Ir o contido principal

👣Ermida das Neves de Buxantes. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Ermida das Neves de Buxantes.

Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.

Imos ata a ermida da Virxe das Neves, en Buxantes. Situada en pleno #Camiño de Santiago a Fisterra

https://www.youtube.com/embed/Z7zUGd0pb6s

#Buxantes #AsNeves #igrexa #TerritorioVákner #CamiñoFisterra

👣Nosa Señora do mar do Ézaro. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé
O Ézaro.
Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.
Imos ata a igrexa de Nosa Sra. do Mar do Ézaro.

https://www.youtube.com/embed/O-pY7xFvONM


#Ézaro #igrexa #TerritorioVákner

👣Santa Uxía. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé
Santa Uxía.
Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.
Imos ata a igrexa parroquial de Santa Uxía.

https://www.youtube.com/embed/kX46S1f0jVo


#SantaUxía #igrexa #TerritorioVákner

👣San Mamede de Salgueiros. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé
San Mamede de Salgueiros.
Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.
Imos ata a parroquia de Salgueiros.

https://www.youtube.com/embed/gclEup1TqwA

#Salgueiros #igrexa #TerritorioVákner

👣San Pedro de Buxantes. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé
San Pedro de Buxantes.
Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.
Visitamos a igrexa de Buxantes, con advocación a San Pedro.

https://www.youtube.com/embed/kfnvKuPmxzc

#Buxantes #igrexa #TerritorioVákner

👣Santiago Apóstolo de Olveiroa. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé
Olveiroa.
Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.
·
Imos ata a parroquia de Santiago Apóstolo de #Olveiroa, a entrada ao noso concello do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.

https://www.youtube.com/embed/6W3VjaHCEfc

Olveiroa #CamiñoFisterraMuxía #Camino #TerritorioVákner

👣Santiago de Berdeogas. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.

Achegámonos ata a igrexa de Santiago de Berdeogas, ao carón dunha preciosa carballeira que vos amosaremos outro día.

https://www.youtube.com/embed/_3LIZn84CVw

#Berdeogas #igrexa #TerritorioVákner

👣Santa Baia de Dumbría. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.

Hoxe toca achegarnos á igrexa de Santa Baia, na capital municipal.

https://www.youtube.com/embed/cNJECnxAf54

A súa celebración é o 10 de decembro

.#SantaBaia #igrexa #TerritorioVákner

🎭ENTROIDO 2021

Miniatura Noticia

Este ano 2021, debido á pandemia que nos está tocando vivir, non podemos celebrar o festival de entroido de Dumbría o domingo, como tocaría. Non imos desfrutar das marabillosas comparsas que, chegadas desde todos os concellos da volta, sempre nos fan pasar unha tarde do máis entretida.

Pero iso non quita que celebremos un entroido ben tradicional nas nosas casas. Porque un cocidiño, unhas filloas, unhas orellas,....teremos que facer, non?

É certo que esta vez non podemos desprazarnos para mercar disfraces, pero podemos volver á maneira tradicional de disfrazarse. Podemos convertirnos en auténticos "entruideiros" con cousas que temos pola casa. Uns farrapos vellos e un pouco de imaxinación poden ser o mellor disfraz do mundo.

Por iso, animámosvos a que vos disfracedes, a que celebredes o entroido cunhas rosquillas caseiras, a que tiredes de imaxinación, e que nos enviedes algunha imaxe do ben que o sabemos pasar en Dumbría.

HISTORIAS DE ENTROIDO_DIVERCONCO:

https://www.youtube.com/embed/TCeV4InH6xU

Este ano a festa é na cociña.

VÍDEOS DIVERCONCO COCIÑA:

https://www.youtube.com/embed/oXLv6WhH2X8
https://www.youtube.com/embed/64cbEhimWeo
https://www.youtube.com/embed/KaMPPNGh0OA

Este ano, facemos os disfraces na casa.

VÍDEOS DIVERCONCO DISFRACES:

https://www.youtube.com/embed/9ddKF80LTmk
https://www.youtube.com/embed/i8C40ftqKro

COMPARSA BUXANTES CALIDADE
Este entroido puxémonos nostálxicos ☺️ Así que recollemos aquí algunhas imaxes da comparsa Buxantes Calidade.

A comparsa de Buxantes constitúese con este nome no entroido de 2005 da man dun grupo de rapaces, rapazas, nais e pais de Buxantes, ó que despois se foron unindo veciños/as doutras parroquias.

Foron moitos os bos momentos que nos deu esta comparsa, tanto no Entroido de Dumbría coma nos doutros concellos da contorna.

Hai que recoñecer que hai moito traballo detrás das comparsas que participan cada ano no concurso. Moito esforzo o que cada un dos seus integrantes e as súas familias fan cada día: ensaios, coreografías, coplas, vestiario, maquillaxe; horas e horas de dedicación para deleitarnos con espectáculos dignos de representarse nos mellores escenarios.

O noso recoñecemento a todas as comparsas que teñen participado no Entroido de Dumbría.

Neste vídeo vai a nosa lembranza a todas elas! *Imaxes cedidas pola comparsa, pertencentes a Jorge Parri, Xurxo Fisterra, La Voz de Galicia, Foto Fuentes, e membros da propia comparsa.

Grazas, sempre, pola vosa participación.

https://www.youtube.com/embed/_PYHUGgwqPo

COMPARSA MUNICIPAL
Domingo de entroido.

Ás cinco da tarde estaríamos xa sentindo as formiguiñas no estómago de camiño ao Conco.
Lembrámonos de todos os nenos, nenas, mozos, mozas, papás e mamás que participan cada ano na comparsa municipal.
Con este vídeo, a nosa lembranza e o noso cariño a todos e todas as que participastes nela durante todos estes anos.
Oxalá o próximo ano poidamos volver á carga.
*Imaxes cedidas por Jorge Parri.

https://www.youtube.com/embed/AhrAq_avkz0

E, para rematar, publicamos algunhas das imaxes que a xente de Dumbría nos amosou do que foi o seu entroido (Polo medio, ata hai un par de receitas portuguesas que preparou unha veciña):