Ir o contido principal

Existe un lugar onde o río se funde co Océano Atlántico, un lugar de lendas, un lugar máxico onde o río se convirte en fervenza para abrazar así a auga salgada do mar.

 

Fervenza

Fervenza en directo

Directo cámara Fervenza

(Abrirase unha nova ventana para asegurar a conexión)

 

río Xallas ou Ézaro determina o carácter do Concello de Dumbría. Atravésao de norte a sur ata desembocar na súa máxima expresión en forma de fervenza directamente sobre o océano; a denominada Fervenza do Ézaro, conformando o único exemplo de desembocadura fluvial deste tipo en Europa.

 

 

Antes de converterse en fervenza, o río é retido por catro encorosA Fervenza, A Ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía. Destacan as pías ou caldeiras que se atopan entre o último encoro e a propia fervenza, que son cavidades naturais construídas ao longo dos séculos polo río.  No último tramo do río ten un desnivel de 155 metros e a altura da fervenza é de 40 metros.

 

 

Ata mediados do s.XIX, o río Xallas e a súa fervenza coñecíanse como Río Ézaro ou Lézaro. Así se constata nas fontes cartográficas da época. De feito, a primeira referencia cartográfica coa denominación Ézaro aparece na Descrición do Reyno de Galizia (ano 1598).

Dende abril de 2011 a Fervenza do Ézaro está constantemente con agua; as 24 horas do día durante os 365 días do ano.

Un espectáculo que paga a pena ver, unha combinación máxica de auga, natureza, luces de cores e música. A comezos de cada ano, o Concello de Dumbría publica o calendario de iluminación da Fervenza na web municipal, nas redes socias e nos medios de comunicación

Así mesmo, dende a web http://www.dumbria.com podes acceder á webcam da Fervenza do Ézaro para poder vela en directo sen moverte da casa!


ILUMINACIÓN FERVENZA DO ÉZARO

 

 

Ven gozar da fermosa Fervenza do Ézaro nas noites máxicas do verán de Dumbría. Durante os meses de xuño a setembro a Fervenza do Ézaro iluminarase polas noites, e poderás contemplar este espetáculo en primeira fila dende a pasarela de madeira que chega ata o pé da fervenza.

Dumbría, NOITES MÁXICAS !

 

HORARIO ILUMINACIÓN DA FERVENZA DO ÉZARO 2025

Dende ás 22:30 ata ás 00:30h dende o 5 de xullo do 2025 ao 20 de setembro, venres e sábado e víspera de festivos.

Acceso de balde

 

 

CONSELLOS:

  • Evitar empregar un navegador ou GPS (nesta zona non axuda, soe recomendar a peor estrada).
  • Se ves da zona de Santiago – Rías Baixas – Ourense. 2 opcións:
    • Estrada de costa: autovía ata Noia, continuar á dereita pola estrada de costa AC-550 dirección Cee, despois de pasar polo pobo do Pindo, xusto despois da ponte hai un cruce á dereita que indica Fervenza do Ézaro.
    • Estrada de interior e costa: estrada AC-441 dirección Negreira – Muxía, en Boudañeira xirar á esquerda dirección Berdeogas, chegados ao cruce coa estrada AC-552 dirección Fisterra – A Coruña xirar á esquerda dirección Fisterra, ao chegar a Cee xirar á esquerda dirección Muros, cara o final do pobo do Ézaro, xusto antes da ponte hai un desvío á esquerda que indica Fervenza do Ézaro.
  • Se ves da zona da Coruña – Lugo:
    • Autopista AG-55 dirección Arteixo – Carballo, continuar pola autovía dirección Fisterra, continuar pola AC-552 dirección Fisterra, chegados a Cee, xirar á esquerda dirección Muros, cara o final do pobo do Ézaro, xusto antes da ponte hai un desvío á esquerda que indica Fervenza do Ézaro.
  • Unha vez chegados á zona do porto deportivo do Ézaro, aparcar na zona adoquinada que vai paralelamente ao longo da estrada, é aparcadoiro. Non na explanada, posto que é zona amarela. Continuar un leve paseo a pé a carón do río, enlazando coa pasarela de madeira ata os pés da Fervenza do Ézaro onde poderás incluso tocar a súa auga.

 

Teléfono: 662 346 927 
Twitter: @ConcelloDumbria
 
 
#DumbríaéNatureza #DumbríaéTurismo #DumbríaéÚnica

Galería de imaxes

🎧🌊 Contos do mar é un proxecto participativo, desenvolvido en Carnota, Dumbría e Fisterra, baixo a coordinación da confraría do Pindo, que pretende poñer en valor o patrimonio inmaterial vinculado á cultura mariñeira a través das historias de vida da xente local audioguías ficcionadas que recollen a memoria dos lugares.

 

 

QUE É?

