Ir o contido principal

CLAUSURA DAS ESCOLAS DE TEATRO 2017

Miniatura Noticia
O sábado 17 e o domingo 18 de xuño terá lugar a clausura das clases de teatro do presente curso.

Será na Casa de Cultura de Olveira.



Actuacións do sábado 17 :

a partir das 16:00 h.:

  • Grupo infantil municipal de teatro de Olveira
  • Grupo infantil municipal de teatro do Conco
ás 20:00 h: 
  • Grupo  municipal de teatro de  Mozos/as

Actuación do domingo 18 ás 20:00 h.:

  • Grupo municipal de teatro de adultos
Entrada libre ata completar aforo.

#DumbríaÉTeatro  

#DumbríaEntreLiñas: Libros e bibliotecas queimadas

Miniatura Noticia
 “[…] el fuego destruye todo, libros incluidos, pero nunca puede destruir los sentimientos, el saber y la Memoria”. Mempo Giardinelli


No mes de San Xoán imos dedicar esta sesión do club lector ós libros e ó lume, os libros queimados, ás bibliotecas queimadas e censuradas, ás fogueiras de libros, a autores en chamas, e a grandes libros flamígeros dos últimos tempos. 


Que os libros atraen ao lume é a conclusión á que pode chegarse ao estudar a historia da desaparición das bibliotecas. A lista de bibliotecas destruídas polas chamas é enorme e, como nos bosques, un tipo especial de piromanía foi causante destes incendios. E é que unha característica común do fanatismo foi o desprezo polos libros. Na súa loita contra o coñecemento, os fanáticos axudáronse dunha ferramenta eficaz: o lume

Pequena introducción sobre a Festa de San Xoán 

A  Festa de San Xoán celébrase o día 24 de xuño, dando comezo a vésperas da mesma. A relación desta celebración con elementos coma o lume, a auga e as plantas foi dende fai moito tempo un motivo apaixoante de curiosidade e investigación para cantos se preocupan polo estudo do home, das súas crenzas e da cultura en xeral.  O elemento máis característico destas festas son as cacharelas de San Xoán. Na tarde  da véspera do día 24, os mozos e mozas de cada aldea de cada aldea e de cada barrio amontoan leña, toxo, xestas, piornos, nun lugar céntrico do pobo, se é posible nunha encrucillada de tránsito de persoas e animais. O máis importante de todo, contan na parroquia de Olveira (A Coruña),  é coller a cabeza dun animal e cravala na punta dun pau de loureiro ben alto, e amorear a leña da cacharela arredor.  Ao anoitecer, cando xa toda a xente do lugar se atopa arredor da cacharela, préndeselle lume, e todos corren arredor danzando e en canto se consume o suficiente, terminar saltando enriba das últimas chamas. Nalgún lugar, coma na parroquia de Toba (A Coruña), se di cando se salta:


“Salto por encima
del fuego de San Juan
Para que non me morda
Cadela nin can,
nin bicho vivente
Que ande polo chan”.


A cacharela non se debe apagar –din en Oliveira-ata que a cabeza do  animal se volva borralla. O día seguinte antes de saír o Sol, faise pasar o gando e ás persoas por enriba dos tizóns e a borralla, que quedaron  coma restos da mesma e  recitan o  conxuro. 

Abordamos a sesión desta semana partindo de 4 puntos de vista: 

1. BIBLIOTECAS QUEIMADAS

Dende a Biblioteca do Palacio Xianyang, a primeira biblioteca da que se ten constancia que foi queimada, no 206 a.C. ata a Biblioteca Biblioteca Nacional de Irak  na que se queimaron   durante a invasión no 2003 máis dun millón de libros, pasando pola Biblioteca de Alejandría, unha das máis importantes da historia;  a Biblioteca do Congreso de EEUU,  a Biblioteca de Raglan en Gales, a Biblioteca Nacional de San Cirio, en Sofía, Bulgaria, a Biblioteca de Bosnia-Herzegovina....unha gran cantidade de lugares de culto queimados ó longo da nosa historia. A última delas, como vedes, non pasaron aínda moitos anos. 

