Ir o contido principal

Informática e novas tecnoloxías para nenos, mozos e adultos. Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

A alfabetización dixital e alfabetización multimedia é a habilidade para localizar, organizar, entender, evaluar e analizar a información utilizando a tecnoloxía dixital.

Implica tanto o coñecemento de cómo traballa a alta tecnoloxía de hoxe en día como a comprensión de cómo pode ser utilizada.



As persoas dixitalmente alfabetizados poden comunicarse e traballar máis eficientemente, especialmente aqueles que posúes os mesmos coñecementos e habilidades.

No Concello de Dumbría somos moi conscientes da era dixital na que estamos inmersos, no que a gran cantidade de información que se xenera na rede, obriga non só a coñecer as ferramentas para acceder ó coñecemento, senón a ter as habilidades para saber diferenciar o que é información do que non o é. 

5 aulas TIC´S repartidas nas parroquias e 11 anos impartindo formación en novas tecnoloxías de xeito gratuito para todos os veciños. 

Presentámosvos a programación deste novo curso de informática no que hai un programa específico para cada grupo de idade, para que escollades cal se axeite máis a vós!
#DumbríaéCultura



Petroglifo de Pedra Ancha, estación de Arte Rupestre en Dumbría

Miniatura Noticia
O PETROGLIFO DE PEDRA ANCHA, ESTACIÓN DE ARTE RUPESTRE EN DUMBRÍA

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Dumbría
Parroquia: Buxantes (San Pedro)
LOCALIZACIÓN
Latitude: 42.9844718002
Lonxitude: -9.09738913178 
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Descrición:
O petróglifo de Pedra Ancha presenta motivos de armas (alabardas, puñais…) e moi posiblemente imaxes de carros de labranza ou pra guerra, aínda que algúns arqueólogos ollan escudos ou máscaras, sendo esta unha das estacións representativas das rochas-panoplia da nosa comunidade autónoma.
O conxunto de Pedra Ancha está ó borde do Camiño Real que dende Santiago dirixíase a Fisterra a uns 350 metros da fábrica de ferroatlántica. Existen outras representacións de armas na provincia, como as localizadas nos últimos anos en Carnota, Porto do Son ou Teo, pero coa excepción do conxunto de O Castriño de Conxo (Santiago) as chamadas rochas-panoplia, aquelas que parecen facer unha exhibición dun catálogo de armas diversas, apenas aparecen fóra da provincia de Pontevedra.


Referencias bibliográficas:

-  García Quintáns, Modesto" El Ayuntamiento de Dumbría : historia, tradiciones y costumbres  A Coruña : Deputación Provincial, D.L. 2008-Atlas arqueolóxico de Galicia. Comarca de Fisterra. Xunta de Galicia, 2009.-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009.http://masquepetroglifos.blogspot.com.es/2011/11/los-carros-de-guerra-en-los-petroglifos_15.html- http://patrimoniogalego.net/index.php/5650/2011/09/petroglifo-de-pedra-ancha/- Funciones y significados de los grabados rupestres de armas prehistóricas de A Pedra Ancha (Dumbría, Coruña) JOSÉ MANUEL M. VÁZQUEZ VARELA Universidade de Santiago de Compostela- http://dspace.usc.es/bitstream/10347/4538/1/pg_015-020_semata19.pdf - VÁZQUEZ VARELA, José Manuel: «Funciones y significados de los grabados rupestres de armas prehistóricas de A Pedra Ancha (Dumbría, Coruña)». SÉMATA, Ciencias Sociais e Humanidades, núm. 19 (2007): Guerra, violencia e conflitividade na historia. ISSN 1137-9669, pp. 15-20.- http://www.europeana.eu/portal/record/2022701/oai_dspace_usc_es_10347_4538.html?start=1&query=Dumbr%C3%ADa&startPage=1&qt=false&rows=24

DUMBRÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Miniatura Noticia
Ante a conmemoración dun novo 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero,
o concello de Dumbría manifesta a súa repulsa e a máis enérxica das condenas ante unha das evidencias máis virulentas da discriminación por razón de xénero: a violencia contra as mulleres.

Eliminar este tipo de violencia segue sendo un dos maiores desafíos da nosa sociedade. A violencia contra as mulleres traspasa razas, culturas, etnias e clases sociais. 
Toda a sociedade ten a responsabilidade de actuar ante a violencia.

Todos e cada un de nós temos o deber de apoiar e manter unha entorna política e social de tolerancia cero ante a violencia contra as mulleres, no que os amigos e amigas, os familiares, a veciñanza, homes e mulleres en xeral, interveñan activamente para impedir que os autores deses actos queden impunes.

Ao longo dos últimos días, nunha labor de sensibilización da veciñanza ante esta lacra social, desenvolvéronse actividades nas Casas Culturais

Os veciños e veciñas de Dumbría puxeron as súas mans contra a violencia de xénero.

#ContralaViolenciadeGenero #igualdade

NADAL 2015

Miniatura Noticia
Aquí vos deixamos o programa de actividades para este Nadal.

Papá Noel avisounos de que na semana do 14 ao 18 de decembro visitará as Casas Culturais de Dumbría porque tén algún que outro recadiño para os nenos e nenas que asisten ós cursos de informática. 

