Ir o contido principal

Marcela e Elisa

Miniatura Noticia

«La de Elisa y Marcela es una de las más extraordinarias historias de amor de todos los tiempos. La mismísima Emilia Pardo Bazán reconoció que nunca habría sido capaz de imaginar una novela semejante. (…) Tenemos un libro que es algo más que un libro. Una obra singular, uno de los libros más excitantes, mentalmente, de los últimos años.» Manuel Rivas


       Por todos os veciños de Dumbría é coñecida a historia destas dúas mestras: Marcela Gracia Ibeas y Elisa Sánchez Loriga. A súa unión matrimonial realizouse máis de 100 anos antes de que a lei permitira ós homosexuais españois contraer matrimonio. Era no noso concello alá polo ano 1889 cando destinan a Marcela a dar clase na Escola de Dumbría.
 
        Foi o escritor galego  Narciso de Gabriel co seu libro "Elisa y Marcela" publicado no ano 2008 e despois de 15 anos de investigación, o  que sacou á luz o que para uns marcou o precedente dos matrimonios homosexuais en España e para outras se queda nunha extraordinaria historia de amor.  Marcela e Elisa están de actualidade, e a Universidade da Coruña organiza unha mostra fotográfica do estudo Sellier do casamento destas dúas mulleres. 

O historiador local Modesto García Quintáns publica na Voz de Galicia unha nova sobre a historia destas dúas mulleres.

MAGOSTO INFANTIL

Miniatura Noticia
O sábado, 3 de decembro, das 16.00 ás 18.00 horas, nas instalacións do Conco, o Concello organiza un magosto para os máis pequenos da casa.
Haberá castañas, xogos e non podía faltar a música, que virá da man dun concerto didáctico ofrecido por Son+d2.

Inscricións: entregar autorización nas Casas Culturais ou no Concello antes do 30 de novembro.

Haberá servizo de autobuses polas parroquias.

Novas guías de turismo do Camiño de Santiago

Miniatura Noticia

O concello acaba de editar 5000 guías turísticas sobre a prolongación do Camiño de Santiago cara Fisterra e Muxía. Serán repartidas polos albergues do Camiño dende Roncesvalles.

Pretende ser unha ferramenta de información para aqueles pereguinos que decidan prolongar a súa ruta cara Fisterra ou Muxía.

Nela tamén se mostran os dous albergues que posúe o Concello de Dumbría; un en Olveiroa e o outro en Dumbría.


A nova na prensa. A Voz de Galicia 3/12/2011

NADAL 2011

Miniatura Noticia
Chegou o Nadal! e nas Casas Culturais querémolo compartir con todos/as vós.

  • PAPÁ NOEL vai vir visitarnos durante as clases de informática:
Dumbría: venres, 16 de decembro
Buxantes: luns, 19 de decembro
Olveira: martes, 20 de decembro
Ézaro: mércores, 21 de decembro
Berdeogas: xoves, 22 de decembro

  • FESTA infantil de Nadal o martes 27 de decembro nas instalacións do Conco.
De 11.00 a 17.00 horas.
Actuación do Mago Dani ás 15.30 horas.
Haberá servizo de autobuses polas parroquias.
Tedes que inscribirvos antes do día 23

  • Un PAXE REAL pasará polas Casas Culturais para recoller as vosas Cartas ós Reis Magos.
Luns, 2 de xaneiro:
17.00 horas: Ézaro
18.00 horas: Olveira
19: 00 horas: Berdeogas

Martes, 3 de xaneiro:
17.00 horas: Dumbría
18.00 horas: Buxantes

BOAS FESTAS!!       

    

Novos talleres de Informática

Miniatura Noticia
Dentro da programación anual das clases de Informática ofertamos os seguintes talleres de alfabetización dixital para o primeiro semestre do ano:

  • DUMBRÍA
          --Procesador de textos- Word. (15 horas)
          --Internet e redes sociais. (15 horas)
  • OLVEIRA
         -- Procesador de textos- Word. (15 horas)
         --Internet e redes sociais. (15 horas)
  • BUXANTES 
       --Procesador de textos- Word. (15 horas)
  • ÉZARO
      -- Internet e redes sociais. (15 horas)
      -- Presentacións. Powerpoint. (6 horas)
  • BERDEOGAS
     -- Internet e redes sociais. (15 horas)
    --  Folla de cálculo. Excel. (6 horas)
 Para asistir a estes talleres é preciso inscribirse nas Oficinas Municipais ou nas Casas de Cultura.

A volta ciclista a España chega a Dumbría

Miniatura Noticia


Hoxe foi a presentación oficial da Volta Ciclista a España 2012 en Pamplona .


Comenzará o 18 de agosto nesta cidade e rematará o 9 de setembro en Madrid. 



 O día 30 de agosto a 12ª etapa ( Vilagarcía- Mirador de Ézaro)
 pisará terras dumbriesas. É un feito inédito, xa que é a primeira vez que un acontecemento deportivo de esta índole se disfruta na Costa da Morte. 

