas, teremos tamén unha cita en Berdeogas.

  • Sábado 22 de abril. 17:30 h. Casa Cultural de OLVEIRA. Obradoiro de marionetas.
  • Sábado 29 de abril. 17:30 h. Edificio Bitácora - O ÉZARO. Toribio de Mañón
  • Sábado 6 de maio. 17:30 h. Instalacións do Conco - DUMBRÍA. Obradoiros de Globoflexia, abalorios,...
  • Sábado 13 de maio. 17:30 h. Casa Cultural de BUXANTES. Fábulas.
  • Mércores 17 de maio. 17:30 h. Casa Cultural de BERDEOGAS. Cocorocó.


Lembrade que a entrada é de balde. Agardámosvos!


Entrevista a Xaime Trillo

Miniatura Noticia

DATOS BIOGRÁFICOS:

Xaime Trillo (Bustelo, Dumbría, 1974)

Traballou de vendedor, freganchín, camareiro, na obra civil e de traballador forestal. 
Actualmente está no paro.

Foi membro do colectivo BLAS ESPÍN e do BATALLÓN LITERARIO DA COSTA DA MORTE.  
Publicou poemas nos libros colectivos Nós (1997) e  Rumbo ás illas (1997), así como nas revistas FEROS CORVOS e ESPRESSO-M

Dende hai catorce anos forma parde do COSAL-Costa da Morte.
Anatomía da ira(Caldeirón, 2016) é o seu primeiro libro de poemas que ve a luz.


1.- Como xorde a idea desta primeira obra?
            É no verán do 2012, cando Pepa Fandiño, nese momento concelleira de cultura do concello de Cee, me chama para que participe no Agostiño cultural. Eu levo anos escribindo os poemas de Anatomía da ira, cos que participo en actos do COSAL-Costa da Morte, do que son membro, e nos da Organización Feminista BUSERANA; pero é a partir do Agostiño cultural cando decido darlle forma de libro.

2.- Canto tempo  hai que escribes?
            Con trece anos xa facía poemas. O que pasa é que cando abandonei o Batallón Literario deixei de escribir e estiven bastante tempo sen facelo. Pero nunca deixei de ser poeta.

3.- Como te sentes, xa que todo é novo para ti: presentacións, entrevistas,... ?
            Pensaba que sería con normalidade. Mais logo encontro que hai lectoras que descobren nos meus versos cousas que eu non sabía, ou das que eu non me daba conta, e, claro, fascíname. Nunca perdemos a capacidade de abraio.

4.- Cóntanos que nos imos atopar en Anatomía da ira?
 É un libro que xorde da necesidade de conxurar a infamia. Eu son militante do COSAL-Costa da Morte. E iso significa que estou moi exposto a certas cuestións: a causa palestina, a situación da muller no mundo, das multitudes asoballadas polo poder, e a cólera aflora no que escribo. É un libro político, incardinado na tradición da poesía galega internacionalista, que nos anos 70 do pasado século deu poemas espléndidos, coma o Vietnam canto de Novoneyra, o Sirventés pola destrución de Occitania, de Ferrín, e o Laio e clamor pola Bretañade Manuel María.

5.- Que é para ti a poesía, e que che aporta a nivel persoal escribir?
 Non é doado dar unha resposta. Tal vez sexa atracción polas palabras e a necesidade de expresar con elas todo o que nos asombra. A nivel persoal, teño a satisfacción de estar facendo un traballo útil. Aínda que ese traballo, a nivel social, se valore máis ben pouco.

6.- A quen admiras como escritor ou escritora?
            Hai autoras e autores que me veñen acompañando dende que era un cativo. Rosalía, Neruda, Whitman... Máis tarde sumáronse outras. Algunhas están na miña máis profunda predilección. Falo de Pimentel, Cernuda, Cunqueiro, Safo, Gamoneda, Ferrín, Lorca, Eugénio de Andrade, Vallejo, Celán, Valente, Martín Códax, Machado, Eliot, Dylan Thomas, María Mariño...
            Tamén, as últimas xeracións do país nosos agasalláronme con poemas enormes de Pilar Pallarés, Lois Pereiro ou Olga Novo.

7.- Que lles dirías á veciñanza de Dumbría para que lesen máis?
            Que os libros son fundamentais para saber quen somos. Todo o saber acumulado a través do tempo está dentro dos libros. Neles latexa a condición humana. Fannos mellores. E a nosa capacidade cognitiva mellora coa lectura.

8.- De que tratará a t úa seguinte publicación?
            Hai un novo libro de poemas ao que xa lle puxen o ramo, e que versa sobre a resistencia.

9.- Que libro hai na túa mesiña de noite?
            Se te refires ao que estou a ler agora, estou con No tempo de Follas Novas, un ensaio sobre autoras e autores de todo o mundo contemporáneos de  Rosalía de Castro. Está coordinado por Pilar García Negro.

10.- Gústache ler en dixital, ou prefires o papel?

            Prefiro papel. O que pasa que as tecnoloxías son moi dinámicas, e hai libros que antes eran inencontrábeis e agora xa non o son. Antes, cando eramos adolescentes, había textos aos que non podiamos acceder. Agora, se estás conectado, podes. E ademais tes outros soportes para publicar. Este é un logro da internet.

Dumbríaentreliñas: María Lado e Lucía Aldao

Miniatura Noticia


Empezamos esta primeira sesión de #DumbriaEntreLiñas dúas mulleres. Unha delas da Costa da Morte, da nosa zona. Din que o da poesía é un dos temas máis difíciles de plantexar nun club de lectura, pero empezamos rompendo os tópicos.
Esta semana falaremos de  María Lado e Lucía Aldao, dúas guerrilleiras da poesía actual galega. Non só escriben, tamén fan música e fannos difrutar das letras, do coñecemento e do saber, e todo dende un punto de vista distinto.

As artistas galegas Maria Lado e Lucía Aldao logran rachar con moitos dos tópicos en torno á poesía co seu espectáculo. Elas son POETAS, así con maiúsculas.

Achégovos unha serie de recursos para que vaiades visualizando e lendo nestes días, tamén podedes ler algún dos libros que teñen as autoras, se tedes a posibilidade e compartilo con nós o vindeiro xoves.
Presentación:

Video presentación :

Música e poesía:
RECURSO 1.
RECURSO  2.
RECURSO  3.

Poesía de Lucía Aldao  dispoñible na rede