Breve historia das Bibliotecas queimadas e censuradas http://detrasdelabiblioteca.blogspot.com.es/2016/01/breve-historia-de-bibliotecas-quemadas.html, premendo no enlace encontraredes a lista das bibliotecas queimadas



2. FOGUEIRAS e DE LIBROS


A queima de libros é a práctica, xeralmente promovida por autoridades políticas ou relixiosas, de destruír libros ou outro material escrito; está vinculada ao fanatismo ideolóxico e adoita acompañar moitos conflitos bélicos. A práctica xeralmente é pública e está motivada por obxeccións morais, políticas ou relixiosas ao material publicado. En tempos modernos, outras formas de almacenamento de información, como gravacións, discos de vinilo, CD, DVD, videocasetes e páxinas da internet, incluíronse dentro desta práctica.

Moita xente considera a práctica de queima de libros como algo ofensivo por diferentes razóns: para algúns, é unha forma de censura que os líderes políticos ou relixiosos aplican contra aqueles que se opoñen ás súas ideas. O exemplo máis famoso foi o da queima de libros durante o réxime de Hitler na Alemaña nazi acaecido na Bebelplatz de Berlín o 10 de maio de 1933. Aqueles que se opoñen á queima de libros comparan xeralmente este feito co ocorrido durante o goberno dos nazis.

Para outros, a queima pública de libros significa unha publicidade gratuíta cuxo efecto é atraer a atención sobre libros que doutra maneira quizá non chegarían a coñecerse amplamente. Por iso algunhas autoridades prefiren a destrución privada dos libros.

Queimar libros en forma premeditada indica o grao de barbarie a que pode chegar unha sociedade, como se evidenciou en diferentes momentos do século XX, algúns dos cales son evocados neste artigo. É importante rememorar os pormenores deste crime cultural agora que se cumpriron 80 anos da masiva combustión de obras escritas na Alemaña nazi e 35 anos da queima de libros en Bucaramanga por parte dun furibundo inquisidor católico que agora ocupa unha alta posición no Estado colombiano


A máis famosa Hoguera de las Vanidades aconteceu o 7 de febreiro de 1497, cando seguidores do monxe Girolamo Savonarola recolleron e queimaron en público miles de obxectos en Florencia (Italia) durante a festa do Martes de Entroido.

Esta destrución tiña como obxectivo a eliminación daqueles obxectos que se consideraban pecaminosos, obxectos de vaidade como espellos, maquillaxes, vestidos refinados e mesmo instrumentos musicais. Tamén tiña como obxectivo libros inmorais, manuscritos con cancións seculares e cadros. Entre os obxectos destruídos durante esta campaña había varias pinturas orixinais sobre temas mitológicos clásicos realizados por Sandro Botticelli, postas por el mesmo na fogueira[cita requirida].


Tales fogueiras non foron invento de Savonarola, senón que xa eran un acompañamento usual aos sermóns ao aire libre de Bernardino de Siena na primeira metade do século XV.







3. AUTORES EN CHAMAS. AUTORES QUE QUIXERON DESTRUIR A SÚA PROPIA OBRA


A destrución da literatura é algo tan antigo como a propia literatura, pero cando é o propio autor o que busca que a súa obra deixe de existir hai algo de perverso nese desexo que non chegamos a comprender ben do todo, coma se fose algo que vai en contra da natureza. Á fin e ao cabo, se como dixo Emile Cioran «un libro é un suicidio aprazado», ao destruílo o escritor destrúe tamén unha parte importante de si mesmo. Con todo, é algo sucedeu en repetidas ocasións ao longo da historia da literatura.
Virgilio, Kafka, Emily Dikinson, Saki, Mijail Bukgákov, Juan Ramón Jiménez, Nabokov; escritores que decidiron que algunha das súas obras non viran a luz

Enlace: http://lapiedradesisifo.com/2013/09/23/escritores-que-quisieron-destruir-o-que-destruyeron-su-propia-obra/

4. UN LIBRO FLAMÍGERO





Fahrenheit 451 é unha novela distópica, publicada en 1953 polo escritor estadounidense Ray Bradbury. O título fai referencia á temperatura na escala de Fahrenheit (°F) á que o papel dos libros se inflama e arde, equivalente a 232,8 ºC. A película homónima de 1966, baseada na devandita novela, foi dirixida por François Truffaut.

A trama vira ao redor de Montag, un bombeiro encargado de queimar os libros por orde do goberno. Todo cambia cando coñece a Clarisse, unha moza que lle xera dúbidas sobre a súa felicidade, e o amor pola súa esposa.

