Ir o contido principal

O mellor da nosa terra: Fervenza do Ézaro

Miniatura Noticia

A praza da Leña en Pontevedra, as pulpeiras de San Froilán en Lugo; a Fervenza do  Xallas en Ézaro-Dumbría e o Entroido  de Ourense foron as estampas elexidas para ilustrar os 4 sorteos cos que a ONCE quere homenaxear o máis importante da nosa terra. 

.  
A Fervenza do  Ézaro é un dos atractivos representativos de Galicia incluidos nos  20 millones de cupóns da ONCE adicados á  comunidade co motivo do 75 aniversario da entidade. 
Será no cupón do sorteo de mañá 24 de xullo, véspera da Festividade de Galicia, podendo ver tamén iluminada a Fervenza.

XXVIII Festa de Praia

Miniatura Noticia




Xa está todo a punto para comezar coa XXVIII Festa da Praia do Ézaro.

Coma cada ano, poderemos entreternos coas competicións deportivas, con xogos e música.




Esta fin de semana agardámosvos na praia do Ézaro!

Ruta de los Molinos de Louredo

Miniatura Noticia

Son varios los molinos que se pueden ver en O Ézaro, aunque el último, el que le da nombre a la ruta, el Molino de Louredo, es el que está restaurado. Los molinos heredaron sus nombres de los montes, de sus propietarios, de su antigüedad o bien de nombres singulares, tales como el Molino de Rejacha, el de Roque, el Viejo o la Moíña, entre otros

Esta ubicación debía ser ideal para la miel, ya que existen restos de antiguas colmenas de piedra al lado del molino de Louredo e incluso colmenas más actuales que se observan cerca del mismo.
 El molino normalmente era de varios propietarios, teniendo cada familia asignado un día determinado para ir a moler el maíz. En el caso de no poder acudir en su día, tenían que esperar hasta la siguiente semana. 
El tramo del río donde se sitúan los molinos también era utilizado para lavar las ropas de cama; es decir, las sábanas y mantas, además de ponerlas al “clareo”1. 

Hace cientos de años, el movimiento del agua se utilizaba en las fábricas. Hoy en día, las presas y saltos de agua se utilizan principalmente para la producción de electricidad en las centrales hidroeléctricas, como las que se pueden ver al lado de la Cascada del Ézaro.


La ruta: 
Punto de partida: Oficina de Información Turística del Ézaro, en el entorno de la Cascada.

Puntos clave del recorrido: una vez llegados a la carretera principal girar a mano derecha, siguiendo así en el pueblo de O Ézaro. 
Continuar hasta pasar delante de la playa, la iglesia parroquial y la farmacia. Justo enfrente de la farmacia hay una carretera que sube, (en el caso de ir con coche, aparcarlo aquí). Continuar subiendo hasta un cruce donde se toma un camino de cemento oscuro con adoquines de piedra. Subir por el casco viejo de O Ézaro hasta encontrar una señal de color azul y de metal que señala Ruta Molino de Louredo, continuando así hasta las últimas casas del pueblo. Ya nos adentraremos en el sendero de monte que va a terminar en el molino en cuestión.
Dificultad: Baja
Duración: 1 hora y media aprox.

RUTA DE LOS MOLINOS DE LOUREDO. ÉZARO. DUMBRÍA

Guía Dossier turístico de Dumbría

Miniatura Noticia


Patrimonio, Naturaleza, Cultura, Costa da Morte, CIR, Turismo, Camino de Santiago, Rutas de Senderismo, 
El Poder del Agua, Fiestas y gastronomía, ocio, Comer&Dormir: 

21 páginas para redescubir  #DUMBRÍA


PANORAMICAMENTE FALANDO. Exposición fotográfica

Miniatura Noticia


A exposición  de Begoña Corbal, Panoramicamente Falando, recala agora no Centro de Interpretación de Rutas (CIR), do Ézaro, situado na Casa de Pedra.

