Ir o contido principal

Cociñando no Conco

Miniatura Noticia
O tempo está tolo! 
E como non invita a darse moitos chapuzóns, onte e hoxe nas instalacións do Conco, decidimos quedar ó quente e facer unhas galletiñas.
No pavillón tamén houbo carreiras de camareiros toleiróns.

Pandeireta e Baile Tradicional

Miniatura Noticia



O sábado día 22 de outubro tiveron comezo as clases de baile tradicional e pandeireta. Son impartidas coa colaboración da  A.C.D.R " As Neves" de Buxantes, e poden asistir todos os veciños e veciñas de Dumbría.
  • Día:  Sábados polas tardes
  • Lugar: Teleclub de Buxantes
Fonte: www.danzatradicional.com

MAXIA EN BERDEOGAS

Miniatura Noticia

O sábado, 5 de novembro, ás 19 horas, terá lugar no Centro Social e Cultural de Berdeogas unha actuación do Mago Marttyn.


O espectáculo é apto para tódolos públicos e a entrada será gratuíta.

Agardámosvos!



INFORMATÍZATE

Miniatura Noticia
Esta semana dan comezo as clases de INFORMÁTICA.

Están dirixidas a tódolos veciños/as a partir dos 4 anos e xa se inscribiron 130 alumnos e alumnas.


Impartiranse en tódalas Casas Culturais.

Luns: Buxantes
Martes: Olveira
Mércores: Ézaro
Xoves: Berdeogas
Venres: Dumbría

Se non estás apuntado, aínda estás a tempo!

CONTACONTOS

Miniatura Noticia
A vindeira semana, do 28 de Novembro ó 2 de Decembro,
ás 17.00 h., en tódalas Bibliotecas do Concello desenvolverase unha sesión de contacontos dirixida a tódolos nenos e nenas de Dumbría.


  • Luns: Dumbría
  • Martes: Ézaro
  • Mércores: Berdeogas
  • Xoves: Buxantes
  • Venres: Olveira

Marcela e Elisa

Miniatura Noticia

«La de Elisa y Marcela es una de las más extraordinarias historias de amor de todos los tiempos. La mismísima Emilia Pardo Bazán reconoció que nunca habría sido capaz de imaginar una novela semejante. (…) Tenemos un libro que es algo más que un libro. Una obra singular, uno de los libros más excitantes, mentalmente, de los últimos años.» Manuel Rivas


       Por todos os veciños de Dumbría é coñecida a historia destas dúas mestras: Marcela Gracia Ibeas y Elisa Sánchez Loriga. A súa unión matrimonial realizouse máis de 100 anos antes de que a lei permitira ós homosexuais españois contraer matrimonio. Era no noso concello alá polo ano 1889 cando destinan a Marcela a dar clase na Escola de Dumbría.
 
        Foi o escritor galego  Narciso de Gabriel co seu libro "Elisa y Marcela" publicado no ano 2008 e despois de 15 anos de investigación, o  que sacou á luz o que para uns marcou o precedente dos matrimonios homosexuais en España e para outras se queda nunha extraordinaria historia de amor.  Marcela e Elisa están de actualidade, e a Universidade da Coruña organiza unha mostra fotográfica do estudo Sellier do casamento destas dúas mulleres. 

O historiador local Modesto García Quintáns publica na Voz de Galicia unha nova sobre a historia destas dúas mulleres.

MAGOSTO INFANTIL

Miniatura Noticia
O sábado, 3 de decembro, das 16.00 ás 18.00 horas, nas instalacións do Conco, o Concello organiza un magosto para os máis pequenos da casa.
Haberá castañas, xogos e non podía faltar a música, que virá da man dun concerto didáctico ofrecido por Son+d2.

Inscricións: entregar autorización nas Casas Culturais ou no Concello antes do 30 de novembro.

Haberá servizo de autobuses polas parroquias.

Novas guías de turismo do Camiño de Santiago

Miniatura Noticia

O concello acaba de editar 5000 guías turísticas sobre a prolongación do Camiño de Santiago cara Fisterra e Muxía. Serán repartidas polos albergues do Camiño dende Roncesvalles.

Pretende ser unha ferramenta de información para aqueles pereguinos que decidan prolongar a súa ruta cara Fisterra ou Muxía.

Nela tamén se mostran os dous albergues que posúe o Concello de Dumbría; un en Olveiroa e o outro en Dumbría.


A nova na prensa. A Voz de Galicia 3/12/2011

NADAL 2011

Miniatura Noticia
Chegou o Nadal! e nas Casas Culturais querémolo compartir con todos/as vós.

  • PAPÁ NOEL vai vir visitarnos durante as clases de informática:
Dumbría: venres, 16 de decembro
Buxantes: luns, 19 de decembro
Olveira: martes, 20 de decembro
Ézaro: mércores, 21 de decembro
Berdeogas: xoves, 22 de decembro

  • FESTA infantil de Nadal o martes 27 de decembro nas instalacións do Conco.
De 11.00 a 17.00 horas.
Actuación do Mago Dani ás 15.30 horas.
Haberá servizo de autobuses polas parroquias.
Tedes que inscribirvos antes do día 23

  • Un PAXE REAL pasará polas Casas Culturais para recoller as vosas Cartas ós Reis Magos.
Luns, 2 de xaneiro:
17.00 horas: Ézaro
18.00 horas: Olveira
19: 00 horas: Berdeogas

Martes, 3 de xaneiro:
17.00 horas: Dumbría
18.00 horas: Buxantes

BOAS FESTAS!!       

    

Novos talleres de Informática

Miniatura Noticia
Dentro da programación anual das clases de Informática ofertamos os seguintes talleres de alfabetización dixital para o primeiro semestre do ano:

  • DUMBRÍA
          --Procesador de textos- Word. (15 horas)
          --Internet e redes sociais. (15 horas)
  • OLVEIRA
         -- Procesador de textos- Word. (15 horas)
         --Internet e redes sociais. (15 horas)
  • BUXANTES 
       --Procesador de textos- Word. (15 horas)
  • ÉZARO
      -- Internet e redes sociais. (15 horas)
      -- Presentacións. Powerpoint. (6 horas)
  • BERDEOGAS
     -- Internet e redes sociais. (15 horas)
    --  Folla de cálculo. Excel. (6 horas)
 Para asistir a estes talleres é preciso inscribirse nas Oficinas Municipais ou nas Casas de Cultura.