Ir o contido principal

Certame Relatos de misterio no Camiño. Edición 2023

Miniatura Noticia

Esta páxina está en proceso de actualización. Próximamente estará dispoñible o contido.

Certame Relatos de misterio no Camiño. Edición 2022

Miniatura Noticia

Esta páxina está en proceso de actualización. Próximamente estará dispoñible o contido.

O Concello de Dumbría creou para a promoción do Territorio Vákner unhas redes sociais propias, que actualiza con asiduidad e na que se difunde o proxecto do territorio no ámbito dixital. Para iso empréga recursos dixitais (fotografías, vídeos,...) que se difunde a través das súas redes sociais (youtube, facebook, instagram, X), da web municipal e do blog do departamento cultura e turismo.

Web municipal: https://dumbria.gal/ 

Facebook: https://www.facebook.com/Vakner/ 

Instagram:https://www.instagram.com/territoriovakner/ 

Blog: https://dumbriaecultura.wordpress.com/ 

Folleto informativo do Vákner: chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://dumbria.sixtema.dev/sites/default/files/documentos/Vakner%20Galego.pdf 

A día de hoxe son moitas as interaccións que recibe a figura do Vákner por parte dos usuarios das distintas redes sociais, persoas que crean contidos ao redor da figura do Vákner e a comparten, creando unha seña de identidade no territorio vinculado ao misticismo, ao medo pero tamén á superación e ós valores do camiño.

Esta páxina está en proceso de actualización. Próximamente estará dispoñible o contido.

Ubicados en Olveiroa e no Hospital, e entrando e saíndo do Concello de Dumbría, instalouse unha sinalización para saber que se está entrando no Territorio Vákner. 

 

A través do proxecto “Arte no Camiño” nos Camiños de Santiago da provincia o artista Mou Mutante reflictiu na súa creación a súa particular 'Vákner', unha figura mítica entre un home e un lobo neste caso dende unha perspectiva feminina. Un artista incríble que deixou a súa pegada neste fermoso mural que dende hoxe poden disfrutar veciños e peregrinos.

 

Video creativo do Mural https://www.youtube.com/watch?v=KmvHRzacObY

 

Galería de imaxes

 Benvidos ao territorio Vákner!

 Estades a piques de introducirvos nun territorio mítico e descoñecido, nun mundo de lenda e misterio, nunha época de cambios e descubrimentos para a humanidade. Un bispo, Mártir de Arzendján, un monstro e as enigmáticas terras de Dumbría forman parte dun relato que vos fará percorrer estes lugares con coidado e precaución.

 O MONSTRO O Vákner é unha besta salvaxe, cunha presenza tan fugaz e enigmática coma perigosa e daniña, que moraba nos montes que separan a meseta do Xallas e a costa de Fisterra, que se interpoñen no camiño xacobeo que de Santiago de Compostela conduce á fin do mundo dos antigos. 

O PROTAGONISTA O noso peregrino, procedente de tan afastadas terras, é o bispo Mártir de Arzendján, cidade e diocese de Armenia situada na península de Anatolia –actual Turquía-, que emprendeu a súa peregrinación dende o mosterio de San Ciriaco de Norkiegh, onde residía.

 A HISTORIA Todo comeza o 29 de outubro do 1489, cando o bispo Mártir inicia a súa peregrinaxe por gran parte do mundo entón coñecido, que non concluirá ata 1496. O seu periplo levarao por Constantinopla, Venecia, Ancona, Roma, Constanza, Basilea, Frankfurt, Friburgo, Estrasburgo, Colonia, Espira, Aquisgrán, Besançon, Flandes, Normandía, París, Étampes, Tours Poitiers, Bayonne, Donostia, Portugalete, Santander, Santillana del Mar, San Vicente de la Barquera, Oviedo e Betanzos, dende onde alcanzou Santiago de Compostela, e tras permanecer alí 84 días, ata o cabo Fisterra. 

O TESTEMUÑO O breve relato da travesía ata a vila do Santo Cristo e o cabo é o seguinte: “Recibí la bendición de Santiago, me puse en camino y llegué a la extremidad del mundo, a la playa de la Santa Virgen, a un edificio que fue construido por la propia mano del apóstol San Pablo y que los francos llaman Santa María de Finisterre. Padecí muchos trabajos y fatigas en este viaje, en el cual topé con gran cantidad de bestias salvajes muy peligrosas. Encontramos el vákner, animal salvaje grande y muy dañino. ¿Cómo, me decían, habéis podido salvaros, cuando compañías de veinte personas no pueden pasar? Fui en seguida al país de Holani cuyos habitantes se alimentan también de pescado y cuya lengua yo no comprendía. Me trataron con la mayor consideración, llevándome de casa en casa y admirándose de que hubiese escapado del vákner”. De que animal aparentemente grande, solitario e temible está falando Mártir cando menciona ao vákner, singularizado como o peor dunha xeración de bestas salvaxes e perigosas que axexaban aos usuarios deste roteiro? Atrevédevos a atopalo!!! Dumbría espéravos, o Vákner axexa. 

Video Youtube

 

<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/ahUZP2bQIA8?si=KkaaSlZi6jIMeEsA" title="YouTube video player" frameborder="0" allow="accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share" referrerpolicy="strict-origin-when-cross-origin" allowfullscreen></iframe>

 

CONCELLO DE DUMBRÍA https://www.dumbria.gal

 Proxecto financiado polo Programa O Teu Xacobeo, Xacobeo2021 https://www.xunta.gal/portada https://culturaeturismo.xunta.gal/por... #TerritorioVákner #xacobeo2021 #OTeuXacobeo Material de archivo proporcionado por: Videvo.net, Kiril Dobrev www.beachfrontbroll.com https://www.videvo.net/video/spider-s... https://www.videvo.net/video/cat-eye-... https://www.videvo.net/video/moving-b...

Esta páxina está en proceso de actualización. Próximamente estará dispoñible o contido.

Esta páxina está en proceso de actualización. Próximamente estará dispoñible o contido.