Ir o contido principal

NOVOS TALLERES DE INFORMÁTICA

Miniatura Noticia




A partir do 15 de maio, darán comezo novos talleres de informática.

Desenvolveranse nas instalacións do Conco (Dumbría)
os mércores, a partir das 21:00 h., e os venres, a partir das 19:30 h.





Ven facer o teu ÁLBUM de fotos dixitais. 10 horas.

Aprende a retocalas con Gimp (software libre):
Crear fotomontaxes, engadir efectos, crear gifs animados, corrección de cores, brillo,..., convertir imaxes a branco e negro, etc.
Retoque fotográfico e de imaxes con Gimp (software libre). 10 horas.

Google e as súas utilidades10 horas.
Aprende a  traballar con documentos en liña e a compartilos con Google Drive. Descargaremos aplicacións para o móbil desde a Play Store. Crearemos un blog. Crearemos un álbum dixital con Picasa. Aprenderemos a subir vídeos a Youtube.
E aprenderemos a sacarlle partido a moitas outras utilidades de Google.

Inscríbete antes do 12 de maio, nas Casas Culturais ou nas oficinas municipais. Teléf.: 981 744 001

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN

Miniatura Noticia
A Deputación da Coruña pon en marcha o programa de Campamentos Deportivos para o ano 2015.
Estes campamentos están destinados ós rapaces nados nos anos:
Grupo A: 2005, 2004, 2003, 2002 e 2001. Grupo B: 2000, 1999 e 1998, residentes na provincia.
A sede dos campamentos será o centro Calvo Sotelo (A Coruña).
Cuota de inscrición: 85 €.

AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES: Deportes náuticos, equitación, paseos a cabalo,multiaventura, kaiaks, orientación, piragüismo, paseosen barco. 
Pernocta dunha noite en tenda de campaña.
Ademáis…
Deportes: Tenis, voleibol praia, fútbol 7, baloncesto,voleibol, batuka, capoeira, hip-hop.
ESTE ANO: DEPORTE+INGLÉS para os mozos/as nados nos anos 2000, 1999 e 1998.

VELADAS NOCTURNAS:
Realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o respecto polos demáis.

ACTIVIDADES CULTURAIS:
Visita a centros de interese cultural na comarca, e na cidade da Coruña.

Ó concello de Dumbría perténcenlle as seguintes quendas:
GRUPO A: do 12 ao 18 de xullo.
GRUPO B: do 19 ao 25 de xullo.
Os interesados en participar teñen ata o 29 de maio para inscribirse nas oficinas municipais.
PRAZAS LIMITADAS!

Letras Galegas 2015: Xosé Filgueira Valverde

Miniatura Noticia
Hoxe visitáronnos na biblioteca do Conco os nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP Santa Eulalia de Dumbría.
Viñeron celebrar con nós o día das Letras Galegas.
Contamos o conto dos tres porquiños, cantamos a canción do Lobo e pasamos unha mañá moi animada.
Para rematar a xornada, todos/as fixemos o noso carné da biblioteca para poder levar libros para as nosas casas.
Xa sabedes que o trasniño do Conco está desexando vervos de novo, así que, volvede moi pronto amigos e amigas!


Na biblioteca de Conco podedes visitar a exposición sobre Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.
Tamén podedes consultar no catálogo das bibliotecas de Dumbría as obras del que temos.


 Por que o 17 de maio?

O 20 de marzo de 1963 Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, membros da RAG, propuxeron nesta institución que se declarase o 17 de maio de cada ano o “Día das Letras Galegas” como data para recoller o latexo material da actividade intelectual galega.

Ese ano celebrábase o centenario da publicación de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, considerada a primeira obra mestra coa que contou a literatura galega contemporánea.


Propúxose o 17 de maio, ao ignorarse a data de publicación do libro, por ser nese día cando Rosalía llo dedicou ao poeta Fernán Caballero.  

A Real Academia Galega, na súa sesión plenaria do 5 de xullo de 2014, acordou adicar o Día das Letras Galegas de 2015  a Xosé Filgueira Valverde (1906–1996) pola súa extensa obra de carácter divulgativo que o converte nunha das figuras centrais da cultura galega do século XX.
        

Xosé Filgueira Valverde


(1906 – 1996)

Por que Xosé Filgueira Valverde?


