Ir o contido principal

CAMPAÑA ESQUÍ 2017

Miniatura Noticia
Está aberto o prazo para a solicitar a participación na campaña de esquí 2017 da Deputación da
Coruña.

Ó concello de Dumbría tocoulle a 3ª quenda, do 12/03/2017 ó 17/03/2017.

INSCRICIÓNS: No teu concello, con data límite o 23 de xaneiro de 2017.

Se o número de inscritos supera as prazas asignadas pola Deputación farase un sorteo entre os interesados.

Premede aquí para descargar a folla de inscrición.

ENTROIDO 2017

Miniatura Noticia
O domingo, 26 de febreiro viviremos un ano máis o concurso de disfraces en Dumbría.

PREMIOS:

      1º premio comparsas: 1000 €
      2º premio comparsas: 500 €
      3º premio comparsas: 300 €

1º premio de 150 € ó disfraz individual máis orixinal.
Unha axuda de 150 € para tódalas comparsas participantes que non resulten premiadas no concurso.

As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do xoves 23 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas. (Teléfono: 981 744 001)


PROGRAMACIÓN:
  • Concentración de tódolos disfrazados/as ás 17:00 horas na porta do Concello.
  • Pasarrúas ata a Praza da Igrexa 
  • Desfile dos disfraces que queiran competir polo premio de disfraz individual máis orixinal
  • Actuación da comparsa municipal
  • Actuación das comparsas que compitan no concurso
  • Todo amenizado pola Charanga Maloserá
  • Entrega dunha bolsa de golosinas a cada neno disfrazado.
POR OUTRA BANDA:
Lembramos a todos os interesados/as en participar na comparsa do concello (fóra de concurso) que xa comezamos cos ensaios. Son os venres pola tarde no Conco. Máis información nas casas culturais.

#DUMBRÍAÉENTROIDO

ENTROIDO 2017 - resumo

Miniatura Noticia

 Pois alá vai outro ano máis o noso concurso de entroido.
Chegou o día!, dicía o cartel que nos anunciaba a súa chegada. E, efectivamente, chegou, pero marchou á mesma velocidade.
Moitos nervios, moitas présas, moita maquillaxe, moito disfraz, moito traballo, moita dedicación,..... por parte de todos os que participastes e o fixestes posible. Pero tamén moitas risas, moitas anécdotas e moitísima ilusión.

Desde o concello de Dumbría agradécemosvos a todos e a todas as que participastes neste entroido 2017 a vosa colaboración.

Grazas a todo o público asistente por saír á rúa a pesares do frío, por animar ás comparsas, polo voso comportamento exemplar.

Grazas por disfrazarvos e animarvos a participar tamén no concurso individual.

Grazas a todos e a cada un dos membros que formaron parte das comparsas participantes no concurso porque sen vós isto non tería razón de ser. Sabemos da vosa entrega e da vosa paciencia. Grazas por alegrarnos a tarde a todos os que asistimos ó concurso.

Grazas aos membros do xurado (Jorge Mira, catedrático de Física na USC, Santiago Garrido, xornalista na Voz de Galicia, Xosé Manuel Lema, xornalista en Adiante Galcia, e María Lema, concelleira de Cultura de Dumbría) por aguantar alí o frío con nós e por facer un labor ás veces non moi grato de ter que decidir entre tanto talento e, sobre todo, entre tantas ganas de pasalo ben e de facerllo pasar ben ao público.

Grazas tamén a todas e todos os que velaron por que todo saíse ben ese día. Dende a montaxe do escenario, carpa, luces, son, electricidade, Protección Civil, presentador, monitores do concello,..
GRAZAS A TODOS E A TODAS!

E o último agradecemento (último, pero moi, moi sentido) vai para os pequerrechos, e non tan pequerrechos, de Dumbría que participan cada ano na comparsa municipal. Grazas por poñer todas as vosas ganas e ilusión porque, aínda que nunca concursades, esforzádesvos coma se estivese en xogo o máis grande dos premios. Grazas por facernos gozar a todas/os os que vos acompañamos coma se fosemos rapaces de novo. E tamén aos vosos pais, nais, avós, avoas,....que vos acompañan cada día ós ensaios e que vos axudan a confeccionar os vosos disfraces.
Xa sabedes que vos agardamos o próximo ano!

Tamén esperamos o vindeiro ano á comparsa Buxantes Calidade, á que onte botamos en falta e á que animamos a volver a presentar batalla despois deste ano sabático, que agardamos que vos axudase a coller folgos.