O Monte Pindo e o Mirador de Ézaro recibirán, despois de 185 km percorridos desde Vilagarcía de Arousa e cun tramo que acada o 30% de desnivel, a Volta Ciclista a España 2012: Dumbría é Deporte

Podes ver todo o percorrido da "Vuelta a España 2012"  no seguinte mapa





Estamos en ...Fitur

Miniatura Noticia
        
A Feira Internacional de Turismo (Fitur) acolle durante esta fin de semana ( do 12 ó 15 de xaneiro) a presentación da  Vuelta Ciclista a España 2012 que chegará ó noso concello o día  30 de agosto  . Este evento deportivo abrirá a ventá a máis de 140 países que poderán disfrutar a través da retransmisión da paixase do Monte Pindo, praia do Ézaro e por suposto o Mirador.
   
O 'stand'  NERIA -Costa da Morte,será o escaparate da Costa da Morte e nel   preséntase a  chegada da duodécima etapa  a Dumbría, que, situará a línea de meta no Mirador de Ézaro. Tamén neste estand se repartirán 3 guías de turismo da Costa da Morte

En total, Neria repartirá  uns  65.000 elementos divulgativos de todo tipo, dende pequenas guías ou dípticos e trípticos ata  libros específicos sobre conxuntos etnográficos.




ENTROIDO 2012

Miniatura Noticia

DOMINGO, 19 DE FEBREIRO

Ø    Concentración de tódolos disfrazados/as ás 17:00 horas na porta do Concello.
Ø     Pasarrúas ata a praza da Igrexa.
Ø     Entrega dunha bolsa de golosinas a cada neno disfrazado.
Ø     Como remate da festa, baile coa orquestra Fania Blanco Show

PREMIOS:
1º premio comparsas: 800 €
2º premio comparsas: 400 €
3º premio comparsas: 200 €
1º premio de 120 € ó disfraz individual máis orixinal.

As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do 16 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas.

As comparsas participantes terán un mínimo de 6 compoñentes e realizarán unha actuación, ben sexan coplas, bailes ou representacións.

Ademais, as comparsas pertencentes ó concello de Dumbría poderán optar a unha axuda económica, debendo cumprir os requisitos recollidos nas bases.

As bases poden consultarse nas oficinas municipais.


 
POR OUTRA BANDA:
a semana previa a este concurso, de luns a venres e en horario de tarde, en tódalas casas culturais do concello haberá talleres para a confección de caretas e disfraces.


DUMBRÍA É ENTROIDO



 

Acreditación profesional- Convocatoria de 2012

Miniatura Noticia

Baixo o lema "Pon en valor a túa experiencia profesional" a Concellería de Educación e Ordenación Universitaria pón en funcionamento o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo. Esta acreditación permite acreditar e convalidar a experiencia que se posúa nun determinado campo e equiparalo a un estudo de FP
  ( Formación Profesional). 
Os requisitos  son os seguintes:
  • Posuír nacionalidade española, ou tarxeta da Unión Europea ou titular dunha autorización de residencia en España. 
  • Ter 18 anos cumpridos para o nivel II e 20 anos para o nivel III.
  • Ter experiencia laboral  e/ou formación relacionadas coas competencias que se queiran convalidar:
  •  No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos 3 anos cun mínimo de 3000 horas traballadas, nos últimos 10 anos.
  • No caso de formación, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos.
  • As persoas interesadas non poderán estar matriculadas nin cursando un curso de formación profesional.
A documentación que é necesario presentar constará de: Para traballadores asalariados: Informe da Vida Laboral, contrato de traballo ou certificación da empresa; para traballadores autónomos; certificado dos períodos de alta da Seguridade Social no réximen correspondente e a descripción da actividade que se levou a cabo.

Podedes consultar toda a información do proceso e os títulos que se poden acreditar nesta convocatoria  na páxina web : http://www.edu.xunta.es/acreditacion.

O prazo de presentación será dende o 16 de xaneiro ó 15 de febreiro.

Podedes informarvos de todo o proceso nos centros de Cee
  • IES Agra de Raíces:    Rúa Buenaventura Castro Rial  Cee   981745950
  • IES Fernando Blanco   Avenida Fernando Blanco 99  Cee   981745350

Graduado en ESO

Miniatura Noticia
Rematou na presente semana o curso referido ó primeiro cuadrimestre da Educación Secundaria para Adultos.

Neste cuadrimestre obtiveron esta titulación 8 persoas que asistiron ás clases que o Concello imparte desde o mes de outubro. E xa son 18 veciños/as os que se graduaron desde que se puxera en marcha esta actividade en novembro do 2010.


A vindeira semana comeza un novo curso para a obtención do graduado en ESO.

As persoas interesadas serán inscritas no Instituto San Clemente de Santiago na modalidade de formación a distancia.

O Concello ofrecerá de novo ós veciños/as interesados/as a posibilidade de asistir a clases nocturnas para axudarlles a supera-las probas para aobtención de dita titulación.