Ir o contido principal

Experiencia de realidade virtual no Camiño

Miniatura Noticia
O martes, 10 de novembro, de 17 a 19 h, nas instalacións do Conco - Dumbría, ven descubrir as paisaxes e o patrimonio do Camiño de Santiago cunha experiencia de realidade virtual con fotografías e vídeos en 360º, da man de Wireless Galicia e LuzLux Studio. Co patrocinio do Xacobeo 2027.
Para maiores e pequenos.
 
Haberá photocall para levar unha lembranza e chaveiros de agasallo!
 

Formación. Cursos en liña gratuítos

Miniatura Noticia
O Foro de Formación ofrece cursos online gratuítos, 100% subvencionados polo SEPE, para persoas traballadoras, desempregadas, autónomas, segundo o curso, con certificado ao rematar.

Máis información e inscrición AQUÍ
 

Seminario de defensa persoal feminina

Miniatura Noticia

A Sección de Deportes da Deputación da Coruña organiza o V Seminario intensivo de defensa persoal feminina.
Os seminarios diríxense a mulleres de idades comprendidas entre os 12 e os 75 anos empadroadas en calquera dos concellos da provincia da Coruña.
Cada taller durará tres horas (de 10.00 a 13.00 ), contará cun máximo de 75 participantes e será gratuíto para as asistentes.
Dumbría acolle o seminario o sábado 28 de novembro

Inscricións ata o 17 de novembro

No caso de ter praza e non poder asistir, pregámoslle que nos comunique a súa baixa na conta info@escuelahkf.es ou no teléfono 670770004, para facilitar a participación doutras persoas.

FESTIVAL ESCENA MULLER 2026 (FEM)

Miniatura Noticia
FEM 2026 xa está en marcha
Do 19 de outubro ao 8 de novembro, Camariñas, Dumbría e Vimianzo convértense nun mesmo territorio de creación, memoria, pensamento e encontro.
Esta edición reúne teatro, música, narración oral, exposicións, obradoiros e mediación cultural, conectando creadoras galegas con escolas, público adulto, mulleres de distintas xeracións e comunidades dos tres concellos, co apoio da Deputación da Coruña.
FEM fala de igualdade, pero tamén de quen crea, quen conta, quen conserva a memoria e quen ten dereito a acceder á cultura, porque a cultura é un dereito. Facemos do rural un espazo de creación contemporánea, participación e oportunidades, e non só un lugar onde programar actividades.
Durante estas semanas pasaremos polos tres concellos con propostas que percorren a memoria das mulleres, a oralidade, os coidados, o corpo, o humor, a creación comunitaria e a escena contemporánea.
👉 Desliza e descubre a programación de FEM 2026 en Camariñas, Dumbría e Vimianzo.
E isto acaba de empezar

CONTRATACIÓN DUN ASISTENTE DE DIRECCIÓN E ADMINISTRATIVO

Miniatura Noticia

A ORDE do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais e cos organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento TR350E e TR349Z).), e se convocan para o ano 2026 establece o procedemento para a contratación dun auxiliar administrativo que o concello de Dumbría considera imprescindible para o exercicio das súas funcións.


CONTIA DA SUBVENCION: 16.902,64 euros


OBXECTIVOS

O obxecto é financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro para a contratación durante nove meses de persoas mozas, inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral (códigos de procedemento TR350E e TR349Z).

A finalidade é mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas que non estudan nin traballan, inscritas como beneficiarias no Sistema nacional de garantía xuvenil, mediante a prestación de servizos que lles posibiliten ás persoas participantes realizar un traballo efectivo que lles procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo.

 

RESULTADOS

Coa contratación dunha auxiliar administrativa, ademáis da práctica profesional obtida pola persoa traballadora ofrécense os seguintes servizos á entidade local e á veciñanza que podemos resumir:

- Atención ao público, telefónica e persoal

- Uso da administracion electronica para os tramites necesarios

- Elaboración e mecanografiado de escritos diversos, correspondencia e resto de documentos

- Manexo dos programas informáticos necesarios para a súa actividade (gravación de datos,

obtención de listaxes, etc.)

