Ir o contido principal

O ECO DO ÉZARO 2026

Miniatura Noticia

Este verán, 2026, estrease unha nova pasarela dende a cal gozar do novo espectáculo audiovisual O ECO DO ÉZARO. Arranca o sábado 10 de xullo. É un espectáculo único que hai que vir ver!!

Ten lugar nas noites dos venres e sábados dende as 22:30 ata as 00:30 horas.

O acceso é gratuíto, pero é aconsellable vir con tempo para poder estacionar con calma.

Galería de imaxes

Campionato de España Sub 17 Volei Praia

Miniatura Noticia

Volve a Dumbría o Campionato de España Sub 17 de Volei Praia.

Será do 13 ao 15 de xullo, no areal do Ézaro

24ª Festa da Familia

Miniatura Noticia
Volve a Festa da Familia á Devesa da Lúa, na Carballeira de Berdeogas, na que será a súa vixésimo cuarta edición.
Será o 19 de xullo!
 
Reserva de mesa ata o 16 de xullo nas oficinas municipais.
‼️No concello non se dispensarán tíckets, SÓ SE RESERVARÁ A MESA.
 
Haberá unha pulpeira na que se poderán mercar diversas racións: polbo á feira, churrasco, criollos,...
Coma sempre, tamén podedes traer a vosa propia comida.
 
Actuacións musicais das orquestras Finisterre e Los Key, da charanga O Rumbo e do grupo de gaitas da Asociación Cultural Longarela

Galería de imaxes

ACTIVIDADES CULTURAIS XULLO 2026

Miniatura Noticia

ACTIVIDADES CULTURAIS XULLO 2026

HORARIOS DE VERÁN 2026 NAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS

Miniatura Noticia

HORARIOS DE VERÁN 2026 NAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS

VIAXE A CANTABRIA

Miniatura Noticia
𝐕𝐢𝐚𝐱𝐞 𝐚 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐚𝐛𝐫𝐢𝐚
 
📆 Do 17 ao 20 de setembro de 2026
❗️PRAZAS LIMITADAS. Por rigorosa orde de inscrición
 
Inscricións: ata o 24 de xullo, nas oficinas municipais (𝒑𝒆𝒄𝒉𝒂𝒓𝒂𝒔𝒆 𝒂𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒔𝒆 𝒔𝒆 𝒆𝒔𝒈𝒐𝒕𝒂𝒏 𝒂𝒔 𝒑𝒓𝒂𝒛𝒂𝒔)
📞981 744 001
Prezo: 350 € / pax.

ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2026

Miniatura Noticia
Aberto o prazo de solicitude para participar nas actividades estivais, que terán como base as instalacións do Conco.
SOLICITUDES ata o 21 de xuño, cubrindo o FORMULARIO
 
PRAZAS LIMITADAS!
Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo
𝐒𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐢𝐬𝐚𝐬 𝐚𝐱𝐮𝐝𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐨 𝐜𝐮𝐞𝐬𝐭𝐢𝐨𝐧𝐚𝐫𝐢𝐨, 𝐚𝐜𝐡𝐞́𝐠𝐚𝐭𝐞 𝐚́𝐬 𝐜𝐚𝐬𝐚𝐬 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐩𝐨𝐥𝐚𝐬 𝐭𝐚𝐫𝐝𝐞𝐬
 
+iNFO:  Concello 📞 981 744 001 e casas culturais

Eclipse Xolar. Unha oportunidade única?. Charla informativa

Miniatura Noticia

O xoves 11 de xuño, ás 19:30 h, terá lugar no edificio Bitácora, no Ézaro, unha charla informativa sobre o eclipse solar que viviremos este verán.

Óscar Blanco Varela, Director do Centro astronómico Trevinca, astrofotógrafo, monitor Starlight e cazador de eclipses, contaranos como debemos prepararnos para vivir este fenómeno natural que terá lugar o vindeiro 12 de agosto.

Recomendamos  á cidadanía que acuda a esta charla, xa que convén estar preparado para vivir unha eclipse, coñecer os riscos e recomendacións a seguir, saber atopar unha boa ubicación para poder desfrutalo con seguridade,...

O acceso será libre ata completar aforo
 

Maio de Letras 2026

Miniatura Noticia

𝐌𝐀𝐈𝐎 𝐃𝐄 𝐋𝐄𝐓𝐑𝐀𝐒
Ao longo do mes de maio celebraremos as NOSAS LETRAS cun variado programa.

Comezamos co contacontos 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧̃𝐚 𝐂𝐚𝐚𝐦𝐚𝐧̃𝐨: 𝐯𝐨𝐜𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐬𝐚𝐥 𝐞 𝐝𝐞 𝐡𝐞𝐫𝐛𝐚, con Marisa Irimia. Programa Ler Conta Moito.
Será o xoves 14 maio, ás 18:30 h, na biblioteca do Ézaro.

Celebraremos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS facendo a andaina 𝐏𝐎𝐋𝐎 𝐑𝐈́𝐎 𝐀𝐋𝐁𝐀𝐑𝐄𝐋𝐋𝐎𝐒, con saída e chegada na igrexa de Berdeogas, que nos levará ata impresionantes paraxes coma o Chan das Lagoas, a presa da Laxe ou a Devesa da Lúa.
Sairemos o domingo 17 maio, ás 9:30 h.
Para participar é imprescindible inscribirse!

Na biblio de Dumbría teremos o obradoiro infantil - xuvenil 𝐆𝐫𝐚𝐯𝐚𝐝𝐨 𝐜𝐨𝐧 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧̃𝐚 𝐂𝐚𝐚𝐦𝐚𝐧̃𝐨, con Velaísca. Programa Ler Conta Moito. Prazas limitadas!
Terá lugar o luns 18 maio, ás 18:30 h, na biblioteca do Conco - Dumbría

🎶👩‍🎤 O peche do Maio de Letras correrá a cargo da 𝐀𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐀 𝐅𝐨𝐧𝐭𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐚 - 𝐆𝐚𝐢𝐭𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐁𝐮𝐱𝐚𝐧𝐭𝐞𝐬, que encherán de 𝐦𝐮́𝐬𝐢𝐜𝐚 𝐭𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 a casa cultural de Olveira.
Alí soarán gaitas, pandeiretas, tambores, bombos e as voces da nosa xente, que é quen mantén viva a nosa cultura. A mellor maneira de celebrar a nosa lingua. E este ano veñen con moitas sorpresas! Non o perdades!!
Será o domingo 31 maio, a partir das 17:00 h, na Casa cultural de Olveira