Ata o 31 de agosto, poderase visitar esta exposición no seguinte horario:

de LUNS a VENRES (agás os mércores): de 10:00 a 20:00h
SÁBADOS e DOMINGOS: de 10:30 a 13:30h e de 16:00 a 19:00h


Podedes ver máis do traballo de Begoña no seu blog: corbalfotografia.blogspot.com.es


corbalfotografia.blogspot.com.es

SEGURIDADE VIAL

Miniatura Noticia
O martes, 3 de decembro, ás 19.00 horas, nas Instalacións do Conco (Dumbría), un axente de tráfico impartirá unha charla incluída dentro da Campaña autonómica específica para Peóns, da Dirección Xeral de Tráfico.

 Abordaranse temas relacionados coa seguridade dos peóns nas vías públicas.

 Para ter previsión do número de asistentes, é necesario inscribirse nas Oficinas Municipais, teléfono 981 744 001, en horario de 8 a 15 horas.

 Todos os asistentes recibirán como agasallo un chaleco reflectante.

Apps para aprender inglés

Miniatura Noticia
No Concello de Dumbría impartimos clases de inglés en tódolos centros culturais. Están dirixidas a nenos/as e pretenden ser unha ferramenta de apoio educativo e de reforzo da aprendizaxe do idioma. 


Pero os pais e nais tamén temos un papel moi importante nesa aprendizaxe e podemos facilitarlles ferramentas para que esta se produza dun xeito fluído e natural. 

Desde a configuración do televisor para ver as películas en versión orixinal ou os debuxos animados en inglés (Clan in English) ata as aplicacións para móbiles que se poden descargar de maneira gratuíta nos móbiles ou tablets. O uso das tabletas entre os máis pequenos estendeuse gracias á venda de dispositivos con deseños que inclúen os seus personaxes de televisión ou debuxos animados preferidos. 
Os verbos, as cores, os números, o abecedario e ata a pronunciación, son aspectos que os nenos poden aprender de maneira natural en inglés a través das aplicacións.

Pili Pop é unha app dirixida a nenos/as a partir de 6 anos. Mediante un sistema de recoñecemento de voz, esta aplicación avalía a pronunciación dos pequenos e axúdalles a perfeccionala. Dispón  de xogos ambientados en diferentes países para traballar distintos conceptos e mellorar a comprensión .

Wood Puzzles Collection combina o xogo coa aprendizaxe, neste caso de novas palabras. Os crebacabezas son o medio elixido para descubrir dun modo intuitivo os nomes de letras, animais, profesións, ou medios de transporte.

Os libros para nenos/as MeeGenius son  contos en inglés para pais, nais e fillos/as, onde se lles pode ler os contos e, de paso, mellorar o seu dominio do idioma. A app está dirixida a nenos/as de 0 a 8 anos e os contos teñen ilustracións coloridas, textos sinxelos e palabras destacadas. 

Outra opción é Playtales Gold con contos clásicos e personaxes actuais como Pocoyó.

CandyCount céntrase nas cores e nos números, dous conceptos básicos cos que poden aprender inglés. O seu principal atractivo reside en que para aprender, recurren a caramelos... Así eles gozan dos doces sen consumilos nin mancharse.

Colouring Book  é unha app composta por debuxos que os nenos/as han de colorear.



SOÑA NO NADAL

Miniatura Noticia
Os meses de decembro e xaneiro veñen cargados de actividades para as casas culturais do concello de Dumbría.



Aquí che deixamos o documento que recolle día e hora de cada unha delas.

Anímate a participar! 

Soña no Nadal!

SOÑA NO NADAL. 6 - 7 decembro

Miniatura Noticia

Venres, 6 de decembro. 19.00 h.

Instalacións do CONCO (Dumbría)

TALÍA TEATRO

Pelos na Lingua

Humor e ironía para maiores de 12 anos.






Sábado, 7 de decembro. 19.00 h.


Casa Cultural de BUXANTES

CAYETANO LLEDÓ

Maxia para tódolos públicos.

SOÑA NO NADAL. Sábado, 14 de decembro

Miniatura Noticia

Sábado, 14 de decembro.

19.00 horas.

Casa de Cultura de OLVEIRA.


Cabaré Manicómico.

Clown, música, danza, humor, monólogos,... para tódolos públicos.