Porque foi un investigador, escritor e xestor cultural que contribuíu á comprensión do que foi, e pode ser Galicia. Figura controvertida e, ao mesmo tempo, firmemente comprometida na defensa e promoción da nosa cultura, que nos deixou un dos legados intelectuais máis importantes da segunda metade do século XX.

Ademais da súa extensísima obra,  Xosé Filgueira participou na creación e impulso dalgunhas das empresas culturais máis relevantes da Galicia do seu tempo, tales como o Seminario de Estudos Galegos, o Museo de Pontevedra (do que foi director), o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos (do que foi presidente), a Editorial Bibliófilos Gallegos, o Consello de Cultura Galega (do que tamén foi presidente), ou o Seminario de Estudos Galegos.

Tamén foi recoñecido con premios como a Cruz de Honra de  San Raimundo de Pañafort, a Gran Cruz da  Orde do Mérito Civil,  a Medalla de Ouro da Cidade de Pontevedra, o Premio da  Deputación da Coruña , a Medalla de Ouro da Provincia de Pontevedra, a  Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, a  Medalla Castelao, o  Premio Otero Pedrayo, o Premio  Fernández-Latorre, ou o  Premio Trasalbada Fundación Otero Pedrayo. Foi nomeado  Galego Egrexio pola Fundación Premios da Crítica,  Doutor Honoris Causa  polas universidades de Santiago de Compostela e  Vigo,  foille outorgado o  Premio Nacional de Historia de Españae foi membro da Real Academia Galega. 
Días despois do seu pasamento o  Centro Superior Bibliográfico de Galicia  pasou a denominarse  Centro Superior Bibliográfico de Galicia Xosé Fernando Filgueira Valverde,  e en 2007 foi nomeado Fillo Predilecto da Provincia de Pontevedra. Ao que engadimos, a partir deste ano, ser homenaxeado o Día das Letras Galegas.

Quen é Xosé Filgueira Valverde?

Xosé Filgueira, fillo de José María Filgueira Martínez e Araceli Valverde Yaquero, naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906.

Estudou bacharelato na súa cidade natal, e cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo o Premio Extraordinario en 1927. Tamén comezaría nesta universidade, a carreira de Filosofía e Letras, que remataría na Universidade de Zaragoza en 1936, e na que acadaría o grao de Doutor. No ano 1959 completaría os seus estudos académicos cun diploma en Psicoloxía, tamén na USC.

Comeza a súa traxectoria como docente no ano 1928, como axudante interino da Sección de Letras, no Instituto de Ensino de Pontevedra. No ano 35 gaña por oposición a Cátedra de Lingua e Literatura Española do Instituo Jaime Balmes de Barcelona, dende o que, pasando polo de Melilla, chega ao de Lugo, onde toma posesión da praza o 8 de novembro dese mesmo ano. É aquí, onde coñece a María Teresa Iglesias de Oscáriz, coa que casa o 15 de agosto de 1938, e con quen tería 5 fillos: Araceli, José Fernando, María Teresa, Pilar e Ángeles. En 1940 acada praza no instituto de Pontevedra que se chamaría Instituto Sánchez Cantón do que será director dende 1946 ata a súa xubilación en 1976.

Ao longo da súa vida, Xosé Filgueira, participou na creación ou potenciación de moitas institucións de grande importancia no panorama cultural do seu tempo como: O Seminario de Estudos Galegos, o Museo de Pontevedra, o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos ou o Consello de Cultura Galega.

No tocante á súa faceta política, mencionar que sempre participou do galeguismo, sendo membro do Partido Galeguista de mozo, e con posterioridade da Dereita Galeguista. Ocupou cargos públicos, como presidente do Tribunal Tutelar de Menores de Pontevedra, alcalde de Pontevedra, procurador en Cortes e conselleiro provincial de Belas Artes. Foi nomeado conselleiro adxunto ao presidente para a Cultura, e conselleiro de Cultura. Tamén, foi presidente do Consello da Cultura Galega, e xuíz protector da Fundación Manuel Ventura Figueroa.

Ademais de todo isto, cabe sinalar que recibiu varios premios e condecoracións, e que foi membro da Real Academia Galega, así como da Real Academia da Lingua.

A piques de cumprir os 90 anos, o 13 de setembro de 1996, falece na casa familiar da rúa Arcebispo Malvar de Pontevedra.

    Con qué obras conta?


