Ir o contido principal

FESTA INFANTIL FIN DE CURSO 2018

Miniatura Noticia
O verán está chamando á porta así que imos recibilo como toca.
Para ir abrindo boca, o martes 26 de xuño, entre as 11:00 e as 17:00 horas, celebraremos unha festa infantil de fin de curso no areal do Ézaro.

Gozaremos de actividades deportivas, xogos na praia, xogos populares,...e aproveitaremos para asistir aos espectáculos que, a través do programa Cultura no Camiño, amenizarán o paseo marítimo do Ézaro ao longo da mañá.
Nela poden participar todos os nenos e nenas do concello, a partir dos 4 anos.

Para iso débese entregar unha autorización firmada pola nai, o pai, ou os titores, nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 21 de xuño.

Descarga aquí a autorización

CONCO. VERÁN 2018

Miniatura Noticia
Durante os meses de xullo e agosto desenvolverase o programa de actividades estivais adicadas a nenos e nenas a partir dos 5 anos.
Polas mañás, entre as 11 e as  13 h, realizaranse actividades deportivas e culturais nas instalacións do Conco.

Para participar débese entregar unha solicitude  firmada pola nai, o pai, ou os titores, nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 21 de xuño.

Podes descargar aquí a solicitude.

FERVENZA DO ÉZARO. ILUMINACIÓN VERÁN 2018

Miniatura Noticia

Entrevista e presentación do libro de Noelia Castro

Miniatura Noticia


DATOS BIOGRÁFICOS:

Noelia Castro Lourido (Anseán, Dumbría, 1979) acaba de publicar a súa primeira obra titulada "En brazos de otro amor". Escritora afeccionada, publicaba as súas historias na rede social Wattpad, unha aplicación que permite crear e compartir contidos con outras persoas. Os usuarios poden publicar artigos, relatos, blogs, fan-pics, ciencia fición e historias sobre temas diversos, xa sexa en línea ou a través da aplicación. Podedes seguir as creacións da autora, que agora sae á luz pública coa publicación do seu primeiro libro.


Con este motivo quixemos facerlle esta entrevista, e tamén convidarvos á presentación do mesmo, que terá lugar o venres 22 de xuño ás 20:00h na Biblioteca do Conco, no Concello de Dumbría.

O LIBRO



Título: En brazos de otro amor
Autor: Noelia Castro 
Editorial: Ediciones Brisa del Sur
Precio de venta: 21€
ISBN: 

SINOPSE: 

Heather y Jason son jóvenes y entre ellos surge algo mucho más profundo que no quieren reconocer. Entre tanto aparecen personajes interesados en ni Heather ni Jason se den ninguna oportunidad para que esa relación siga adelante. La propia Heather se encuentra entre lo que siente por Jason, y lo que siente por Gray, un joven lord que conoce en el colegio y cree estar enamorada de él. ¿Quién se ganará finalmente el corazón de Heather?



ENTREVISTA

1. Como xorde a idea de escribir, título do libro?

O libro titúlase En brazos de otro amor. A idea de escribir xorde en abril do ano pasado cando coñecín en internet a plataforma Wattpad, na que se poden ler historias de outras persoas ou escribir, como é o meu caso. Xerou en min unha inquietude e fíxome pensar que se outras persoas eran capaces de escribir unha historia ,por que eu non o podía facer tamén?. 
E aquí estou, presentando o meu libro. Se vos interesa seguirme soamente tedes que descargar a aplicación e buscarme co nome de Noelia Castro Lourido.

2. De que trata a obra?

A obra narra a historia de amor entre Heather e Jason, dous rapaces novos que se namoran, ambientada no Londres do século XIX, pero que para ese amor sexa posible, os protagonistas teñen que pasar unha serie de adversidades para, ao fin, poder felices para sempre. Ó longo da historia os protagonistas viven momento felices, pero tamén son moitos momentos difíciles os que teñen que afrontar por culpa de personaxes egoístas e manipuladores.

3.Dende cando escribes, tes outras publicacións?

Fai un ano que comencei a escribir. De momento non teño ningún libro máis publicado.