Resumo: http://www.shmoop.com/fahrenheit-451-en-espanol/resumen.html

Booktuberhttps://www.youtube.com/watch?v=UMIA7a2g-7A

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=w0PwQOr53SA




XVII FESTA DA FAMILIA

Miniatura Noticia

XXXII FESTA DA PRAIA DO ÉZARO

Miniatura Noticia

CONCURSO FOTOGRÁFICO #DUMBRÍAÉ. Concello de Dumbría

Miniatura Noticia



BASES DE CONCURSO FOTOGRÁFICO #DUMBRÍAÉ DE DINAMIZACIÓN DAS  REDES SOCIAIS, EN DUMBRÍA


Organización:

O titular deste concurso é o Concello de Dumbría. A finalidade de dito concurso é a promoción do Concello de Dumbría, a través das distintas redes sociais: Instagram, Facebook e Twitter. Carece de valor contractual e poderán participar todas as persoas físicas que cumplan as condicións establecidas nestas bases.

Redes Sociais de Concello de Dumbría e nas que podes participar:

Facebook:https://www.facebook.com/ConcelloDeDumbria

Twitter: https://twitter.com/ConcelloDumbria

Instagram: https://www.instagram.com/concellodedumbria/



BASES DO CONCURSO:

  1.  No concurso poden participar aqueles usuarios que promocionen e difundan o concello, realizando fotografías e vídeos representativas de Dumbría con calquera temática (patrimonio, natureza, festas, tradicións, deporte,persoas etc.) no propio concello ou fóra del e o suban ás redes sociais do concurso coa etiqueta #DumbríaÉ.
  2. As  datas programadas de participación son dende o 29 de xullo ó 31 de agosto do 2017.
  3.  Só as fotografías que cumplan coa temática do concurso e cos requisitos especificados nestas poderán ser seleccionadas.
  4.  A participación no concurso é gratica e non require de inscripción ningunha, quedando supeditada a que o participante siga a mecánica de participación establecida nas distintas redes sociais: Instagram, Facebook e Twitter.
  5.    O concurso é valido para todas as fotografías realizadas e subidas entre o    29 de xullo e o 31 de agosto (ambos incluidos) do 2017 a Instagram, Facebook e Twitter co hastag #DumbríaE.      Non se aceptarán fotografías realizadas fora desas datas.
  6.  A organización resérvase o dereito a denunciar ou pedir a eliminación da fotografía, se algunha imaxe vulnera dereitos persoais, resulta ofensiva ou discriminatoria.
  7. Para que unha fotografía entre en concurso debe ser etiquetada co hashtag #DumbríaÉ     e compartila publicamente en Instagram, Facebook ou Twitter. As fotos que non foran etiquetadas polo seu autor con ese hashtag non participarán no concurso.
  8. Cada participante pode subir tantas fotos como queira, dentro das datas do concurso.
  9. O criterio para a elección do gañador será mediante a páxina de  https://www.sortea2.com/sorteos
  10. Os concursantes ceden os dereitos de imaxe das suas fotografías para que o Concello de Dumbría poda usar dito material para promoción en calquera canle ou medio de comunicación. O premio ao que optan os participantes é de 2 lotes promocionais do Concello de Dumbría elaborados con  productos promocionais do concello.
  11. A Organización poñerase en contacto co gañador a través das distintas redes sociais ou polas vías o seu alcance que considere oportunas, para informar do gañador.
  12. A  participación na presente promoción supón a aceptación íntegra das presentes bases.


PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Os participantes aceptan, mediante a súa participación no presente concurso, que os contidos e comentarios que vaian ser publicados nas redes sociais ou outros medios podan ser compartidos nos medios que a Organización estime oportuno. A participación nun concurso desta natureza supón a aceptación das normas das redes sociais nas que se difunde.
Non é necesario o rexistro previo mediante inscripción algunha.


 O Concello de Dumbría non recollerá ningún dato para a inscripción, xa que a participación é pública. Únicamente será necesaria a recollida de datos persoais do gañador, para entrega do premio.


RESPONSABILIDADES
A organización resérvase o dereito de anular calquera participación ou a calquera participante, se ten sospeitas dunha manipulación incorrecta dos datos ou do concurso.
A organización resérvase o dereito de rexeitar ou excluir da participación no concurso e en xeral da promoción de calquera participante que non reúna os requisitos descritos nas presentes bases e términos de participación ou contraleve as normas ou finalidade do concurso.
 A organización queda eximida de calquera responsabilidade no suposto caso de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impedira a súa identificación.
Igualmente, a organización exclue toda a responsabilidade polos daños ou perxuicios de calquera natureza que puideran deberse ó uso indebido, manipulación ou mutilación que usuarios ou terceiros non autorizados poideran realizar respecto do contido xeral da presente páxina, así como da vulneración dos dereitos de propiedade intelectual que se produciran, por falta de cumplimentos das exigencias establecidas.