Filgueira Valverde foi autor dunha copiosísima produción, máis de 4.500 entradas bibliográficas entre libros, folletos, artigos, cursos e conferencias, en galego e en castelán, que abranguen unha ampla variedade de temas relacionados, moitos deles, coa investigación da historia e a cultura de Galicia.

Traballa ó redor de certos eixos temáticos recorrentes nos seus escritos, como as cidades de Pontevedra e Compostela, a música, a pintura e a arte galegas, a nosa lírica medieval e a esculca da obra de autores como Martín Sarmiento, Rosalía ou Castelao. Non é doado destacar unha soa publicación, pero por nomear polo menos unha, mencionaremos “Adral”, compilación de artigos en 9 volumes, que segundo X. Ferro Ruibal constitúen unha verdadeira “enciclopedia galeguizadora”.

· A Eirexa pre-románica de Francelos
· A Paisaxe no Cancioneiro da Vaticana
· A poesía medieval galego-portuguesa fora dos seus lindeiros: conferencia pronunciada no Auditorio da Caixa de Aforros Municipal de Vigo
· A vida do beato Aparicio nas "estampas" de Pietro Bombelli (1789)
· Adral
· Agromar: farsa pra rapaces
· Álvaro Cunqueiro
· Antón Losada Diéguez
· Armando Cotarelo Valledor: 1879-1950
· Arredor do libro: artigos de bibliofilia
· Baldaquinos galegos
· Camões: comemoração do Centenário de "Os Lusíadas"
· Cancioneiriño de Compostela
· Cancioneiriño novo de Compostela
· Castelao e os estudos galegos
· Comentarios de textos contemporáneos
· Con Otero Pedrayo
· Da épica na Galicia medieval: Discurso de ingreso de Xosé Filgueira Valverde na Real Academia Gallega e resposta de Ramón Otero Pedrayo
· Estudios sobre lírica medieva: traballos dispersos (1925-1987)
· Francisca Herrera Garrido no arquivo do museo
· Frei Martín Sarmiento (1695-1772)
· Galicia: magos, soldados e viaxeiros
· Guía dos fondos do arquivo do museo de Pontevedra
· II Adral
· III Adral
· IV Adral. Castelao na lembranza
· IX Adral
· O Himno galego: da "Marcha do Reino de Galicia" a "Os pinos" de Veiga e Pondal
· O Vigario: ensaio simbólico, orixinal e inédito
· Os nenos
· Quintana viva
· V Adral
· VI Adral
· VII Adral
· VIII Adral



VERÁN 2015: actividades Conco + Festa fin de curso

Miniatura Noticia
O verán está a piques de chegar e con el as actividades programadas nas instalacións municipais do Conco.
A piscina municipal abrirá as súas portas cos horarios de costume para o baño libre (de luns a sábado, de 15:30 h a 19:30 h)

En xullo comezan os cursos de natación (iniciación e perfeccionamento) para adultos (polas tardes).




Polas mañás realizaranse actividades para os nenos e nenas:

  • Cursos de natación
  • Obradoiros de manualidades, cociña, reciclaxe, experimentos,...
  • Xogos e dinámicas para o tempo libre
  • Xogos populares e de mesa
  • Actividades deportivas
  • Contacontos
  • Servizo de Bibliopiscina e acceso a internet
Diversiónentretementoxogoaprendizaxeexercicio físicointercambio de experienciasconvivenciainteracción dos rapaces das diferentes parroquias, .... 
Todo isto, e máis, atoparédelo este verán nas mañás estivais do Conco.

O concello porá un servizo de transporte gratuíto para trasladar ós participantes desde as parroquias ata Dumbría.

Xa podedes inscribirvos nas casas culturais ou nas oficinas municipais, Teléf.: 981 744 001, ata o 26 de xuño. No caso dos menores que desexen participar nestas actividades estivais, hase de entregar unha solicitude en calquera das instalacións municipais.


E, para ir abrindo boca, e como remate deste curso, celebraremos unha 
festa infantil na praia do Ézaro.
Será o venres, 26 de xuño.

Todos os nenos e nenas que queiran participar deben cubrir unha autorización e entregala nas casas culturais ou nas oficinas municipais  antes do 19 de xuño.


DESCARGA DE DOCUMENTOS:
1 solicitude de inscrición nas actividades do verán (xullo e agosto).
2 autorización para a festa fin de curso (26 de xuño)

23 de xuño: noite de maxia

Miniatura Noticia


 
A noite máis máxica do ano estase achegando.  Unha noite especial, chea de maxia: a noite das meigas, porque "habelashainas". 

