Ante a situación que estamos vivindo, o Concello de Dumbría ten unha importante labor que facer: INTENTAR QUE NINGUNHA PERSOA QUEDE DESASTIDA NESTES DÍAS ( medicinas, alimentos, atención médica...).
Se precisas axuda, ou coñeces a alguén que poida precisar axuda, chámanos.
Os teléfonos de atención ao público:
De luns a viernes de 9:00 a 14:00 no 981 44001
Fóra de ese horario no 666 45 06 58
Telefono gratuito de información do coronavirus da Xunta de Galicia 900 400 116
Rogamos difusión e un uso responsable das chamadas.
É importante que todos e todas establezamos horarios e rutinas ao longo destes días, tamén coas crianzas (levantarse á mesma hora, adicar un horario a realizar tarefas con elas, almorzo, xantar e cea á mesma hora, tempo para o xogo libre,...).
Aquí vos van algunhas PROPOSTAS PARA LEVAR A CABO NA CASA ESTES DÍAS QUE IMOS COMPARTIR EN FAMILIA COS/COAS MÁIS PEQUENOS/AS:
Nesta situación que estamos a vivir, temos que manter a calma, a tranquilidade e o sentido común. Debemos facer caso das recomendacións de Saúde Pública e quedar na casa.
Vexámolo como unha oportunidade de pasar tempo en familia. Todo ha pasar e ímonos ver pronto.
Resolución 13 marzo de 2020, Xunta de Galicia declara a situación de Emerxencia Sanitaria en Galicia e actívase o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga), como consecuencia da evolución da epidemia do 🦠 coronavirus COVID-19. Acorda:
☣ Situación de EMERXENCIA SANITARIA GALICIA.
🚑 PLAN TERRITORIAL DE EMERXENCIAS de Galicia.
🔴 Centro de Coordinación Operativa (CECOP).
📜 Poderán ditarse ordes e instrucións que afecten aos dereitos da cidadanía e adoptar medidas de obrigado cumprimento.
🔓 A desactivación do Plan será declarada formalmente polo seu director, unha vez superada a situación de emerxencia.
♻ Declaración de emerxencia sanitaria en Galicia enténdese sen prexuízo das competencias estatais e das medidas que aprobe o Goberno, e en coordinación con elas.
🎫 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADES DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (OCIO) contados dende a publicación no DOG nas seguintes áreas: cines, teatros, auditorios, circos, establecementos de espectáculos deportivos, recintos feirais, casinos, salas de bingo, salóns de xogo, tendas de apostas, estadios deportivos, pavillóns deportivos, recintos deportivos, pistas de patinaxe, ximnasios, piscinas de competición, piscinas recreativas de uso colectivo, parques acuáticos, salóns recreativos, parques multiocio, museos, bibliotecas, salas de conferencias, salas polivalentes, salas de concertos, restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías, bares, establecementos para actividades zoolóxicas-botánicas-xeolóxicas, salas de festas, discotecas, pubs, cafés-espectáculo, furanchos e centros de ocio infantil.
🍽 ESTABLECEMENTOS DE RESTAURACIÓN (cafetarías, bares e restaurantes) 🛵 SÓ poderán prestar SERVIZO DE ENTREGA A DOMICILIO ou RECOLLIDA NO LOCAL para consumir en domicilio.
☕ Bares e restaurantes localizados en establecementos hoteleiros ou no interior de instalacións destinadas á prestación de servizos públicos: actividade limitada estritamente aos clientes aloxados ou a traballadores das instalacións.
🛍 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADES DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (COMERCIO) contados dende a publicación no DOG; a 🍊 EXCEPCIÓN dos establecementos de ALIMENTACIÓN e PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE (CNAE-2009).
🛁 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (TERMALISMO) contados dende a publicación no DOG: balnearios e espazos termais.
👣 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (CAMIÑO) contados dende a publicación no DOG: albergues de peregrinos da rede pública da Xunta de Galicia.
⚰ REDUCIÓN DA CAPACIDADE DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (CULTO) contados dende a publicación no DOG: edificios de culto, tanatorios, … Reducindo a súa capacidade máxima a 1/3. Nos cortexos fúnebres reducirase a un máximo de 25 persoas.
Os empregados da sanidade, dos supermercados, das farmacias, da limpeza, ... Grazas a todos eles que están traballando arreo para superar esta crise sanitaria! GRAZAS!