Actividades 2017/2018

Miniatura Noticia
Xa está aberto o prazo de incrición para as actividades deportivas e culturais do vindeiro curso. Tedes ata o 1de outubro para anotarvos tanto nas casas de cultura coma chamando ó Concello no número 981 744 001 en horario de mañá.

No departamento de Cultura ofrécense as seguintes actividades 2017/2018

Nenos




  • Informática
  • Inglés
  • Clases de apoio
  • Escola de Teatro
  • Pandeireta e baile rexional
  • Clases de gaita e percusión
  • #DumbriaSpeaks


  • Adultos
    • Informática
    • Manualidades
    • Escola de Teatro
    • Clases de gaita
    • Cursos de técnicas de busca de emprego
    • Clases de apoio para a obtención do Graduado en ESO.
    • Clases de gaita
    • #DumbriaSpeaks

    No departamento de Deportes ofrécense as seguintes actividades 2017/2018


    • Escola de fútbol
    • Club Municipal de Piragüismo
    • Escola Municipal de Voleibol
    • Escola  Municipal de Ciclismo
    • Escola M. de   Ximnasia de Mantemento e Zumba (+ de 14 anos)
    •  Ximnasios municipais de Olveira e do Conco


    Anotádevos canto antes!!

    Elisa e Marcela: Obra de teatro

    Miniatura Noticia
    O xoves 12 de outubro de 2017 ás 21:00 h chega ata a casa cultural de Olveira a historia de Elisa e Marcela da man da compañía de teatro A Panadaría

    Unha obra dirixida por Gena Baamonde.
    Actrices creadoras: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. 
    Textos: Esther F. Carrodeguas, Gena Baamonde e A Panadaría. 
    Música: Ailén Kendelman. 
    Vestiario e caracterización: Fany Bello. 
    Iluminación: Montserrat Piñeiro e Laura Iturralde.

    Así nola describen desde A Panadaría:
    "O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña.
    Para conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario. A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convírtenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o Estado mais tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da Historia de Galicia. Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parrellas lésbicas."

    PARA ASEGURAR UNHA BUTACA NESTA REPRESENTACIÓN XA PODES RESERVAR A TÚA ENTRADA NAS CASAS CULTURAIS OU NAS OFICINAS MUNICIPAIS (Teléf.: 981 744 001). 
    Entrada de balde.

    «La de Elisa y Marcela es una de las más extraordinarias historias de amor de todos los tiempos. La mismísima Emilia Pardo Bazán reconoció que nunca habría sido capaz de imaginar una novela semejante. (…) Tenemos un libro que es algo más que un libro. Una obra singular, uno de los libros más excitantes, mentalmente, de los últimos años.» Manuel Rivas



    Por todos os veciños/as de Dumbría é coñecida a historia destas dúas mestras: Marcela Gracia Ibeas y Elisa Sánchez Loriga. A súa unión matrimonial realizouse máis de 100 anos antes de que a lei permitira ós homosexuais españois contraer matrimonio. Era alá polo ano 1889 cando destinan a Marcela a dar clase na Escola de Dumbría.

    Foi o escritor galego  Narciso de Gabriel, co seu libro "Elisa y Marcela" publicado no ano 2008 e despois de 15 anos de investigación, o  que sacou á luz o que para uns marcou o precedente dos matrimonios homosexuais en España e para outras se queda nunha extraordinaria historia de amor.  A Universidade da Coruña organizou en 2011 unha mostra fotográfica do estudo Sellier do casamento destas dúas mulleres. 

    O historiador local Modesto García Quintáns publicou na Voz de Galicia unha nova sobre a historia destas dúas mulleres.


    Escapados, de María Rey Núñez: presentación do libro

    Miniatura Noticia










    O Domingo 15 de outubro, ás 18:00h terá lugar na Casa Cultural do Ézaro a prensentación do libro "Escapados" de Maria del Carmen Rey Nuñez. 

    Para coñecer un pouco máis da autora e da obra achegamos unha pequena entrevista e biografía damesma, e agradecemos a súa colaboración e achega. 