En #Dumbría haberá festa e cachelas en tódolos lugares para conmemorar
 o San Xoán, con festas en Berdeogas e Olveira  e tamén a  larada do Ézaro


Neste día  do solsticio de verán, a noite máis curta no Hemisferio Norte, encéndense grandes cacharelas sobre as cales a xente salta para purificarse, e nas que cada un "queima " todo o negativo que quere apartar da súa vida.
Son moitos os rituais que se poden levar a cabo nesta noite meiga e para aqueles que queren quedarse cun recordo do vivido e que queiran inmortalizar o momento, e tratándose dunha das noites máis fotoxénicas do ano, deixámosvos algúns consellos para fotografar as cacharelas da man dos expertos Naturpixel.com:

1. Decide o lugarbaralla as túas posibilidades e escolle cal encaixará mellor na túa reportaxe fotográfica.


2. Planifícate: Pensa que forma lle queres dar á túa serie de fotos, como queres contalo a través de imaxes.


3. Vai con antelación. Non esperes ata que chegue a noite. Vai con tempo para coñecer o terreo, coller sitio e fotografar a evolución da festa. Tal vez encontres bos motivos fotográficos antes de que acendan o lume que che axudarán a contar mellor a túa historia, á vez que terás máis material para que a túa reportaxe fotográfica sexa máis completa.


4. Non te obsesións co flash. En fotos concretas pódelle dar un toque, mesmo podes usalo para facer fotos creativas coa cortina traseira, pero non esquezas que o suxeito principal da noite é o lume, e deixa que sexa o que ilumine a escena. Sube un pouco o ISO se fai falta, aprende a facer fotos escuras, e busca eses pequenos espazos iluminados con esa pouquiña luz cálida. Tamén podes subexpoñer un pouco, para que o lume colla ese toque alaranxado-avermellado en lugar de quedar branco.


5. Busca siluetas. É o que máis doado vas  atopaar cando a xente estea a rodear o lume. De tódolos xeitos, procura estar atento en momentos decisivos e non fotografar siluetas porque si. Primeiro observa, despois decide e finalmente dispara.


6. Busca diferentes encadres. Fai fotos xerais, despois busca detalles, cámbiate de lugar, mestúrate coa xente... fai que as túas fotos sexan o máis variadas posibles, mira coa mentalidade de coleccionar instantes coa túa cámara para logralo.


7. Arríscate. Confía na túa creatividade, observa moito, e finalmente seguro que encontras puntos de vista que só se che ocorreu a ti. Así é como conseguirás que as túas fotos sexan especiais.





E ...cales son os teus trucos para sacar unhas fotos 


inesquecibles nas cacharelas de San Xoán? #SanJuan2015

Podedes subir as vosas fotos ás nosas redes 

Punto de Atención al peregrino en Dumbría: Camino de Santiago a Finisterre y Muxía

Miniatura Noticia


Dende a catedral de Compostela, que paradoxa, o peregrino non retorna á casa, senón que prosegue  a súa marcha cara o Atlántico coa intención de completar a súa viaxe e atopar as últimas respostas.

O Camiño de Santiago entra en terras dumbriesas procedente de Negreira, en concreto faino cruzando a magnífica ponte de Ponte Olveira (S. XVII e S. XVIII) escenario de batallas Napoleónicas. No seu máxico e místico traxecto, o Camiño de Santiago cara Fisterra-Muxía atravesa o corazón das impresionantes terras de Dumbría, que está vinculada a esta ruta xacobea dende a súa orixe, constituíndo así un lugar relevante que contaba cun hospital de peregrinos na aldea de Hospital. 

Na actualidade, dita aldea conta cun Centro De Información ao Peregrino, onde cada día son moitos os camiñantes que se achegan para recibir unha atención detallada do traxecto a seguir antes de chegar ao seu destino final, ou ben Fisterra ou ben Muxía. 


O centro está aberto de Martes a Sábado de 07:30 a 14:30 


Facendo reconto dos visitantes no que levamos deste mes de Xuño, quedamos abraiados coa cifra, preto de 1000 peregrinos, procedentes tanto da Península Ibérica, como do resto de Europa (sobresaíndo Alemaña, seguido de Italia e Francia) e do mundo, fixeron o camiño de Fisterra-Muxía. Unha cifra sen dúbida espectacular.  
A modo anecdótico, destacar a visita esta semana  dunha parella francesa que levaban recorridos nada máis e nada menos que 2.200 km, enlazando diferentes itinerarios  seguindo camiño cara Fisterra-Muxía;  e levando consigo unha credencial duns 4 metros de lonxitude.