Pénsao ben, ti tan só tes que quedar na casa e lavar as mans, tan difícil é?
LEMBRA:
Non todo o que se publica en internet é real, moito ollo coas fake news que poden facer moito mal.
Mantén a calma.
Queda na casa.
Busca algunha ocupación para facer na casa. Seguro que hai algo que tiñas ganas de facer dende hai tempo e non tiñas tempo para facelo. Agora pode ser o momento!
Lava as mans con auga e xabón.
No caso de ter síntomas relacionados co COVID-19 (dificultade respiratoria, tos seca e febre) chama ao 900 400 116.
Son moitos os monumentos, museos, espazos naturais, aloxamentos e restaurantes de España que ofrecen servizos, entornos e actividades parcial ou totalmente accesibles. Aínda así non son tantos... Cada vez os destinos están máis preparados no referente ao turismo accesible e por isto apostou o Concello de Dumbría, en facer que un recurso natural tan emblemático e espectacular como a Fervenza do Ézaro sexa para todas e todos.
Chegou o día, fíxose derrogar pero por fin a Fervenza do Ézaro é accesible. É o momento de que tanto as persoas con mobilidade reducida, coma as que non, as que leven carriños de bebés, etc... poidan gozar por igual da Fervenza do Ézaro.
Ata hai uns días para chegar á Fervenza do Ézaro era necesario baixar por unha antiga escaleira de pedra para logo enlazar coa pasarela de madeira. Pois agora, grazas á senda das sensacións xa non hai que empregar esa antiga escaleira, senón que tan só hai que gozar desta nova construcción, unha liña branca suspendida sobre a auga. Obra de enxeñería do arquitecto Antonio González Serrano, executada polas empresas Ogando e López Cao e financiada polo GALPCosta Sostible, o canon eólico, a Deputación da Coruña e o Concello de Dumbría.
Aínda queda moito por facer para que sexa accesible a todos os niveis, pero a Fervenza do Ézaro vai por bo camiño, nunca mellor dito, eliminado barreiras.
Presentámosvos neste post un resumo dos participantes de Dumbría no proxecto CONTOS DO MAR
Celina cóntanos que nos tempos da construcción dos túneles da central hidroeléctrica do Ézaro, existía un funicular para transportar os materiais dende o Coadoiro ata a Pedra da Folga. En ocasións, ela tamén montaba para ir buscar pólvora á fábrica.
NO CONCO!!! Entroido Dumbría 2020, máis de 2.000€ en premios.
February 4, 2020
O domingo 23 de FEBREIRO dende as 17:00 h Dumbría TOLEARÁ!!!
Achégate ao polideportivo do CONCO e participa no concurso máis grande do entroido da Costa da Morte.
Sae á rúa, colle 10 amigos e un pouco de imaxinación e xa tes unha comparsa, e 150 € seguros por participar!; leva os nenos disfrazados e terán un agasallo asegurado.
E, sobre todo, ven gozar da música, pasarrúas e comparsas na gran festa do Entroido da Costa da Morte.
Non perdas máis tempo, apúntate, hai máis de 2.000 € en premios!!