    BIOGRAFÍA

    María del Carmen Rey Núñez

    Nada- 11-3-1961 En Lugarnovo- Mazaricos- A Coruña.

      Con oito anos de idade, leváronme estudar a un colexío relixioso: María Inmaculada, en Bañobre Miño. Aí foi onde naceu o meu amor pola literatura. Sendo eu rapaza moi miúda con respecto á miña idade, dábame medo xogar ao brilé, e na troca, refuxábame na biblioteca a ler libros de contos. Ao carón das relixiosas pasei moi bos intres, e aprendín delas case que todo, agás a fé, esa segue a resistirse. Abandonei aquel lugar con catorce anos e o graduado escolar. O seguinte curso fíxeno no centro de formación profesional de Fernando Virt, na Coruña. E sen ter acadado o título do segundo grao, tiven que tornar á miña casa; Aarón pedía vir ao mundo, e ao carón dos meus pais, sentíame máis segura.O meu fillo naceu, e eu funme adaptando a vivir na aldea; coidei do meu neno, da miña nai enferma de cancro, dunha morea de vacas, e por último, do meu pai. Foi nese intre no que tornei á literatura, a tristura de velo paralizado e adormecido , fixo que eu tentara buscar alivio no mundo das letras. E algo axudou, mentres lle dába ao maxín para inventar persoeiros, deixaba de pensar na vida e nas súas falcatruadas. Foi así como escribín Escapados, tentando escapar eu da dor na que me topaba mergullada.


    ENTREVISTA

         Cómo xurde a idea desta obra?
     A idea de escribir "Escapados" xurdiu mentres estaba a facer unha ruta de sendeirismo polo Pedregal. Ao par que camiñaba, e coidaba de non caer nas fochancas, ía imaxinando como sería a vida dos escapados da Guerra Civil alí naquel agreste lugar. E cando tornei á casa, xa o tiña decidido; ía escribir unha novela na que os feitos tivesen o seu acontecer no Pedregal do Monte Pindo.

       É a túa primeira publicación
    Si.

    Canto tempo hai que escribes?
    Sempre me gustou escribir, pero debido ás miñas obrigas de gandeira, non puiden dedicarlle tempo.

      Cómo te sintes, xa que todo é novo para ti: presentacións, entrevistas..
    Unha nova muller, endexamais pensei que a vida me agasallara de tal xeito.

        Cóntanos qué nos imos atopar en " Escapados"?
    Un relato moi duro, e á vez tenro.  A realidade mistúrase coa ficción conseguindo complementarse. Segundo contan os lectores, a ironía con que está relatada, réstalle crúeza e apórtalle un chisco de humor.

    Qué che aporta a nivel persoal escribir?
     Sen dúbida enriquece a miña persoa. Dáme folgos para seguir avante, e tentar facer as cousas cada día un pouco mellor.

         A quen admiras como escritor ou escritora?
    Gabriel García Márquez, Umberto Eco, Perez Galdós, Antonio Machado, Miguel Hernández...

    Qué lles dirías a veciñanza de Dumbría para que leran máis?
     Que ler é un maravilloso xeito de viaxar no tempo e mergullarse en historias abraiantes; algunhas case coma as deles! 

     De qué tratará a túa seguinte publicación?
    Da problemática que trae consigo o feito de nacer muller. E con todo, conseguen saír a diante. 

     Qué libro hai na túa mesiña de noite?
     Na miña mesiña de noite repousan varios libros, pero o que estou a ler, é "A memoria da Choiva" de Pedro Feijoo.

      Gústache ler en dixital ou prefires o papel? 
     Gústame ler libros de papel, semellan máis reais. Gozo de ver as portadas, pasar as páxinas, e dobrar a folla para marcar a última lectura. Mais cando vou de viaxe, adoito levar comigo un libro electrónico. É máis cómodo de levar.

    Alfabetización dixital en Dumbría: Cursos de informática

    Miniatura Noticia
    Está botando a andar un novo curso escolar, e con el os cursos de informática no Concello de Dumbría 
    Aquí vos deixamos un cronograma coa materia que se vai abordar este ano. Un programa diverso e amplio no que agardamos que os contidos abordados sexan do voso interese!