- Xestión de correspondencia (recepción, distribución e arquivo)

- Tarefas sinxelas e programadas ou estandarizadas da xestión administrativa

- Fotocopiado de documentos e tarefas administrativas diversas

- Control e reposición de material de oficina do seu departamento

- Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico, propia da sua capacitación profesional e vinculada co eido competencial no que se integra.

Encontro con mulleres escritoras

Miniatura Noticia
Continúa o 𝑶𝒖𝒕𝒐𝒏𝒐 𝒏𝒂𝒔 𝑩𝒊𝒃𝒍𝒊𝒐𝒕𝒆𝒄𝒂𝒔 𝒅𝒆 𝑫𝒖𝒎𝒃𝒓𝒊́𝒂 conmemorando a un tempo o Día Internacional das Bibliotecas e mais o Día das Escritoras
 
📆 Sábado 24 de outubro
🕦 11:30 h
📍 Instalacións do Conco - Dumbría
 
Desde as bibliotecas dumbriesas celebraremos no Día Internacional das Bibliotecas, conmemorando ao mesmo tempo o Día das escritoras, un encontro con mulleres autoras vinculadas, por variadas razóns, ao noso concello.
 
Contaremos coa presenza de distintas mulleres que, de diversos xeitos, están unidas a Dumbría:
 
Nieves García Centeno. con orixes na parroquia de Buxantes, xornalista e historiadora, presentará a súa obra Arsínoe, reina de Alejandría. A historia da muller que lle arrebatou o trono á súa irmá maior, Cleopatra, e que ousou enfrontarse a Xulio César para salvar a Exipto de Roma.
 
Rebeca Cernadas Ameijeiras. Nacida na parroquia de Salgueiros, presentaranos La niña del columpio, libro que publicou xunto con Miguel López, que tamén nos acompañará neste encontro. Neste libro narran a historia de Álvaro e Martina, dúas persoas de orixes diferentes cuxos camiños se cruzan a raíz da enfermidade que teñen en común, a Esclerose Múltiple.
 
Érica Domínguez Pais. Veciña de Hospital, é autora de Reflexións confinadas, un relato moderno sobre a historia de pandemia que paralizou as nosas vidas fai seis anos. Mestra de Audición e Linguaxe, avoga pola importancia da literatura en todas as etapas da vida, fundamentalmente na infancia.
 
Guadalupe Vázquez Formoso. Mestra e escritora. Ten publicadas obras poéticas, novelas e tamén libros infantís. Unha delas, Carburos é o meu Dios, ambientada no Ézaro. Tamén prologou o libro de Rebeca Cernadas e Miguel. Presentará unha das súas últimas obras: Eu, Monstro, unha novela na que aborda a transfobia e que supón, ademais, unha celebración da diversidade e un convite a construír pontes de amor e respecto.
 
Estarán con nós as tres mulleres gañadoras das primeiras edicións do Certame de relatos Territorio Vákner:
 
Natalia Lema Otero. Gañadora da 1ª edición escribindo O Vákner era unha muller. Obtivo dous segundos premios en edicións posteriores deste certame. Gañadora de múltiples galardóns literarios que van desde a poesía ao relato. O máis recente, o Premio XX Certame de Poesía Antón Zapata.
 
Ainhoa Conde Castro. Gañadora da 2ª edición co relato Querida Catalina. Inspectora da Mariña civil. É autora de obras coma Devotos do Destino, Lo que debí decirte, No lo llames Amor, ou Aurora.
 
Natalia Monje. Gañadora da 3ª edición con Bring your Spirit Down. Formada en Historia con especialización en Xornalismo, ten publicado novela e ensaio.
 