4. Que significa para ti poder escribir e chegar a tantas persoas coa lectura e as letras?

Para min escribir é algo especial que non podo explicar con palabras. Cando escribes estás transmitindo unha historia que nace do teu interior. Poder chegar a tanta xente a través das letras é todo un honor e un pracer, ver que as horas que pasas escribindo teñen a súa recompensa, que é o que realmente queremos os escritores, que desfruten dunha boa historia e que se sintan en conexión co autor.

5. Cóntanos como estás vivindo este momento no que a túa obra vai ver a luz pública.

En este momento estou feliz e moi emocionada de que a miña historia vaia ser publicada. Cando empecei a escribila non pensei que este momento me ía pasar tan pronto. Iso quere dicir que o meu traballo ao longo do ano mereceu a pena por tanto esforzo e horas de dedicación e que é unha bonita historia que a xente merece desfrutar.

6. A quen admiras como escritor ou escritora?

Admiro moito as escritoras de novela romántica como Diana Palmer Candace Camp, Brenda Novak, Julia London, entre outras. Admiro a moitas máis, poño estas tres para que as coñezades.

7. Que consellos lles darías os nosos veciños e veciñas de Dumbría para que leran máis?

Pois eu diríalles que ler é algo máxico que che permite desfrutar dun sinfín de aventuras sen moverte de sofá da casa. A parte de que é unha actividade moi boa para manter o cerebro e a mente activos.

8.Tes algún libro máis pendente de publicar?

Sí, estou preparando a miña segunda novela "Matrimonio por venganza", que, se todo sae ben, creo que verá a luz o próximo ano.

9.Que libro ou libros estás lendo neste momento?

Nestes momentos estou acabando de ler a novela de Julia London "Los peligros de perseguir a un duque".

10.Gústache ler en dixital ou prefires en papel?

Gústame ler tanto en papel como en dixital. Pero gústame máis o contacto co libro na man e ir pasando as páxinas segundo vas lendo.

11.Que autor ou autora da Costa da Morte che gustaría recomendar?

Esta é unha pregunta algo complicada porque na Costa da Morte están xurdido escritores fantásticos. Pero o autor que más me chega ao corazón sen dúbida algunha é Xaime Trillo.





"REFLEXOS DE DUMBRÍA", Presentación da Exposición Fotográfica de Santi Garrido.

Miniatura Noticia

O vindeiro xoves, 21 de xuño ás 20:00 h., terá lugar nas instalacións municipais do Conco a presentación da exposición fotográfica Reflexos de Dumbría. 


Trátase dunha pequena recopilación das moitas imaxes que Santiago Garrido, xornalista de La Voz de Galicia, ten feito do noso concello.

A través destas fotografías, Santiago, ben seguro, vainos sorprender e descubrir recunchos da nosa terra descoñecidos para moitos. 

Vainos sorprender con reflexos da Dumbría máis coñecida e tamén nos descubrirá unha gran descoñecida, amosándonola tal e como é, sen adornos nin filigranas, natural.

A exposición poderase visitar no Conco ao longo do verán.
Estades todas e todos convidadas/os á presentación, na que intervirán Santiago Garrido, autor das imaxes, e José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría.

OBRADOIRO DE AUTODEFENSA

Miniatura Noticia

OBRADOIRO DE AUTODEFENSA DIRIXIDO A MULLERES MAIORES DE 16 ANOS.

Día: 14 xullo.
Hora: 11:00h
Lugar: Instalacións Deportivas do Conco.

INSCRICIÓNS:
Servizos Sociais Municipais de Dumbría > 981 74 40 01
info@quendixomedo.gal > 981 57 64 69

+INFO: www.quendixomedo.gal

Cine na rúa. Verán 2018

Miniatura Noticia

Cine na rúa, no Paseo Marítimo do Ézaro. É de balde e apto para todos os públicos!


Programa:

14 xullo de 22:30 a 00:00

 Vaiana


Vaiana, unha adolescente das illas do sur do Pacífico, atravesa o océano e explora o mundo para demostrar que é tan valente coma o resto da súa familia. Na súa aventura atoparase con Maui, quen no pasado foi un poderoso semideus.





21 xullo de 22:30 a 00:00


Pinocho 3000

Un presidente municipal que odia aos nenos, convence a un neno androide para que lle axude a converter aos nenos en robots.








28 xullo de 22:30 a 00:00


El bosque animado

Cecebre é un bosque misterioso, onde se pode oír a conversación dos animais e das árbores. Un día, os homes prantaron unha extraña árbore sen follas, que en realidade era un poste de teléfono, o que comeza a cambiar a vida no bosque.