    PROGRAMACIÓN INFORMÁTICA 2017/2018:

           Nenos e nenas  de 3 a 7 anos:

    DÍA CONTIDO DAS CLASES

    • Outubro Escribimos as partes do ordenador
    • Outubro Facemos debuxos en Paint
    • Outubro Mecanografía e uso do rato
    • Outubro Contos interactivos (o mundo o revés). Escoitamos o conto e imos facendo o que nos manda.
    • Novembro Creamos trabalinguas e colocamos imaxes.
    • Novembro Buscamos debuxos na rede
    • Novembro Facemos presentacións en PowerPoint sobre un animal
    • Novembro Mecanografía e movemento do rato
    • Decembro Creamos un zoo. Buscamos os animais na rede
    • Decembro Contos interactivos (o mundo o revés). Escoitamos o conto e imos facendo o que nos manda.
    • Decembro Videoconferencia con Papá Noel
    • Xaneiro Facemos debuxos en Paint
    • Xaneiro Escribimos as formas xeométricas e insertámoslle un debuxo
    • Xaneiro Practicamos inglés con Jorge el Curioso
    • Xaneiro Escribimos unha canción infantil
    • Febreiro Adiviña, adiviñanza... Creamos adiviñas!
    • Febreiro Mecanografía e movemento do rato
    • Febreiro Facemos adiviñanzas coa vaca Connie
    • Febreiro Describimos a Fanboy e colocamos unha imaxe del.
    • Marzo Aprendemos inglés con Jorge el Curioso
    • Marzo Facemos debuxos en Paint
    • Marzo Escribimos un poema
    • Marzo Buscamos animais na rede
    • Abril Facemos unha presentación en PowerPoint sobre Doraemon
    • Abril Buscamos animais na rede e pegámolos nun documento
    • Abril Contos interactivos (o mundo o revés). Escoitamos o conto e imos facendo o que nos manda.
    • Abril Mecanografía e movemento do rato
    • Maio Facemos adiviñanzas coa vaca Connie
    • Maio Aprendemos inglés con Jorge el Curioso
    • Maio Buscamos debuxos na rede
    • Maio Escribimos un conto sobre o verán


    Nenos e nenas de 8 a 11 anos:

    DÍA CONTIDO DAS CLASES


    • Outubro Carpetas (Crear, modificar, eliminar e gardar documentos)
    • Outubro Búsqueda de recursos en Internet
    • Outubro Búsqueda de recursos en Internet
    • Novembro Búsqueda de recursos en Internet
    • Novembro Búsqueda de recursos en Internet
    • Novembro Uso do correo electrónico (Gmail e as suas utilidades)
    • Novembro Uso do correo electrónico (Gmail e as suas utilidades)
    • Novembro Uso do correo electrónico (Gmail e as suas utilidades)
    • Decembro Uso do correo electrónico (Gmail e as suas utilidades)
    • Decembro Uso do correo electrónico (Gmail e as suas utilidades)
    • Decembro Uso do correo electrónico (Gmail e as suas utilidades)
    • Xaneiro Creación de textos con Word
    • Xaneiro Creación de textos con Word
    • Xaneiro Creación de textos con Word
    • Xaneiro Creación de textos con Word
    • Febreiro Retoque fotográfico con Gimp
    • Febreiro Retoque fotográfico con Gimp
    • Febreiro Retoque fotográfico con Gimp
    • Febreiro Retoque fotográfico con Gimp
    • Marzo Edición e montaxe de vídeo
    • Marzo Edición e montaxe de vídeo
    • Marzo Edición e montaxe de vídeo
    • Marzo Edición e montaxe de vídeo
    • Abril Creamos presentación con PowerPoint
    • Abril Creamos presentación con PowerPoint
    • Abril Creamos presentación con PowerPoint
    • Abril Creamos presentación con PowerPoint
    • Maio Comezamos a programar. Uso de code.org
    • Maio Comezamos a programar. Uso de code.org
    • Maio Comezamos a programar. Uso de code.org
    • Maio Comezamos a programar. Uso de code.org
    • Maio Comezamos a programar. Uso de code.org


    Nenos e nenas a partir de 12 anos:

