Ir o contido principal

ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2014/2015

Miniatura Noticia
Xa está aberto o prazo de inscrición nas actividades culturais e deportivas 2014 - 2015.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS:

Escola de Fútbol
Club Municipal de Piragüismo
Escola Municipal de Voleibol
Escola Municipal de Zumba e Ximnasia de mantemento (+ 14 anos)
Escola Municipal de Ciclismo
Ximnasios municpais de Olveira e O Conco (Dumbría)

ACTIVIDADES CULTURAIS:

NENOS/AS:

Infomática
Inglés
Clases de apoio escolar
Escola Municipal de Teatro
Dumbría Speaks
Clases de Pandeireta e Baile Rexional

ADULTOS:

Informática
Manualidades
Escola Municipal de Teatro
Cursos de Técnicas de Procura de Emprego
Clases para a obtención do graduado en Educación Secundaria
Dumbría Speaks

INSCRICIÓNS: ata o 13 de outubro
Oficinas Municipais. Teléfono: 981 744 001 e nas Casas Culturais

MATRÍCULA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA ADULTOS

Miniatura Noticia

Ó igual ca nos últimos anos, o Concello de Dumbría, pón a disposición dos seus veciños/as a oportunidade de asistir a clases de apoio para a obtención do graduado en Educación Secundaria.
 
Estas clases están dirixidas só a adultos que queiran obter o título en Secundaria.
No caso de mozos/as de 16 ou 17 anos que desexen acceder a este modelo de ensino a distancia deben ter contrato laboral.
 
Desde que este servizo se implantou neste concello, xa son 44 as persoas que obtiveron o graduado.
 
Animádevos a intentalo!
 
As matrículas realizaranse mañá, xoves 2 de outubro, ás 20:30 h. nas oficinas municipais.
 
Se precisades máis información, dirixídevos ó departamento de Cultura do Concello.
Teléf.: 981 744 001.
Correo electrónico: dumbriaecultura@gmail.com 

Punto de Atención al peregrino Santiago-Fisterra-Muxía

Miniatura Noticia


En el Camino de Santiago a Fisterra- Muxía encontramos en el lugar llamado Hospital un Punto de Atención al Peregrino que ofrece información sobre la ruta, los alojamientos, el transporte y ayuda a los caminantes que lo precisen.

Situado en el Concello de Dumbría, es un punto estratégico del Camino de Santiago hacia el mar, ya que es en este punto de Hospital donde el peregrino elije dónde acaba su peregrinaje, bien en el Fin del Mundo: Finisterre o en el Santuario de la Virgen de la Barca en Muxía.

Si necesitas información del Camino de Santiago a su paso por el Concello de Dumbría acércate al Punto de Atención al peregrino o mira el folleto que tenemos preparado para ti. También puedes contactarnos a través del correo electrónico: turismodumbria@gmail.com.


Excursión a Lugo: resumo da xornada

Miniatura Noticia

O pasado sábado día 4 de outubro 260 veciños do Concello de Dumbría disfrutamos dunha xornada  nas Festas de San Froilán 2014 en Lugo.
Visitamos a Catedral Santa María de Lugo, a Muralla romana de Lugo, declarada patrimonio da Humanidade no ano 2000 , a praza do concello, as casetas do polbo...
A xornada amenizámola  cun xantar a base de polbo e carne ó caldeiro. 

Deixámosvos unhas intantáneas do día. Se tedes fotos da excursión que queirades compartir con nós, podedes enviárnolas a dumbriaecultura@gmail.com









Curso anual de Informática do Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

Xa están dando comezo os cursos de informática 2014/2015. O Concello de Dumbría leva máis de 10 anos impartindo cursos gratuitos de alfabetización dixital para todos os veciños/as. Intentarase impartir en todas as Casas de Cultura a seguinte programación anual de cursos, e puntualmente sacaranse cursos ós que podedes apuntarvos. Así mesmo, se estiverades interesados en incorporarvos nalgún dos talleres que se imparten dentro da programación anual tamén o podedes facer.
As clases están divididas por rango de idade, no caso dos nenos0/as, e por nivel no caso dos adultos.

Así mesmo, se queredes que se imparta algún curso que non estea dentro deste programa, escoitamos as vosas suxerencias.






Día da Biblioteca 2014

Miniatura Noticia

Mañá 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Este ano co pregón homenaxe a Ana María Matute.
Preparamos unha actividade de animación á lectura, na Biblioteca do Ézaro e en Olveira, así como unha mostra bibliográfica sobre a autora homenaxeada e unha solta de libros: poderás coller os libros que xa non forman parte dos nosos fondos.