Comparsas participantes:

  • Dumbría Chef. Comparsa municipal de Dumbría. (Fóra de concurso)


  1. Os Trotamúsicos.- Fisterra
  2. Aprechos.com .- Coristanco
  3. Las Marujas.- Vimianzo
  4. Club Tiro con arco 2x70.- Vimianzo
  5. Parrandeiros de Baíñas
  6. Mundo Picapiedra.- Cee
  7. Yo-Gures.- Comparsa de Gures
  8. Liga de Leyendas.- Ponte do Porto
  9. A Volta ao mundo en 80 días.- Camelle
  10. Os da Charca.- Fisterra
  11. Os Majaretas.- Muxía
  12. Ponte a bailar. Los Coyotes.- Ponte do Porto


Os premiados deste entroido 2017 foron:

1º PREMIO COMPARSAS: Os da Charca, de Fisterra.
2º PREMIO COMPARSAS: Yo-Gures. Comparsa de Gures.
3º PREMIO COMPARSAS: Os Trotamúsicos, de Fisterra.

PREMIO DISFRAZ INDIVIDUAL: O home-espello, Rafael Quintáns. (Animámoste, Rafael, a que sigas participando moitos anos máis nos entroidos da Costa da Morte e que non cumpras iso de que te retiras ☻)

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da xornada:





Dumbría Chef
Dumbría Chef

Dumbría Chef

Dumbría Chef

Os Trotamúsicos (Fisterra)

Os Trotamúsicos (Fisterra)

Os Trotamúsicos (Fisterra)

Os Trotamúsicos (Fisterra)

Os Trotamúsicos (Fisterra)

Os Trotamúsicos (Fisterra)
Aprechos.com (Coristanco)

Aprechos.com (Coristanco)

Aprechos.com (Coristanco)

Mundo Picapiedra (Cee)

Mundo Picapiedra (Cee)

Mundo Picapiedra (Cee)
Yo-Gures. Compasa de Gures

Yo-Gures. Compasa de Gures

Yo-Gures. Compasa de Gures

Yo-Gures. Compasa de Gures

Os da Charca (Fisterra)

Os da Charca (Fisterra)
Os da Charca (Fisterra)

Os da Charca (Fisterra)

Os da Charca (Fisterra)

Liga de Leyendas (Ponte do Porto)

Liga de Leyendas (Ponte do Porto)

Os Majaretas (Muxía)
Os Majaretas (Muxía)

Ponte a bailar - Los Coyotes (Ponte do Porto)

Ponte a bailar - Los Coyotes (Ponte do Porto)

O presentador: González

Club de Tiro con Arco 2x70 (Vimianzo)
Os Pararndeiros de Baíñas
Os Parrandeiros de Baíñas

Las Marujas (Vimianzo)
A volta ó mundo en 80 días (Camelle)


Os Parrandeiros de Baíñas

Entrega 1º premio comparsas: Os da Charca

Entrega 2º premio comparsas: Yo - Gures

Entrega 3º premio comparsas: Os Trotamúsicos

Entrega premio disfraz individual:
Premio disfraz individual: Home-espello

Xurado




Cascada de Ézaro. Horarios de Iluminación Semana Santa 2017

Miniatura Noticia
La Cascada do Ézaro estará iluminada varias noches en Semana Santa 2017 de 22:00 a 23:00 h






Iluminación nocturna: xoves, venres e sábado da Semana Santa 2017 de 22:00 a 23:00h

Fervenza do Ézaro estará iluminada varias noites da Semana Santa 2017. Poderá vir gozar da fervenza iluminada o Xoves Santo 13 de abril, o Venres Santo 14 de abril e o sábado 15 de abril dende as22:00 ata as 23:00h.

O acceso á fervenza é libre e gratuito. 

Admisisión alumnado 2017/2018 Ceip Santa Eulalia de Dumbría

Miniatura Noticia



Falar do CEIP Santa Eulalia de Dumbría é falar de:
  • Aprendizaxe individualizada
  • Aulas dixitais e aula de informática
  • Especialista en pedagoxía terapéutica
  • Especialista en Audición e Linguaxe
  • Alto nivel de inglés, sección bilingüe
  • Servicio de comedor con cociña propia
  • Actividades extraescolares 
  • E moito máis
En Dumbría cada neno ou nena é eso, un neno e unha nena, non é un número. 

O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 1 ao 20 de marzo. As solicitudes poderán realizarse de xeito telemático a través da aplicación "admisionalumnado" da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou poden presentarse no propio centro.
A normativa do proceso está contemplada pola Orde do 12 de marzo de 2013modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017.