    DÍA CONTIDO DAS CLASES

    • Outubro Carpetas (Crear, modificar, eliminar e gardar documentos)
    • Outubro Uso do correo electrónico (Gmail e as suas utilidades)
    • Outubro Uso do correo electrónico (Gmail e as suas utilidades)
    • Novembro Uso do correo electrónico (Gmail e as suas utilidades)
    • Novembro Uso do correo electrónico (Gmail e as suas utilidades)
    • Novembro Uso do correo electrónico (Gmail e as suas utilidades)
    • Novembro Uso do correo electrónico (Gmail e as suas utilidades)
    • Novembro Creación de textos con Word
    • Decembro Creación de textos con Word
    • Decembro Creación de textos con Word
    • Decembro Creación de textos con Word
    • Xaneiro Edición e montaxe de vídeo
    • Xaneiro Edición e montaxe de vídeo
    • Xaneiro Edición e montaxe de vídeo
    • Xaneiro Edición e montaxe de vídeo
    • Febreiro Edición e montaxe de vídeo
    • Febreiro Uso do Youtube (administra a túa canle)
    • Febreiro Uso do Youtube (administra a túa canle)
    • Febreiro Uso do Youtube (administra a túa canle)
    • Marzo Facemos presentación online. Uso do prezi
    • Marzo Facemos presentación online. Uso do prezi
    • Marzo Facemos presentación online. Uso do prezi
    • Marzo Retoque fotográfico con Gimp
    • Abril Retoque fotográfico con Gimp
    • Abril Retoque fotográfico con Gimp
    • Abril Retoque fotográfico con Gimp
    • Abril Retoque fotográfico con Gimp
    • Maio Comezamos a programar. Uso de code.org
    • Maio Comezamos a programar. Uso de code.org
    • Maio Comezamos a programar. Uso de code.org
    • Maio Comezamos a programar. Uso de code.org
    • Maio Comezamos a programar. Uso de code.org


    Adultos:


    • -Crear, modificar e eliminar carpetas. Uso da Papelera de Reciclaxe.
    • -Gardar documentos en carpetas, usbs, cds...
    • -Correo electrónico. Gmail e as suas utilidades.
    • -Servizos na nube (Traballar, compartir documentos e arquivos na nube; utilizaríase a conta de Gmail).
    • -Uso do smartphone: Whatsapp (como enviar mensaxes, fotos, crear grupos, facer videochamadas), Skype, descarga de apps...
    • -Trámites electrónicos: cita médico, cita itv, declaración da renta, consulta de puntos do carnet...
    • -Deseño de curriculums e cartas de presentacións. Apps de búsqueda de emprego.
    • -Edición e montaxe de vídeo.
    • -Edición de imaxes.
    • -Organiza a túa viaxe con Google: medir distancias con Google Maps, uso do GPS, reservas de avións, hoteis...

    Manuel Castiñeira: de profesor de literatura xubilado a #booktuber

    Miniatura Noticia
    “A mayoría da xente lee, pero non se entera do que está lendo”
    Manuel Castiñeira

    [youtube=https://www.youtube.com/watch?v=vg6W6Lw07kw&w=320&h=266]


    Video: Quijote Episodio de los molinos de viento. Briareo Gigante- Relación coa Ilíada

    Cada 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Dumbría, como sabedes ten una biblioteca e 4 axencias de lectura repartidas polas parroquias. Os libros, a lectura, o coñecemento, o saber son temas que nos preocupan e  e nos que traballamos. Dinamización cultural e que cada persoa teña as mesmas oportunidades. Viva no rural ou nunha gran cidade. Esa é a nosa filosofía.
    Compartimos con vós este vídeo de Manuel Castiñeira, profesor do Instituto de Bachillerato de Cee, amante dos libros, recitador nato e futuro "bootuber". Un apaixoado das letras, dos libros e da cultura.

    ENTREVISTA
    1. Quén é Manuel Castiñeira?
    Manuel Castiñeira Canosa nace en Xaviña ( Camariñas). Aos 14 anos trasládase a vivir a Ponte do Porto xunto co seu irmá Lorenzo, despois en Lires, Cee, e estudia en Santiago de Compostela en Santander e Madrid. Tivo unha vida intelectual e tamén vinculada ao deporte; xogando no Porteño, despois en Cee, en Finisterre, Corcubión e no Bergantiños. Unha vida compatibilizando os estudos e o deporte. Hasta os 14 anos traballei na terra e na agricultura.
    Estou casado e teño tres fillos, espallados polo mundo. A miña filla Sara está en Barcelona; en Boston ( EEUU) teño a David, destacado investigador da Universidade de Harward, e o outro fillo Jesús está en Santiago de Compostela e adícase ao mundo da hostelería.
    A miña muller Maruxa, é de Lires


    2.  A qué dedicastes a túa vida profesional?
    A miña vida profesional comenza en Corcubión, unha vez que rematei a carreira de Filosofía Pura. Daba Bachillerato Elemental, logo ganei as oposicións e trasladeime a vivir ás Islas, concretamente As Palmas de Gran Canaria. Logo fíxenme catedrático e trasladeime de novo á península, concretamente a Córdoba durante 4 anos. Por último pedín o traslado a Galicia, concretamente en Cee, onde pasei a maior parte da miña vida profesional. Concretamente dende o ano 1982 hasta o 2010 que me xubilei.