Contaremos, tamén, coa presenza, aínda que dixital, doutras mulleres ligadas á literatura e a Dumbría que, malia non poderen asistir este día, non queren deixar pasar a ocasión de acompañarnos dalgún xeito. Pero iso será unha sorpresa reservada a todas as persoas asistentes.

Obradoiros infantís de Samaín e Outono

Miniatura Noticia
Do 19 ao 30 de outubro, de 16 a 20 horas, nas cinco bibliotecas municipais realizaranse obradoiros de outono e Samaín.
Están dirixidos á rapazada desde os 3 ata os 12 anos.
 
Teremos contos, xogos, manualidades, decoracións,...
 
Consultar calendario no cartel

FEM 2026. Creando panos. Obradoiro para mulleres

Miniatura Noticia

O FEM, Festival Escena Muller 2026, xa está en marcha… e ábrense as inscricións para «Creando panos»!

📍 Dumbría · 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐎𝐥𝐯𝐞𝐢𝐫𝐚
📅 28 e 29 de outubro
🕕 de 18:00 a 20:00 h

Un obradoiro con Noelia Darriba: un encontro para mulleres de todas as idades no que compartir historias, rir e crear xuntas.

Ao longo de dúas sesións, Noelia acompañaranos nunha conversa entre vivencias e lembranzas. Esas palabras irán tomando forma en panos con frases e mensaxes propias.

Un tempo para nós, para expresarnos, escoitarnos e descubrir o que nos une entre xeracións. Os panos creados formarán parte das mostras do FEM, porque as nosas historias tamén fan cultura.


📝 Participación gratuíta con inscrición previa:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScSZx0tI7j0VjIh1d0z3s2pUrzqpFkBANPcgVXOT9UJ8yIEJA/viewform

Reserva un tempo para ti. Agardámoste!

#FEM2026 #CreandoPanos #CostaDaMorte #aculturaéundereito #Dumbría

CERTAME LITERARIO TERRITORIO VÁKNER 2026

Miniatura Noticia
Convocada unha nova edición do Certame literario Territorio Vákner organizado por La Voz de Galicia e o Concello de Dumbría.
 
O certame literario TERRITORIO VÁKNER ten 2 𝐦𝐨𝐝𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬⤵

Modalidade adultos: 𝐕 𝗘𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗥𝗘𝗟𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗠𝗜𝗦𝗧𝗘𝗥𝗜𝗢 𝗡𝗢 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗡̃𝗢. Dirixido a maiores de 16 anos.
Premios adultos:
Tres primeiros relatos seleccionados: diploma e peza distintiva.
1º premio: 2.000€
2º premio: 1.000€
 
E a modalidade escolar, coa 𝐕𝐈 𝗘𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗖𝗢𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗠𝗜𝗦𝗧𝗘𝗥𝗜𝗢 𝗡𝗢 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗡̃𝗢, con dúas categorías nas que poderá participar o alumnado dos colexios polos que transcorre o Camiño de Fisterra e Muxía, e mais os de Carnota e Vimianzo por estar escolarizados alí nenas/os de Dumbría:
  • Alumnado de 5º e 6º de primaria
  • Alumnado da ESO
Premios das categorías escolares:
750€ para o colexio ao que pertenza a persoa gañadora de cada categoría
Cinco relatos seleccionados: diplomas
3 primeiros: obsequio
 
Inscricións/envío de textos: ata o 20 de outubro a eventos.carballo@lavoz.es
 
𝐂𝐨𝐧𝐬𝐮𝐥𝐭𝐚𝐫 𝐛𝐚𝐬𝐞𝐬

Galería de imaxes

Outono nas Bibliotecas de Dumbría 2026

Miniatura Noticia
En outubro, celebramos o Día das Bibliotecas cunha morea de actividades que se estenden ao longo de todo o mes.
 
Teremos contacontos e obradoiros con tea, madeira, estampado, pintura, robótica,...
 
Este outono, tes unha cita coas 5 bibliotecas do Concello de Dumbría.
 
*Prazas limitadas nos obradoiros
 
Actividades enmarcadas no programa de dinamización Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Galería de imaxes