Non esquezades que os sábados de verán, ás 23:00 h, podedes ver a fervenza do Ézaro iluminada!

Festa da Familia de Dumbría

Miniatura Noticia

18 FESTA DA FAMILIA


Estimadas veciñas e veciños: O vindeiro 22 de xullo, na Carballeira de Berdeogas, volveremos xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran FESTA DA FAMILIA.
Este ano é un ano especial xa que a nosa festa máis querida e importante  cumpre a maioría de idade.
Xa son 18 anos celebrando xuntos esta gran romaría familiar onde convertemos a Carballeira de Berdeogas nan gran casa onde todo o mundo é benvido.
Queremos que tódolos amigos de Dumbría veñan gozar deste gran aniversario, e a aqueles que nos visiten por primeira vez agardámolos cheos de desexos e alegría.
Dumbría, unha gran familia.Un saúdo e boa festa.
José M. Pequeño CastroAlcalde de Dumbría

PROGRAMA
> 12:30 h Misa ó aire libre.
> SESIÓN VERMOUTH. Orquestra “PONTEVEDRA”
> XOGOS INFANTILES
> XANTAR Ó AIRE LIBRE: Empanada, churrasco, pan e viño (10 euros).
ACTUACIÓNS
> Pandereteiras “PEDRA XESTEIRA”
da Asociacion As Neves de Buxantes.
> “GAITEIROS DE BUXANTES”
> Grupo Folclórico “O VERÁN”
> Fin de festa coas Orquestras “PONTEVEDRA” e “PALLADIUM”
"Ó igual que nas pasadas edicións, podedes adquiri-los tickets para a comida e reservar mesa nas oficinas municipais, antes o día 20 de xullo".

Máis info nas Oficinas Municipais: 981744001


FESTA DA PRAIA DO ÉZARO 2018

Miniatura Noticia

Un ano máis, a primeira fin de semana de agosto, celebramos a Festa da Praia do Ézaro.

Poderemos desfrutar da maxia, do circo, de inchables, de xogos de habilidade feitos con material reciclado, de xogos tradicionais, de obradoiros para os máis pequenos, de actuacións musicais (o sábado con Perry Mason, En Mala Hora e Superglú. E, o domingo, co Grupo Bomba) e, por suposto, de moito deporte (volei praia, ciclo indoor, circuíto infantil de OCR, ...) e da tradicional sardiñada popular do domingo.

Non faltedes porque haberá diversión e sorpresas agardándovos!




A Lenda do Vakner o monstro que devoraba peregrinos

Miniatura Noticia





No século XV un peregrino armenio, o bispo Mártir de Arzendjan, escribe a crónica “Relación dunha viaxe a Europa coa peregrinación a Santiago de Compostela”, onde relata as impresións e acontecementos da viaxe que realizou polo continente entre 1489 e 1496, chegando ata Fisterra. No devandito manuscrito describe o encontro cun ser, chamado Vakner, cuxo nome e natureza se ven envolvidos no misterio:

“Recibín a bendición de Santiago, púxenme en camiño e cheguei a extremidade do mundo, á praia da Santa Virxe, a un edificio que foi construído pola propia man do apóstolo San Pablo e que os francos chaman Santa María de Fisterra. Padecín moitos traballos e fatigas nesta viaxe, no cal topei con gran cantidade de bestas moi perigosas. Encontramos o vakner, animal grande e moi daniño.”


Esta terrible criatura habitaba nos Montes de Buxantes, a pé do Petroglifo de Pedra Ancha, no Concello de Dumbría
. Non resulta tan estraña dentro do acervo popular de estas terras, xa que evidencia un insólito parecido cunha das bestas mais temidas do imaxinario galego, o “lobishome”, monstro mestura de lobo e humano nacido do temor ancestral das xentes campesiñas de este animal.

O Vakner, como o “lobishome” , axexa a soidade dos bosques e camiños, e a súa forza física e desmedida ferocidade provocan o pánico nos habitantes das aldeas.

En certas linguas europeas, onde a figura do home lobo tamén está presente na cultura popular, a etimoloxía do termo “Vakner” e o seu significado resultan esclarecedores.