A audioguía é unha invitación a realizar un paseo audioguiado a través de relatos ficcionados e teatralizados, sempre ligados aos espazos polos que discorre o paseo, posibilitando unha inmersión emocional na paisaxe, nas voces e nas historias locais.

No caso de Dumbría é no Ézaro, vai dende o Centro de Interpretación de Rutas (CIR) Monte Pindo e Fervenza do Ézaro ata a propia Fervenza do Ézaro.

 

QUEN PODE REALIZAR O PASEO?

O paseo pódese facer en grupos pequenos, en parella ou individualmente.

No caso do Ézaro é un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida.

 

COMO FUNCIONA?

Adquire os auriculares necesarios para o paseo e, unha vez postos, segue as indicacións que están gravadas e comeza a andar!

 

ONDE SE CONSEGUEN?

Nos puntos de información municipal indicados para cada concello. Recomendamos solicitar a reserva a través do formulario.

No caso de Dumbría sería na Oficina de Turismo do Ézaro ou no CIR, en función da época do ano.

 

PREZO

Tarifa Básica: 2 €

Tarifa Reducida: 1 € (grupos de máis de 5 persoas)

 

#DumbríaéTurismo #PatrimonioInmaterial #ContosdoMar #Dumbría #OÉzaro #AudioguíaFiccionada

🌞GALO SALTARÍN - DC

🌞GALO SALTARÍN - DC

🌞📕 DIVERCONCO 7. O RECUNCHO DAS LETRAS. O GALO SALTARÍN

Hoxe no #diverconco, un #conto. No verán tamén é tempo de ler, de contar historias e de escoitalas.

01/08/2020
10:35:39
🗺 Pedra do Brazal -ED

🗺 Pedra do Brazal -ED

O granito forma parte do carácter de Dumbría.

31/07/2020
13:51:50
🎲 XOGOS MATEMÁTICOS CASEIROS

🎲 XOGOS MATEMÁTICOS CASEIROS

Tan só fan falta uns dados, tapóns de botella, papel, pinturas e poñerlle ganas e ilusión para fabricar o teu propio xogo de mesa na casa.

28/07/2020
10:22:16
🌞Pedra Papel Tesoiras - DC

🌞Pedra Papel Tesoiras - DC

🌞📕 DIVERCONCO 6. Pedra, Papel, Tesoiras. Variante

Hoxe, no #diverconco, unha versión diferente do popular xogo de Pedra, papel, tesoiras.

28/07/2020
10:18:12
🇬🇧 Dumbría Speaks na casa

🇬🇧 Dumbría Speaks na casa

Ao longo destes último meses tan diferentes, Natalia, a nosa teacher, quixo estar preto dos nenos e nenas de Dumbría, compartindo con eles algunhas das cancións que os sábados cantabamos no

27/07/2020
13:36:05
💧 PISCINA 2020. ACCESO

💧 PISCINA 2020. ACCESO

A situación sanitaria provocada pola COVID-19 fai que sexa necesario extremar as precaucións no uso da piscina municipal.

27/07/2020
13:15:39
🌞CONCOTENIS - DC

🌞CONCOTENIS - DC

🌞👧👦 Hoxe, no #diverconco, imos xogar a un tenis moi especial. Fabricaremos unhas raquetas moi sinxelas e a pelota será un globo.

Precisas:

26/07/2020
09:56:15
🗺 Ponte Peón -ED

🗺 Ponte Peón -ED

Hoxe falamos dun dos recunchos máis importantes do Concello de Dumbría a nivel patrimonial e que está agochado nunha excepcional

22/07/2020
10:19:55
🌞ARRANXO FLORAL - DC

🌞ARRANXO FLORAL - DC

DIVERCONCO 4. ARRANXO FLORAL

21/07/2020
17:45:06
🌞COELLIÑO CARAMELIÑO - DC

🌞COELLIÑO CARAMELIÑO - DC

🌞📕 DIVERCONCO 3. O RECUNCHO DAS LETRAS. O COELLIÑO CARAMELIÑO

Hoxe no #diverconco, un #conto. No verán tamén é tempo de ler, de contar historias e de escoitalas.

18/07/2020
15:41:40
🗺 Presa da Laxe – ED

🗺 Presa da Laxe – ED

A Presa da Laxe está situada na parroquia de Santiago de Berdeogas, moi preto da aldea de Chaín, aínda que o mellor acceso para chegar a ela é a aldea da Farrapa

16/07/2020
10:34:40
🌞XOGO DE MEMORIA - DC

🌞XOGO DE MEMORIA - DC

DIVERCONCO 2. XOGO DE MEMORIA

🌞👧👦 Hoxe no #diverconco, un sinxelo xogo de memoria.