Concertos musicais:


O martes 22 na Casa Cultural de Olveira poderedes asistir ó concerto da formación musical A Gramola Gominola


Farán un repaso pola historia da música moderna a través de diferentes estilos. A posta en escena está chea de colorido e momentos cómicos que gustarán a cativos e maiores







O martes 29 nas instalacións do Conco - Dumbría A Cantar con María Fumaça.
Trátase dun concerto para público infantil e familiar no que chega a Dumbría unha locomotora moi especial que percorre as nosas paisaxes espallando boa música, ilusión e alegría ó seu paso. Coa participación e dirección de Uxía.





Tamén haberá obradoiros de manualidades nos que os rapaces poderán confeccionar os seus adornos navideños. Estes obradoiros faranse en tódalas Casas Culturais nos seguintes horarios:

Luns 21 de decembro:                       Martes 22 de decembro:
  16 h: O Ézaro                                                  18.30 h: Olveira
  19 h: Buxantes                                

Mércores 23 de decembro:            Martes 29 de decembro:
  16 h: Berdeogas                                             18.30 h: O Conco - Dumbría
  16 h: Salgueiros


Ademais, para o luns, 28 de decembro, o Concello prepara unha gran festa infantil no Conco con xantar, xogos, música, obradoiros e a actuación do paiaso Popín Palomero.

Haberá servizo de autobuses polas parroquias.
Para asistir á festa infantil é preciso entregar unha autorización nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 18 de decembro. Podedes descargala aquí.



Non esquezades inscribirvos!






Aproveitamos para desexarvos que pasedes unhas felices Festas de Nadal ó carón dos vosos e trasladarvos os nosos mellores desexos para o ano 2016.


Actividades de Nadal e Felicitación do Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

#EuVivoAquí

" Eu vivo aquí, onde o Nadal chega cada ano empuxándonos
a compartir a ilusión que nos move, onde as ganas de xuntarnos
fainos vivir momentos inesquecibles.
Eu vivo onde a solidariedade nos axuda a conseguir grandes retos,
onde a confianza no futuro nos fai apostar por proxectos atrevidos"
EU VIVO EN DUMBRIA
Dumbría para ti, Dumbría para todos!

Feliz Ano e Boas Festas!!!




Deixámosvos o resumo das actividades de Nadal:
 







E coma sempre os nosos mellores desexos para estas datas!





ENTROIDO 2016

Miniatura Noticia
Coma tódolos anos, o domingo de entroido celebramos o concurso de disfraces en Dumbría.



O domingo, 7de febreiro, estará con nós Federico Pérez,  

PREMIOS:



      1º premio comparsas: 1000 €
      2º premio comparsas: 500 €
      3º premio comparsas: 300 €

1º premio de 150 € ó disfraz individual máis orixinal.
Unha axuda de 150 € para tódalas comparsas participantes que non resulten premiadas no concurso.

As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do 4 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas.




PROGRAMACIÓN:

  • Concentración de tódolos disfrazados/as ás 17:00 horas na porta do Concello.
  • Pasarrúas ata a Praza da Igrexa 
  • Actuación das comparsas
  • Actuación de Federico Pérez
  • Todo amenizado pola Charanga DGT
  • Entrega dunha bolsa de golosinas a cada neno disfrazado.
POR OUTRA BANDA:
Lembramos a todos os interesados/as en participar na comparsa infantil/xuvenil do concello que comezamos xa coa confección dos disfraces e os ensaios. Os ensaios son os venres pola tarde no Conco. Máis información nas casas culturais.

#DUMBRÍAÉENTROIDO

OBRADOIRO DE CONFECCIÓN DE MARIONETAS

Miniatura Noticia
As tardes dos luns na casa cultural de Olveira  levarase a cabo un obradoiro infantil de confección de marionetas.

Comezo: 15 de Febreiro.

Para asistir o obradoiro é necesario inscribirse.

Podes facelo nas casas culturais ou oficinas municipais ( Teléf: 981 744 001), antes do 5 de Febreiro.


PUNTO DE INFORMACIÓN Á MULLER (PIM) de DUMBRÍA

Miniatura Noticia



No concello de Dumbría contamos con un PUNTO DE INFORMACIÓN Á MULLER (PIM). 

Este é un servizo que ofrece asesoramento xurídico e psicolóxico, ademais de información sobre os recursos e axudas existentes dirixidos a diminuír as diferenzas entre homes e mulleres (subvencións, axudas e prestacións, centros de planificación familiar, asociacións, servizos policiais, xudiciais, sanitarios, sociais e demais axentes implicados na protección ás mulleres, etc.)

Trátase dun servizo público, anónimo e gratuíto, con atención personalizada e confidencial.


Atención ao público: os mércores de 13 a 15 h. nas oficinas municipais. 


Podes chamar ó  981744001 se precisas unha cita ou máis información



8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.


O 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York protestar polas míseras condicións nas que traballaban.
O 5 de marzo de 1908, Nova York foi de novo escenario dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución  da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus filos. Durante esa folga, pereceron máis de un cento de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ó dono da fábrica como resposta á folga.
En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhaguen, máis de cen mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.
Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller.                                                           
  Fonte: INTEF

ENLACES DE INTERESE: 


Nacións Unidas 

Instituto da Muller
Día Internacional da Muller
O Instituto Internacional de Investigacións e Capacitación das Nacións Unidas para a Promoción da Muller 
Educar en igualdade
Mulleres en Galicia

O Teléfono da Muller é o 900 400 273 (O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia).