Ir o contido principal

I Xornadas de Teatro: DUMBRÍA A ESCENA. 22, 23 e 24 agosto

Miniatura Noticia
Abrimos o telón destas primeiras xornadas de teatro "Dumbría a escena" o
venres 22ás 21.30h, coa actuación de Xosé A. TOURIÑÁN,
que nos visita como Manolo Lojo.


Pasou pola pequena pantalla participando en Air Galicia, Era Visto!, Luar ou Tourilandia, programa este último no que exerceu como presentador e director. Había tempo que Xosé A. Touriñán (Culleredo, 1980) non pisaba os bares e teatros do país cun espectáculo de monólogos, actuacións como Mucha (das Cantareiras de Ardebullo) á parte.
Aínda que inmerso no proxecto televisivo de Ardebullo, o da Casa da Conexa, Touriñán atopa agora un bo momento para retomar unha das facetas coa que máis goza, como monologuista e en contacto directo co público. 
Faino como Manolo Lojo, un home con moita vida ás súas costas e como consecuencia, con moito que contar.


Como argumento principal, unha decisión tomada por parte do protagonista: o suicidio logo dunha vida que, de primeiras semella desgrazada para o público, e coa que logo este non fai máis que rir. Polo medio, unha eternidade de anécdotas e historias que, por suposto en galego, Manolo conta con todo tipo de detalles.

O sábado 23, maratoniana xornada teatreira:
  • Obradoiro infantil de INICIACIÓN AO CLOWN.  Haberá dúas sesións, a primeira delas de 11:00  a 12:30 h. e, xa pola tarde, reanudamos a actividade de 17:00 a 19:00 h.
Glon entra como novo aprendiz a cargo de Flora, a veterana axudante de biblioteca. Ela móstralle tódolos segredos sobre os libros perdidos, aqueles que pola falta de interese da xente pola súa lectura están en perigo de perdérense para sempre. O vello Gofken é o gran mestre bibliotecario que coñece cada historia de cada un dos libros que habitan nas bibliotecas de todo o mundo. Glon e Flora recuperan libros que despois Gofken converte en historias visibles para o resto do público.  Este é o caso da historia que nos ocupa: “ A modernidade chega á aldea”. Todo un repertorio de títeres de mesa e sombras chinesas interpretan esta entretida historia sobre a modernidade destrutiva que moitas veces esquece a beleza do que sempre foi da xente, o amor pola natureza.


AS DO PEIXE son catro actrices que, encarnando catro mulleres concretas, representan miles de anónimas traballadoras: as súas humildes historias, as súas vidas comúns, as súas íntimas arelas, os seus modestos soños, as súas pequenas frustracións. A súa memoria colectiva.
AS DO PEIXE é un espectáculo sentido, bulideiro, divertido, intenso, directo, reflexivo, fresco, eivindicativo... porque así eran aquelas mulleres.

Autor: Cándido Pazó. Dirección: Cristina Domínguez Da Pena. Elenco artístico: Susana Dans, Mónica Caamaño, Casilda Alfaro e Rocío González.


O domingo 24, ás 21:30 h pechamos a primeira fin de semana coa actuación do ATURUXO DE MELPÓMENE, que trae ás táboas dumbriesas A ratoeira.

"A Casa Grande do Pozo dos Monxes abre as súas portas aos primeiros hóspedes, ao tempo que a radio informa da posibilidade de quedaren illados pola neve. A neve chega, e con ela un crime. Ese manto branco, sempre tan puro e pacífico, pon as cousas difíciles... ou moi doadas".

Dirixida por Mónica Caamaño. Protagonizada por Chus Olivares, Juan González, Óscar Manso, Gena Hernández, José Manuel Felpeto, Yoli Lozano, María Veiga e Óscar Rodríguez. Técnica Ana Loredo





Se es un amante do teatro, ven a OLVEIRA!
Dumbría co teatro.

1ª FIN DE SEMANA DO "DUMBRÍA A ESCENA 2014"

Miniatura Noticia
Tremendo arranque das I Xornadas de Teatro "Dumbría a Escena".

O pasado venres foi X.A.TOURIÑÁN o encargado de dar o pistoletazo de saída a este ciclo de teatro.


Fíxoo subindo ás táboas como Manolo Lojo, que conseguiu que ós asistentes, que eran moitos (auditorio abarrotado), non se lles borrase o sorriso da cara.



As gargalladas foron, pois, as protagonistas desta primeira actuación.

O sábado comezou con un obradoiro de clown para os rapaces e rapazas que se achegaron ata a Casa de Cultura de Olveira.Vese que lles gustou, xa que algúns ata repetiron pola tarde.

Ás 12:30 h. rapaces/zas e pais/nais visitaron "A Biblioteca dos Libros Perdidos" de FANFARRA TÍTERES.


O peche da segunda xornada correu pola conta de ABRAPALABRA coa representación de "As do Peixe", unha obra que acadou nos últimos Premios Maria Casares ata tres galardóns: o de mellor texto orixinal, mellor actriz protagonista para Susana Dans e mellor dirección para Cristina Domínguez. Estiveron ESPECTACULARES!

O ATURUXO DE MELPÓMENE adentrounos na Ratoeira. Conseguiron que o público asistira, sen poder nin sequera pestanexar, á resolución dun crime
cometido nunha recén estreada casa de hóspedes.


Podemos resumir esta primeira fin de semana de Dumbría a Escena en Olveira coma unha mestura de moitas risas, suspense, realidade, intriga, medos, recordos, soños, ... e moito público que quixo achegarse ata Dumbría para disfrutar do teatro.
Moitísimas gracias a todos/as e xa sabedes que estades convidados a repetir experiencia a partir do próximo venres.
#DumbríaCoTeatro

2ª fin semana DUMBRÍA A ESCENA. 29, 30 e 31 agosto

Miniatura Noticia

Encaramos a segunda fin de semana destas xornadas acollendo a MOFA E BEFA, a TALÍA TEATRO e tamén ó teatro afeccionado, da man da Escola Municipal de Muxía.

Venres 29ás 21.30h actuación de MOFA E BEFA,
que saen a escena con Cociña Económica.

Sketch no que se recrea un plató de Televisión onde se está gravando un programa de cociña. O lema do programa é: Todo se come, nada se tira.


Mofa e Befa son un dúo constituído por Evaristo Calvoe Víctor Mosqueira.





O sábado 30 obradoiros e máis teatro para tódolos públicos:
  • Obradoiro infantil de construción e iniciación aos malabares.  Haberá dúas sesións, a primeira delas de 11:00  a 12:30 h. e, pola tarde, reanúdase a actividade de 17:00 a 19:00 h.
Esta é a extraordinaria historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, de todas as aventuras que viviu, e dos escalofriantes perigos que tivo que afrontar.
Benvidos ao máxico e dixital mundo de XANGO!
Un espectáculo de mimo e clown dirixido ao público infantil, concretamente a un público entre 7 e 11 anos.

Ao mundo infantil atráelle especialmente o mundo das computadoras, tablets, móbiles, … e diversos aparellos electrónicos. Este espectáculo ademais de proporcionarnos diversión faranos reflexionar sobre os usos e abusos do mundo cibernético.
Autor e director: Diego Rey. Reparto: Dani Trillo e Toño Casais.
  • Ás 21:30h. TALÍA TEATRO achégalle ó público maior de 14 anos o espectáculo DEMOLICIÓN
Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo.Catro pés para o banco da comunicación teatral. Hai outros. Pero quixemos probar se chegaba con estes para que o banco se mantivese en pé.
Comidrama. Xa que o concepto existe, outorguémoslle un nome. Un termo que exprese esa alquimia dramática entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión.

A espera, un eco beckettiano que chega de lonxe. O fracaso colectivo reverberando metaforicamente. A fraxilidade humana resoando no fondo do precipicio. 

Autor e director: Cándido Pazó. Reparto: Artur Trillo e Toño Casais. Realización de escenografía: Carlos Alonso e Dani Trillo. Vestiario: Martina Cambeiro. fotografía e vídeo: Rubén Prieto. Deseño de cartel: Carlos Alonso.Deseño de iluminación: Dani Trillo. Produción: Auri Ferreiro. axudante de dirección. Diego Rey. Dirección:Cándido Pazó.


O domingo 31, ás 21:30 h, pechamos as xornadas Dumbría a escena, dándolle cabida ó teatro afeccionado da comarca. A Escola Municipal de Teatro de Muxía, dirixida por Artur Trillo (Talía Teatro), interpreta Maribel e a estraña familia, de Miguel Mihura.


Marcelino é un tímido e apoucado mozo de provincias que ten unha fábrica de chocolates no seu pobo natal. Un día, preséntalles á súa nai e á súa tía Maribel unha moza que coñeceu nun bar e coa que decidiu casar. Na casa da tía de Marcelino, a noiva verase envolta nos segredos e curiosidades da familia do seu prometido.


Se es un amante do teatro, ven a OLVEIRA!
Dumbría co teatro.

Primer Concurso Cabalar de Dumbría

Miniatura Noticia

La Asociación de Criadores de Caballos Españoles  de Galicia (ACCEGA) prepara una cita pionera en toda Costa da Morte. 



Se trata del I Concurso Caballar de Dumbría que tendrá lugar en el Concello de Dumbría, en el entorno de la Carballeira de Berdeogas, el próximo domingo, 7 de septiembre.


Será una jornada de deporte, ocio, cultura y  turismo en un entorno natural y queremos que sea una jornada de disfrute para los amantes del maravilloso mundo del caballo. Participarán todas las razas y se celebrará en un marco natural incomparable como es la Carballeira. También habrá música para amenizar la jornada y muchos premios para los participantes.  

PROGRAMA COMPLETO
9:00-10:00 H: Hora de Inscripciones
10:00: Comienzo del concurso
  • Yeguas P.R.G.
  • Caballos P.R.G.
  • Potras cruzadas (hasta 3 años)
  • Potros cruzados (hasta 3 años)
  • Yeguas cruzadas
  • Caballos cruzados
  • Potras P.R.A.  (hasta 3 años)
  • Potros P.R.A. (hasta 3 años)
  • Potras P.R.E.  (hasta 3 años)
  • Potros P.R.E. (hasta 3 años)
  • Yeguas P.R.A.
  • Caballos P.R.A.
  • Concurso enganches
Descanso y comida
A partir de las 16:00h
  • Yeguas P.R.E.
  • Caballos P.R.E.
 A las 18:00h COMPETICIÓN DE HORSEBALL -- Baloncesto a Caballo


    PREMIOS 

    Razas participantes: Pura raza gallega, razas cruzadas, pura raza árabe y pura raza española

    Tendrán premio los tres primeros de cada sección ( oro, plata y bronce) y obtendrán trofeo y diploma. 
    Se repartirán 3600 Euros en metálico.

    Las pruebas comenzarán a partir de las 10:00.

    En los Caballos de Pura Raza Española y Pura Raza Árabe habrá premio a los mejores movimientos de cada sección.

    Premios a los mejores caballos nacidos en Galicia, y a los campeones absolutos de movimientos.



    NOTA INFORMATIVA:

    Los premios se entregarán después de cada sesión ( excepto los Premios Especiales que se entregarán al finalizar en concurso).
    Los premios en metálico serán retirados por el premiado en la mesa de Secretaría.
    En caso de ser necesario, y dependiendo de la afluencia de ganado, se habilitará una pista anexa para juzgar a los caballos P.R.G. y los cruzados.
    Habrá carpa de pulpería.
    Se dispondrá de servicio veterinario y herrador.
    Grupo folclórico para amenizar la feria.

    Más información e inscripción en 619452169 //609087368

    EN FAMILIA

    Miniatura Noticia



    Actividade dirixida a nenos/as de 0 a 6 anos e ós seus pais e nais.

    Todos os días xorden dúbidas de como afrontar cuestións de índole educativa, de como resolver situacións que se presentan a cotío. As rabietas, o sono, os medos, a imposición de normas e límites, a importancia do xogo e da estimulación temperá, etc., son cuestións que a todos os pais e nais se lle presentan en determinado momento na educación dos fillos/as.

    EN FAMILIA é unha actividade que propón a participación en obradoiros formativos para pais e nais, facendo destes un espazo de encontro no que expoñer as vosas dúbidas e no que profesionais do ámbito acheguen diferentes ferramentas que vos axuden a resolver de forma construtiva os retos e conflitos cotidiás.

     O programa EN FAMILIA contén ademais actividades lúdico-educativas para nenos/as ata os 6 anos.
     
    PROGRAMA:

    Sábado, 20 de setembro:
    · 16.00 h.: Obradoiro formativo para pais/nais
     · 17.00 h.: Teatro do Miolo. 4 Tempos

    Espectáculo musical dirixido especialmente a bebés de 6 meses a 4 anos. A través de elementos sinxelos os pequenos/as participarán nunha viaxe a través das estacións do ano.
    (Espectáculo cofinanciado polo Programa Cultura no Camiño, da Consellería de Cultura)

    Sábado, 27 de setembro:

    · 16.00h.: Obradoiro formativo para pais/nais
     · 17.00 h.: Caramuxo Teatro. Xan e as Fabas Máxicas
    Proposta de lecer en familia dirixida principalmente a nenos a partir dos 3-4 anos, na que o humor, a poesía e a emoción se mesturan para dar unha visión contemporánea deste clásico infantil a través do teatro de actor e de monicreques.
    Este é un espectáculo enmarcado no programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


    INSTALACIÓNS MUNICIPAIS DO CONCO (DUMBRÍA)




    ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2014/2015

    Miniatura Noticia
    Xa está aberto o prazo de inscrición nas actividades culturais e deportivas 2014 - 2015.

    ACTIVIDADES DEPORTIVAS:

    Escola de Fútbol
    Club Municipal de Piragüismo
    Escola Municipal de Voleibol
    Escola Municipal de Zumba e Ximnasia de mantemento (+ 14 anos)
    Escola Municipal de Ciclismo
    Ximnasios municpais de Olveira e O Conco (Dumbría)

    ACTIVIDADES CULTURAIS:

    NENOS/AS:

    Infomática
    Inglés
    Clases de apoio escolar
    Escola Municipal de Teatro
    Dumbría Speaks
    Clases de Pandeireta e Baile Rexional

    ADULTOS:

    Informática
    Manualidades
    Escola Municipal de Teatro
    Cursos de Técnicas de Procura de Emprego
    Clases para a obtención do graduado en Educación Secundaria
    Dumbría Speaks

    INSCRICIÓNS: ata o 13 de outubro
    Oficinas Municipais. Teléfono: 981 744 001 e nas Casas Culturais

    MATRÍCULA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA ADULTOS

    Miniatura Noticia

    Ó igual ca nos últimos anos, o Concello de Dumbría, pón a disposición dos seus veciños/as a oportunidade de asistir a clases de apoio para a obtención do graduado en Educación Secundaria.
     
    Estas clases están dirixidas só a adultos que queiran obter o título en Secundaria.
    No caso de mozos/as de 16 ou 17 anos que desexen acceder a este modelo de ensino a distancia deben ter contrato laboral.
     
    Desde que este servizo se implantou neste concello, xa son 44 as persoas que obtiveron o graduado.
     
    Animádevos a intentalo!
     
    As matrículas realizaranse mañá, xoves 2 de outubro, ás 20:30 h. nas oficinas municipais.
     
    Se precisades máis información, dirixídevos ó departamento de Cultura do Concello.
    Teléf.: 981 744 001.
    Correo electrónico: dumbriaecultura@gmail.com 

    Punto de Atención al peregrino Santiago-Fisterra-Muxía

    Miniatura Noticia


    En el Camino de Santiago a Fisterra- Muxía encontramos en el lugar llamado Hospital un Punto de Atención al Peregrino que ofrece información sobre la ruta, los alojamientos, el transporte y ayuda a los caminantes que lo precisen.

    Situado en el Concello de Dumbría, es un punto estratégico del Camino de Santiago hacia el mar, ya que es en este punto de Hospital donde el peregrino elije dónde acaba su peregrinaje, bien en el Fin del Mundo: Finisterre o en el Santuario de la Virgen de la Barca en Muxía.

    Si necesitas información del Camino de Santiago a su paso por el Concello de Dumbría acércate al Punto de Atención al peregrino o mira el folleto que tenemos preparado para ti. También puedes contactarnos a través del correo electrónico: turismodumbria@gmail.com.


    Excursión a Lugo: resumo da xornada

    Miniatura Noticia

    O pasado sábado día 4 de outubro 260 veciños do Concello de Dumbría disfrutamos dunha xornada  nas Festas de San Froilán 2014 en Lugo.
    Visitamos a Catedral Santa María de Lugo, a Muralla romana de Lugo, declarada patrimonio da Humanidade no ano 2000 , a praza do concello, as casetas do polbo...
    A xornada amenizámola  cun xantar a base de polbo e carne ó caldeiro. 

    Deixámosvos unhas intantáneas do día. Se tedes fotos da excursión que queirades compartir con nós, podedes enviárnolas a dumbriaecultura@gmail.com









    Curso anual de Informática do Concello de Dumbría

    Miniatura Noticia

    Xa están dando comezo os cursos de informática 2014/2015. O Concello de Dumbría leva máis de 10 anos impartindo cursos gratuitos de alfabetización dixital para todos os veciños/as. Intentarase impartir en todas as Casas de Cultura a seguinte programación anual de cursos, e puntualmente sacaranse cursos ós que podedes apuntarvos. Así mesmo, se estiverades interesados en incorporarvos nalgún dos talleres que se imparten dentro da programación anual tamén o podedes facer.
    As clases están divididas por rango de idade, no caso dos nenos0/as, e por nivel no caso dos adultos.

    Así mesmo, se queredes que se imparta algún curso que non estea dentro deste programa, escoitamos as vosas suxerencias.