14/07/2020
10:41:26
19 FESTA DA FAMILIA, prepara o mantel!!!
28 / 06 / 2019

19 FESTA DA FAMILIA, prepara o mantel!!!

Curso de Iniciación e Perfeccionamento de Volei Praia 2019
28 / 06 / 2019

Curso de Iniciación e Perfeccionamento de Volei Praia 2019

Actividades deportivas e
culturais e Piscina nas instalacións do Conco Verán 2019
17 / 06 / 2019

Actividades deportivas e
culturais e Piscina nas instalacións do Conco Verán 2019

+ Q LIBROS Xornadas de Obradoiros
e Actividades nas Bibliotecas 2019
15 / 04 / 2019

+ Q LIBROS Xornadas de Obradoiros
e Actividades nas Bibliotecas 2019

I Cross de Obstáculos Concello de Dumbría
20 / 03 / 2019

I Cross de Obstáculos Concello de Dumbría

Iluminación Fervenza Semana Santa 2019.
20 / 03 / 2019

Iluminación Fervenza Semana Santa 2019.

Inspección Técnica de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
14 / 03 / 2019

Inspección Técnica de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

Andainas "Coñece a Costa da Morte 2019"
14 / 03 / 2019

Andainas "Coñece a Costa da Morte 2019"

10 MARZO. Nova cita da Festa do Entroido en Dumbría. NON FALTES!!!
02 / 03 / 2019

10 MARZO. Nova cita da Festa do Entroido en Dumbría. NON FALTES!!!

Novos Cursos de cociña, A COCIÑAR !!!
26 / 02 / 2019

Novos Cursos de cociña, A COCIÑAR !!!

BABY CLASS - DUMBRÍA SPEAKS, APUNTATE!!!
21 / 02 / 2019

BABY CLASS - DUMBRÍA SPEAKS, APUNTATE!!!

Entroido Dumbría 2019, máis de 2.000 € en premios, APUNTATE!!!
06 / 02 / 2019

Entroido Dumbría 2019, máis de 2.000 € en premios, APUNTATE!!!

Braulio Pérez Astray
actividades culturais, bibliotecas, casas culturais, cultura

Braulio Pérez Astray

Decembro de 2023

12/12/2023
11:52:12
PROGRAMACIÓN NADAL 2023/2024
08/12/2023

PROGRAMACIÓN NADAL 2023/2024

NADAL 2023/24
actividades, actividades culturais, cultura, festa infantil, nadal

NADAL 2023/24

🎄NADAL 2023/24🎄

07/12/2023
13:06:46
OUTONO NAS BIBLIOTECAS DE DUMBRÍA 2023
29/09/2023

OUTONO NAS BIBLIOTECAS DE DUMBRÍA 2023

OUTONO NAS BIBLIOTECAS DE DUMBRÍA
actividades culturais, biblioteca, ciencia, contacontos, cultura, espectáculo, manualidades, maxia, robótica, títeres, teatro

OUTONO NAS BIBLIOTECAS DE DUMBRÍA

Este outono, de luns a venres, ás 18:00 h., tes unha cita coa ciencia, coa música, co teatro, coa maxia, coas letras, coa arte, cos libros,…

28/09/2023
18:57:11
Actividades culturais e deportivas CURSO 2023/2024
22/09/2023

Actividades culturais e deportivas CURSO 2023/2024

ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS CURSO 2023/2024
actividades, actividades culturais, actividades deportivas, casas culturais

ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS CURSO 2023/2024

Aberto o prazo de preinscrición nas actividades deste novo curso.

ACTIVIDADES INFANTÍS

20/09/2023
12:40:35
Xacarandaina volve a Dumbría!
actividades culturais

Xacarandaina volve a Dumbría!

Xacarandaina chega a Olveiroa cun espectáculo de música e baile tradicional galego

Non o perdas!

23/08/2023
14:51:31
Cultura Agosto 2023!!!
11/08/2023

Cultura Agosto 2023!!!

Programación agosto 2023
actividades culturais, casas culturais, cultura, deporte, FERVENZA DO ÉZARO, turismo, verán

Programación agosto 2023

📢Programación agosto 2023

Este mes arranca forte coa 36ª edición da Festa da Praia do Ézaro, que, un ano máis, vén cargada con actividades para todos os públicos.

02/08/2023
16:32:28
36ª FESTA DA PRAIA DO ÉZARO.
01/08/2023

36ª FESTA DA PRAIA DO ÉZARO.

FESTA DA PRAIA 2023 · XXXVIª edición
ézaro, cultura, deporte, Dumbría, festa da praia, maxia, música, O Ezaro, OCR, playa, praia, sardiñada, turismo, xogos

FESTA DA PRAIA 2023 · XXXVIª edición

📆 5 e 6 de agosto 2023

Dous días cheos de actividades para nenos e maiores.

01/08/2023
13:02:19

test

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna aliqua. Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat. Duis aute irure dolor in reprehenderit in voluptate velit esse cillum dolore eu fugiat nulla pariatur. Excepteur sint occaecat cupidatat non proident, sunt in culpa qui officia deserunt mollit anim id est laborum.