    - Que é para ti a túa profesión?

    Para min a profesion de ensinar é maravillosa. Tiven moitas vocacións, era un apaixoado do deporte, e tamén estiven un tempo no seminario pero cando empecei a dar clase deime de conta de que o me máis me gustaba era dar clase.


    - Qué é o amor á literatura e ós libros?
    A literatura é un camiño. Dame tranquilidade, elimíname todo aburrimento. Das cousas mellores que temos é que poder disfrutar da lectura. Os libros son para todos, para os que non poden moverse e para os que sí. Eu noto que hai persoas que se aburren moito chegados a unha idade coma a xubilación. Eu defendo que non hai tempo a aburrirse. Hai un campo enorme no mundo da lectura, con diferentes temáticas e xéneros. Só temos que encontrar o que máis nos gusta e co que nos sintamos máis cómodos.

    - Cómo se transmite o amor á lectura?
    Para transmitir o gusto polos libros e pola lectura, é moi importante e interesante explicar previamente o contido da lectura;  para poder entrar a lelos e poder disfrutalos. Moitas persoas non len e non disfrutan da lectura porque non teñen esa orientación lectora e esa explicación previa que vai ser a que enganche a esa persoa a ese texto. Pode ser algo breve e conciso.


    Para que as persoas lean máis hai que levalos a lugares onde haxa libros, coma as bibliotecas. Nas casas apenas hai libros, e nunha aldea, pois menos. Temos que orientar ós nenos e as persoas cara eses espazos que xa hai en todos os concellos. Agasallar con libros e estar rodeados de persoas que len tamén favorece que se poida coller ese gusto e amor ós libros.

      -Cal é o teu libro favorito?
    Non teño un só libro. Bueno, podo decir que El Quijote é o meu libro de cabeceira. Pero un libro que me gustou moito foi “Crimen y Castigo” de Dostoievski. Tamén “A Ilíada”  a “Odisea” de Homero e a “Divina Comedia” de Dante. Eses serían os meus libros de referencia.


    De autores contemporáneos, “Tiempo de silenciode Luis Martín-Santos “La Perla “ de Steinbeck é un libro curto e maravilloso. Pero para min os clásicos nunca morren. Virgilio tamén me entusiasma ( en latín)Lope de Vega, Cervantes Está Calderón de la Barca en “La vida es sueño”
    "¡Ay mísero de mí, y ay, infelice!
    Apurar, cielos, pretendo,
    ya que me tratáis así
    qué delito cometí
    contra vosotros naciendo;
    aunque si nací, ya entiendo
    qué delito he cometido.
    Bastante causa ha tenido
    vuestra justicia y rigor;
    pues el delito mayor
    del hombre es haber nacido."

    - Gustaríache escribir? e planteácheste algunha vez escribir un libro?
    Sí gustaríame moito escribir un libro, pero agora mesmo non teño moito tempo.

    - Algún autor ou autora da Costa da Morte que admires e recomendes?
    Na Costa da Morte hai moitos escritores que admiro e leo.Falar por exemplo de  Eduardo Pondal e ese sentido heroico que presenta nos seus poemas. López Abente, de Muxía Carlos Casares gústame e tamén porque fomos compañeiros de oposición.
    Abella Chouciño de Malpica, Concha Blanco, aparte de ser amiga e compañeira forman parte da miña época. A Costa da Morte ten moitos e variados autores e por suposto debemos lelos e coñecelos.

    - Qué pensas de que moitos dos teus alumnos e alumnas amen os libros e a lectura gracias á paixón coa que ti ensinabas?
    Eso dame moita alegría e emoción. É algo que me enriquece e reconforta tanto profesionalmente como persoalmente. Dame paz e anímame a seguir difundindo e ensinando ó mundo o amor ós libros e a lectura



    Vídeo de Briareo en Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=vg6W6Lw07kw