BASES QUE REXERÁN O CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO 2020
Das inscricións e das comparsas 1ª.- Para participar no concurso de comparsas de Entroido é condición imprescindible formalizar a inscrición da comparsa nas oficinas municipais con anterioridade ás 15:00 horas do xoves 20 de febreiro de 2020. As comparsas que non se inscriban no seu debido tempo non poderán optar a ningún dos premios establecidos nin ás axudas por participación obxecto destas bases. 2ª.- As comparsas, para formalizar a súa inscrición no concurso, farán constar o nome da comparsa e o número de membros que a compoñen, así coma un teléfono de contacto da persoa representante da mesma. 3ª Entenderase por comparsa a agrupación composta por un mínimo de 10 compoñentes que obrigatoriamente realicen unha actuación, ben sexan coplas, bailes ou representacións, e que teña unha duración entre 5 e 20 minutos. 4ª.- As comparsas deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na súa actuación. 5ª.- No interior das instalacións deportivas queda prohibido o uso de material potencialmente perigoso, que poida causar incendios (o uso de bengalas, dispositivos que expidan fume, néboas, petardos, fogos de artificio, material pirotécnico, ou outros artefactos que conteñan pólvora), así coma calquera dispositivo que deixe sobre as instalacións algún tipo de residuo. 6ª.- Poderase acceder ao pavillón con elementos de dimensións limitadas. As carrozas non poderán entrar nas instalacións e serán avaliadas polo xurado ao longo do desfile. A organización terá prevista unha área reservada para, unha vez rematado o pasarrúas, deixar fóra estes complementos de grandes dimensións. Esta área destinarase exclusivamente a eses elementos empregados no desfile, non ao estacionamento dos vehículos dos integrantes das comparsas. Medidas a ter en conta para as actuacións: · Escenario: 12 m. de fronte x 10 m. de fondo. · Altura máxima pavillón: 7 m. · Porta de acceso: 2 m. ancho x 2,30 m. alto. 7ª.- As comparsas que desexen empregar acompañamento musical nas súas actuacións poderán facer uso dun reprodutor de son, que admite os formatos .WAV ou .MP3, cunha calidade mínima recomendada de 320 kbps. Deberán traer o arquivo nun CD ou nunha memoria USB; recomendándoselles que se acheguen antes do comezo do desfile ata a mesa de control de medios, situada no pavillón, para facer unha proba de son. As comparsas deben designar unha persoa responsable para estar durante a actuación na mesa de reprodución de medios, e que se encargará de indicarlle ao equipo técnico en que momento deben reproducirse os mesmos. Disposicións finais 8ª.- Para poder optar ás axudas por participación sinaladas no capítulo anterior é imprescindible que as comparsas participen nos actos de entroido programados para o domingo, 23 de febreiro de 2020 e que comezarán coa concentración das comparsas ás 17:00 h. na praza do Concello de Dumbría. 9ª.- As comparsas teñen a obriga de participar no pasarrúas inicial ata o pavillón polideportivo, lugar onde se levarán a cabo as actuacións. 10ª.- A orde de participación tanto no desfile de comparsas coma na posterior actuación rexerase segundo sorteo previo, a celebrar no Concello o venres, 21 de marzo de 2020, ás 17:00 h. 11ª.- Os premios para o concurso de comparsas e disfraz individual son os seguintes: -1º clasificado: 1.000 € -2º clasificado: 500 € -3º clasificado: 300 € -Un premio de 150 € , ó disfraz individual máis orixinal. No caso de producírense empates, os premios serán repartidos no modo que segue: No caso de empate no 1º premio entre 2 comparsas, repartirase o 1º e 2º premio a partes iguais entre as comparsas empatadas. No caso de empate no 1º premio entre 3 ou máis comparsas, repartiranse os 3 premios a partes iguais entre as comparsas empatadas. No caso de empate no 2º premio entre 2 ou máis comparsas, xuntarase o 2º premio e o 3º premio e repartiranse a partes iguais entre as comparsas empatadas. No caso de empate no 3º premio, repartirase este a partes iguais entre as comparsas empatadas. 12ª.-As comparsas que non resulten premiadas terán unha axuda económica de 150 € pola súa participación nos actos de entroido. Esta axuda non é acumulativa ós premios. 13ª.- O xurado será designado polo Concello de Dumbría. Na selección dos premiados o xurado terá en conta os seguintes aspectos:
Desfile: animación, complementos, carrozas, … (25% da puntuación). No caso de condicións climatolóxicas adversas, que non permitan a celebración do mesmo, o xurado valorará igualmente as carrozas e complementos das comparsas.
Disfraces e maquillaxe: confección artesanal ou non, calidade e adaptación da maquillaxe … (25% da puntuación).
Actuación: posta en escena, música, coreografía, parodias, letras das coplas,… (50% da puntuación). 14ª.- A participación no concurso supón a aceptación destas bases. O fallo do xurado será inapelable. 15ª.- O concello resérvase o dereito de limitar o número de comparsas participantes no concurso.
En Dumbría gústanos divertirnos, probando sempre novas formas de facelo. A natureza, as festas e o deporte son os nosos escenarios, onde, ano tras ano, apostamos por diferentes actividades que nos unen a todos e ás que todos estades invitados.
Participade, gozade, xogade coma nenos, divertídevos de corazón.Dumbría DIVÍRTESE.
Feliz 2020.
José Manuel Pequeño.
Alcalde de Dumbría.
Felicitación de Nadal do Concello de Dumbría
Podes descargar DENDE AQUÍ o CALENDARIO 2020 DO CONCELLO DE DUMBRÍA