Ir o contido principal

Abril: mes dos libros (II)

Miniatura Noticia
Esta semana celebramos o día do libro nas casas de cultura do concello, fixemos marcadores de páxinas e cruzamento de libros


O cruzamento de libros gustou tanto, que vai continuar unha temporadiña máis.



E, para rematar con estas celebracións, a vindeira semana os nenos e nenas de Infantil e do Primeiro Ciclo de Educación Primaria van visitar a Biblioteca do Conco, para coñecer as súas instalacións e facer o carné de lectores.

Velaquí algunhas fotos das actividades:


















Na semana pasada publicabamos unha entrada sobre o libro de Modesto García Quintáns " El Ayuntamiento de Dumbría: historia, tradiciones y costumbres" que abarca todo a historia do concello. Recollemos nesta entrada outros libros que tratan tamén do noso concello dende  outros puntos de vista.







  1. Arquitecturas da provincia da Coruña: Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía
  2. Dumbría; Mazaricos. Diputación Provincial
  3. Prospectiva de desenvolcemento local: Dumbría. Diputación Provincial



NAS LETRAS COA MÚSICA

Miniatura Noticia
O sábado, 19 de maio, celebraremos nas instalacións do Conco - Dumbría o día das Letras Galegas.


Contaremos con:
  • Obradoiro de música tradicional
  • Actuación dos alumnos de primeiro ano da Escola Municipal de Música Tradicional - ACDR As Neves
  • Actuación do grupo Mar Adentro e o grupo de gaitas da ACDR As Neves de Buxantes.
  • Merenda tradicional.

Haberá servizo de autobuses para recoller ós nenos/as polas parroquias.

É preciso entregar unha autorización nas Casas Culturais ou no Concello antes do luns, 14 de maio.

Orquestra LIRA ( 1947-1956)

Miniatura Noticia




Orquestra LIRA de Dumbría. 
Ano 1947-1956



Xa empezan a chegar as primeiras imaxes que formarán parte do proxecto de              
 " Dumbría en branco e negro".  
Neste caso, Modesto García envíanos unha foto da Orquestra Lira de Dumbría .


Pronto percorreremos as Casas de Cultura na procura de máis imaxes.



Sesión formativa "Comunicación e Internet"

Miniatura Noticia
O Concello organiza para o venres, 25 de maio ás 19.00 horas, unha sesión  formativa sobre comunicación en internet e oportunidades de innovación no rural.



Impartiráa Daniel Cerqueiro García,    director de Galinus.



Ó final desta reunión informativa, tamén se fará entrega dos diplomas acreditativos da asistencia ós diferentes talleres de informática desenvolvidos ó longo deste curso 2011 - 2012 polo Concello.

Estades todos invitados a asistir!

Nas Letras coa música

Miniatura Noticia


O pasado sábado, 19 de maio,  celebramos nas instalacións do Conco o día das Letras Galegas 2012. Este ano fixémolo con música tradicional galega
O grupo Mar Adentro e os grupos de gaitas e de pandeiretas da ACDR As Neves de Buxantes, amenizaron a tarde coa súa actuación.
Tamén participaron da festa os nenos e nenas de primeiro ano da Escola Municipal de Música Tradicional, da man de Álex Insua, o seu profesor na Asociación As Neves.
Álex completou o programa cun obradoiro de música tradicional para os máis pequenos.
Ó remate da festa houbo unha merenda con chocolate e pan de ovo para recobrar forzas.



Deixámosvos aquí unhas imaxes como testemuño dese día:












Dumbría, paraxe con encanto

Miniatura Noticia
O sábado, 26 de maio, ás 18.00 horas, terá lugar o acto de inauguración da exposición fotográfica Dumbría, paraje con encanto.


A fotógrafa Denia Priegue exporá a súa obra nas instalacións do Conco desde o 26 de maio ata o 23 de xuño.



A exposición poderá ser visitada de luns a venres, desde as 16.00 ata as 22.30 horas.

Daniel Cerqueiro e Denia Priegue en Dumbría

Miniatura Noticia


Esta fin de semana tivo lugar a clausura dos talleres de informática  2012 con unha sesión formativa sobre novas tecnoloxías. Desta encargouse o 
co-fundador de Galinus- Taller de Novos Medios:  Daniel Cerqueiro.
A sesión sobre oportunidades de innovación no noso entorno mostrounos como no rural é posible a tecnoloxía e a innovación, e mostrounos varios exemplos diso.




















Por outro lado, o sábado tivo lugar a presentación da exposición fotográfica "Dumbría, paraxe con encanto" de Denia Priegue. Estará exposta ata finais de xuño no Conco.








GALEGO DE CINE

Miniatura Noticia
O sábado, 9 de xuño, ás 10.30 h chegará ás instalacións do Conco a caravana de Galego de Cine.

Trátase dunha actividade promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que está destinada a 20 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

Baséase na visión e no traballo con diferentes contidos audiovisuais en galego a través dos cales os nenos e as nenas participantes chegarán a construír o seu propio conto. Isto completarase cun vídeo-matón que lles permitirá aos rapaces gravar o conto inventado durante o desenvolvemento da actividade.
METODOLOXÍA:
Duración de 3 horas
      - Visión do filme.
      - Actividade de comprensión do filme.
      - Confección dun conto orixinal.
            - Fase de vídeo-matón.

Para participar é preciso cubrir unha ficha de inscrición e entregala no Concello antes do 7 de xuño.

ACTIVIDADES DE VERÁN

Miniatura Noticia
Xa está aberto o prazo de inscrición nas actividades das escolas deportivas e culturais de verán.

- cursos de iniciación e perfeccionamento de natación na piscina municipal (nenos e adultos)
- xogos populares, deportivos e de mesa
- talleres didácticos e manualidades
- biblioteca
- internet


Haberá servizo de transporte gratuito desde as parroquias para os rapaces e rapazas que participen nestas actividades, que se desenvolverán nas instalacións do Conco (Dumbría).


Inscricións ata o 26 de xuño nas casas culturais e nas oficinas municipais.

FESTA FIN DE CURSO

Miniatura Noticia
O martes, 26 de xuño, levarase a cabo unha festa fin de curso para os nenos e nenas para despedir as actividades municipais.

Terá lugar na praia de Ézaro (se chovese, as actividades trasladaríanse ás instalacións do Conco)

Haberá xogos na praia e contaremos coa actuación do MAGO BENXAMÍN, que representará a súa obra Magic.

Haberá servizo de autobuses para recoller ós nenos/as polas parroquias.

O concello farase cargo da comida dos participantes.


Para asistir, é preciso entregar unha autorización nas oficinas municipais ou nas casas culturais antes do 21 de xuño.