En definitiva, unha experiencia que cada día vai gañando máis adeptos.



From the Cathedral of Compostela, what a paradox, the pilgrim does not return to house, but he continues his way towards the Atlantic with the intention of completing his journey and of finding the last answers.
The Path of Santiago enters these lands proceeding of Negreira, specifically it does it crossing the magnificent bridge of Ponte Olveira (S. XVII and S. XVIII) scenario of Napoleonic battles. In its magic and mystical distance, the Path of Santiago towards Fisterra – Muxía crosses the heart of the impressive land of Dumbría, which is linked to the Path of Santiago from its origin, constituting this way a relevant place that had a hospital of pilgrims in the village of Hospital.
At present, the above mentioned village possesses a Center of Information to the Pilgrim, where every day there are many wayfarers who approach to receive a detailed attention of the journey to continuing before coming to their final destination, either Fisterra or Muxía.
The Center is opened from Tuesday to Saturday of 07:30 to 14:30.
In this June, near 1.000 pilgrims did the way of Fisterra – Muxía. These pilgrims were proceeding both from the Iberian Peninsula and of the rest of Europe (emphasizing Germany, followed by Italy and France). It is, undoubtedly, a spectacular quantity.
As anecdote, to emphasize the visit of a French couple who was taking 2.200 km connecting different itineraries, following way towards Fisterra – Muxía.

All in all, an experience that every day keeps gaining more pilgrims.

#DUMBRIAÉCAMIÑO
http://dumbriaecultura.blogspot.com

ILUMINACIÓN DA FERVENZA DO ÉZARO. Verán 2015

Miniatura Noticia

15ª FESTA DA FAMILIA DE DUMBRÍA

Miniatura Noticia
Domingo, 19 de xullo.

Devesa da Lúa
Carballeira de Berdeogas.

Coma cada ano, desde o Concello, animámosvos a todos os veciños e veciñas a acudir a esta cita.

"Estimadas veciñas e veciños:
O vindeiro 19 de xullo, na Carballeira de Berdeogas, volveremos xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran FESTA DA FAMILIA, a nosa festa máis entrañable, onde cada uno celebramos con ilusión a oportunidade de estar todos xuntos, divertirnos e compartir.

Cada ano que pasa esta xuntanza faise máis popular e xa é unha festa emblemática do noso concello, que nos representa como pobo, como xente acolledora, aberta e que sabe pasalo ben, así que non podemos faltar.
Como sempre, espérovos na festa, e traede a todos aqueles con ganas de divertirse, xantar e gozar da música e da natureza.
Un saúdo e boa festa.
José M. Pequeño Castro
Alcalde de Dumbría"

PROGRAMA:


Lembrade que xa podedes reservar mesa e mercar os tickets nas oficinas municipais.antes do 17 de xullo!


Dumbría é festa!

XXX FESTA DA PRAIA DO ÉZARO

Miniatura Noticia
A primeira fin de semana de agosto terá lugar no Ézaro a trixésima edición da Festa da Praia.

Desde o venres 31 de xullo ata o domingo 2 de agosto haberá unha continua actividade no areal do Ézaro.



O Concello de Dumbría convídavos a vir gozar dunhas xornadas nas que a música, o fútbol-praia, o volei, os xogos populares e a sardiñada popular serán os protagonistas.

Os interesados en participar nas actividades deportivas teñen ata o luns 27 de xullo para inscibirse.
+Info e inscricións: Casa Cultural do Ézaro. Teléf.: 981 712 605 (De luns a venres, de 10 a 14 horas).

descargar cartel



APP del Ayuntamiento de Dumbría

Miniatura Noticia




AYUNTAMIENTO DE DUMBRÍA- APP


Desde la palma de tu mano, a un sólo click, puedes conocer los principales puntos de interés de Dumbría: 
patrimonio, espacios naturales, dónde comer, dónde dormir, rutas, naturaleza, etc..

El ayuntamiento de Dumbría dispone de una aplicación móvil (App) para que puedas descargar la información de interés turístico en tu móvil, accesible, de fácil consulta y gratuita.



Si tienes un dispositivo IOS



Si tienes un dispositivo Android