Taller sobre emprendemento empresarial

Miniatura Noticia
A Deputación Provincial da Coruña  organiza un Taller sobre o emprendemento empresarial  no Conco, en Dumbría, o próximo día 13 de novembro de 10:00 a 14:00 horas; un total de 4 horas lectivas co obxectivo de fomentar e informar sobre a creación de empresas no ámbito local. 


 Lugar: Centro Social do Conco ( Dumbría)
Data: 13 de novembro 2014
Horario: de 10:00 a 14:00
Prazas: 15

+info e inscrición no: 981 744 001 (Axente de emprego)

MODIFICACIÓN "DUMBRÍA, 12 OLLADAS"

Miniatura Noticia
Modificación nas datas de presentación das fotografías das dúas últimas temáticas do ano:


Novembro: DumbríaéPedra. (presentación do 16 ao 30 de novembro)


Decembro: DumbríaéNadal. (presentación do 1 ao 15 de decembro)


 "Dumbría, 12 olladas" pretende ser una actividade de fomento da participación cidadá no coñecemento e difusión de Dumbría a través da imaxe.
Animádevos e participade enviando as vosas fotos!





Para participar nas dúas últimas temáticas abonda con enviar as vosas fotos  por correo electrónico a : turismodumbria@gmail.com nos prazos arriba indicados.


Botádelle imaxinación e participade axudándonos a facer o calendario do ano 2015!!!...e para a foto que máis "Me gusta" teña no Facebook , dentro de cada temática un pequeno agasallo.

Mail: turismodumbria@gmail.com
Facebook/ConcelloDeDumbría

Dumbría para ti: Guía de actividades 2014/2015

Miniatura Noticia
//e.issuu.com/embed.html#14470897/10256355

DUMBRÍA para ti, para min, para ela, para vós, para nós, para él, para TODOS! Esta é unha guía das actividades 2014/2015 do Concello de Dumbría
Queremos que coñezas todas as posibilidades.

Apúntate a unha ou a varias; e se xa estás inscrito, descubre outras novas.
#DumbríaéÚnica

Retocando e filtrando:coñece tódolos programas

Miniatura Noticia


Cantas veces non nos pasou que quitamos unha foto e non nos gusta como quedou, que se quedou moi oscura, que se ten demasiado brillo… Pois iso ten solución.


Quen non coñece o Photoshop? O programa por excelencia de retoque fotográfico que usan moitisimas revistas para retocar as súas portadas. Nós tamén podemos retocar as nosas fotografías sen necesidade de utilizar o Photosphop, existen numerosos programas, fáciles de usar, que nos fan a vida un pouquiño máis fácil.

Algúns dos programas de retoque fotográfico  son:
  •        Gimp: de software libre. Parecido ó Photoshop, ten unha interface moi fácil de utilizar. Permítenos recortar, facer fotomontanxes, quitar os ollos vermellos, crear imaxes animadas en formato GIF…


  •        Picasa: do xigante Google. Permítenos visualizar, organizar e editar fotografías. Ademais, podemos subir as nosas fotos á rede de Google+, compartilas con outros usuarios e crear álbums.          


  •          Photoscape: permítenos mellorar e corrixir as nosas fotos. É divertido e doado de usar.  Permítenos crear collages coas nosas fotos, facer gifs animados, engadirlle texto, etc.


  •         PhotoFiltre: ten todo tipo de ferramentas de edición gráfica. É un programa moi completo, ten diferentes filtros e todo tipo de efectos para fotografías.



    Tamén podemos editar fotos online, sen necesidade de descargar ningún programa. Algunhas das páxinas onde podemos editar fotos son:
    •         Pixlr: unha aplicación moi potente con infinidade de filtros e con apariencia moi similar ó Photoshop.


    •        PigMagick: ferramenta super rápida, moi recomendable para retoques básicos.


    •      FotoFlexer: permítenos aplicar infinidade de filtros e efectos sobre as nosas fotos sen necesidade de rexistrarse.


    •        Pixler: con esta ferramenta pódense conseguir efectos parecidos ó Photoshop. Podemos aplicar distintos filtros e incluír textos e emoticonos.


    Para retocar fotos dende o noso SmartPhone:
    •        PicsArt: gratuíto. Podemos facer modificacións das páxinas como brillo ou contraste. Poñerlle marcos ou crear collages, recortar as fotos, engadirlle textos…


    •        Photo Editor de Aviary: dunha forma rápida e sinxela podemos editar as nosas fotos. Podemos corrixir os ollos vermellos, branquear dentes ou quitar manchas vermellas da pel.


    •        PicLab Editor de fotos: déixanos aplicar filtros e efectos impresionantes ás fotos, ademais de poder engadirlle texto. 
      Nos vindeiros días anunciaremos novos cursos de retoque fotográfico para que non teñades ningunha dúbida para retocar ou traballar coas vosas fotografías!