Podes coñecer o funcionamento do cole a través do seu blog: http://oquepasanocole.blogspot.com.es/ e tamén no facebook:  https://www.facebook.com/oquepasanocole e non te perdas a súa canle de Youtube onde amosa algúns momentos divertidos https://www.youtube.com/channel/UClCEu9YgzL3wQuPx7dNMIoA 
[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=zyEY2xSdKLI&w=320&h=266]




A MESTRA TOMASA

Miniatura Noticia
A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo, é unha actividade que chegará ó CEIP Santa Eulalia de
Dumbría o vindeiro mércores, 15 de marzo.

Trátase dunha actividade de promoción e fomento da lingua impulsada pola área de Lingua da Deputación da Coruña en colaboración co SNL do Concello de Dumbría.

Desexámoslles aos rapaces e rapazas de Dumbría que gocen desta bonita historia e das actividades paralelas que para eles prepararon dende Duende Sico.

Dumbría entre liñas: club de lectura por whatsapp

Miniatura Noticia


Que é #Dumbríaentreliñas?


É un novo método de difusión cultural e acceso ó coñecemento,  á lectura e á información,  creado polo Departamento de Cultura do Concello de Dumbría.



  •  É unha canle para chegar a todos os que desexen aumentar os seus coñecementos sobre a literatura, a poesía, a música, as belas artes (arquitectura, escultura, pintura, música, declamación, danza e cine) os libros e o saber en xeral.
  •  É un CLUB DE LECTURA por whatsapp, con textos de lectura rápida, que se enlazarán con obras en diferentes soporte que pretenden achegar recursos de interese para o grupo creado.
  •     O departamento de cultura de Dumbría fará unha publicación semanal. As publicacións faranse no grupo de lectura os luns, e serán debatidas e comentadas entre o grupo os xoves. Búscase que o grupo converse e interactúe e que fagades aportacións sobre o tema exposto, que busquedes recursos relacionados co tema, autor e lectura e que entre todos ampliemos o coñecemento sobre dito tema.
  •      Cada semana publicarase un contido distinto. 
Como darse de alta?

Inclúe o número de teléfono 682 688 587  na túa lista de contactos. Este será o número do Club de Lectura.
 Envía un whatsapp co texto ALTA CLUB ó número de teléfono 682 688 587 poñendo o teu nome e un apelido.

Quen pode unirse ó grupo?

     Persoas maiores de 14 anos, sexan do Concello de Dumbría ou non.

Normas básicas de uso
  1. Os comentarios no grupo poden ser escritos, mensaxes de voz , vídeos e imaxes.
  2. Usar un tono adecuado e respectuoso.
  3. Intentar ser claro e conciso sobre o que se comenta.
  4. Usar o galego ou o castelán como lingua.
  5. O persoal responsable do servizo resérvase o dereito de suspender a conversa se a considera inapropiada.
  6. Ó utilizar a aplicación WhatsApp, o usuario está aceptando as súas condicións legais e política de privacidade.
  7. As conversas mantidas dentro do grupo son privadas. 
Os contidos expostos cada semana serán publicados tamén no blog dumbriaecultura.blogspot.com , onde poderedes seguir as publicacións que fagamos dentro do Club de Lectura #Dumbríaentreliñas 

Descarga o díptico informativo: 



Dumbríaentreliñas: María Lado e Lucía Aldao

Miniatura Noticia


Empezamos esta primeira sesión de #DumbriaEntreLiñas dúas mulleres. Unha delas da Costa da Morte, da nosa zona. Din que o da poesía é un dos temas máis difíciles de plantexar nun club de lectura, pero empezamos rompendo os tópicos.
Esta semana falaremos de  María Lado e Lucía Aldao, dúas guerrilleiras da poesía actual galega. Non só escriben, tamén fan música e fannos difrutar das letras, do coñecemento e do saber, e todo dende un punto de vista distinto.

As artistas galegas Maria Lado e Lucía Aldao logran rachar con moitos dos tópicos en torno á poesía co seu espectáculo. Elas son POETAS, así con maiúsculas.

Achégovos unha serie de recursos para que vaiades visualizando e lendo nestes días, tamén podedes ler algún dos libros que teñen as autoras, se tedes a posibilidade e compartilo con nós o vindeiro xoves.
Presentación:

Video presentación :

Música e poesía:
RECURSO 1.
RECURSO  2.
RECURSO  3.

Poesía de Lucía Aldao  dispoñible na rede