Ir o contido principal
No seu máxico e místico traxecto, o Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía atravesa o corazón das terras de Dumbría. O noso concello está vinculado a esta ruta xacobea dende a súa orixe, constituíndo un lugar relevante que contaba cun hospital de peregrinos na aldea de Hospital.
 
 

Este percorrido está impregnado de antigas tradicións que reflectían os restos dunha cultura ancestral de ritos animistas e de lendas como a do vakner, o monstruo que deveraba peregrinos e que habitaba en Buxantes, ao pé do petróglifo de Pedra Ancha.

 

No Santuario da Virxe das Neves ou Fonte Santa (s.XV) hai unha fonte cuxas augas son beneficiosas para a lactancia “animal e humana”.

Estas terras ocultan en cada recuncho vestixios do pasado, dun impresionante patrimonio histórico e arqueolóxico, salpicado de mámoas, castros, dolmens, restos da romanización e das guerras napoleónicas.

 

FOLLETO CAMIÑO: Camiño Stgo-Fisterra-Muxía

#DumbríaéCamiño #DumbríaéTurismo 

Homenaxe a Pepe do Fieiro

Miniatura Noticia

O domingo, 1 de xuño de 2025, tivo lugar a homenaxe ao señor Pepe do Fieiro. Foi o día de celebrar xuntos e de agradecerlle públicamente a súa labor como divulgador do Monte Pindo.

A xornada arrancou ás 09:30h no Fieiro, Mazaricos, para subir cun grupo de 30 persoas ata o alto da Moa. Iso si, gozando de cada unha das paradas estratéxicas onde nos explicaba o por qué da toponimia, as lendas, as historias da Guerra Civil, o tesouro dos mouros,… A subida foi moi pouco a pouco pero moi entretida e o tempo acompañou, un día despexado pero fresquiño, ideal para camiñar.

Unha vez chegados á Moa aproveitamos para facer unhas fotografías xuntos, gozar das panorámicas: Fisterra, Corcubión, Caneliñas, Gures, O Ézaro, Peñafiel-Xan Quente- Castelo Grande, o miradoiro do Ézaro, O Pindo, Quilmas, as Illas Lobeiras, Carnota, Arcos, … Unha panorámica espectacular!

Arriba pouco podíamos estar, pois o nordés sopraba con forza, e puxémonos rumbo ao merendeiro. Pero Pepe tiña outro plan, achegarse ata o lugar onde seu pai atopou a xerra de barro e dende alí ir logo rumbo ao merendeiro. Mentres todos aproveitamos para repoñer forzas comendo e bebendo, Pepe sacou un papel da súa mochila para deleitarnos co seu arte: unha poesía feita por el sobre o Monte Pindo. A penas bebeu uns chopos da súa clara de limón e continuou contando un conto de tradicón oral: o Encanto das Chozas… Meu pobre, non o deixamos nin descansar!!

E tivemos que poñernos en marcha para baixar, pois o tempo ía xusto para a seguinte parte do día. Ao final, cumprimos co horario e chegamos ao Fieiro un pouco antes das 14h. Collemos os coches e puxémonos rumbo ao Centro de Interpretación de Rutas (CIR) Monte Pindo e Fervenza do Ézaro para a gran sorpresa de Pepe, máis ben un feixe de sorpresas, unha tras doutra sen a penas darlle tempo a reaccionar.

Unha homenaxe para agradecerlle a súa labor de guía do Olimpo Celta, de divulgador, de defensor e de explorador desta montaña. O acto foi presentado pola concelleira de cultura e turismo do Concello de Dumbría, María Lema, quen tras agradecerlle a súa labor, deulle paso ao alcalde do Concello de Dumbría, Raúl González, quen aproveitou para reiterar as grazas pola súa labor altruísta, así como para contar algunha anécdota de Pepe. Posteriormente, a tenente alcaldesa, María Agulleiro, xunto cos seus compañeiros de corporación fixéronlle entrega dunha fotografía súa no alto de Peñafiel, obra de Juan Louro.

A continuación, a técnica de turismo do Concello de Dumbría, Ada González Fernández, presentou a nova edición do libro Pepe do Fieiro, o neno que soñaba coa montaña, que estará dispoñible nos colexios e bibliotecas dos 3 concellos integrantes do Monte Pindo: Carnota, Mazaricos e Dumbría. Foi a quenda de Pepe, quen aproveitou o momento para reivindicar a diversa toponimia desta gran mole granítica chea de maxia, así como de lanzar a súa invitación a gozar do Monte Pindo outro día, con calma, pero para pasar o día enteiro alá, sen présas, como a el lle gusta.

Pensando que xa non habería máis nada, chegou un dos momentos máis agardados: o descubrimento da placa na súa honra coa que se bautiza o CIR e na que quedará para a posteridade.

Houbo tempo para que tamén participasen o exalcalde do Concello de Dumbría, Xosé Manuel Pequeño, que citou a súa labor como veciño activo na vida social do lugar do Ézaro. Tamén falou o actor, presentador, produtor e director galego Xosé Antonio Touriñán quen non quixo desaproveitar a ocasión de gozar da sabiduría do señor Pepe do Fieiro e acompañalo na súa homenaxe.

Non podíamos rematar a xornada sen algo doce, polo que o Concello de Dumbría entregoulle un paquete cheo de chocolates, porque quen coñece a Pepe ben sabe que é moi lambeteiro!!

Será este o seu segredo para estar mellor ca un rapaz de 19?

Pechou o acto Raúl González, alcalde de Dumbría, onde falou do proxecto #DumbríaesTI que pretende gravar ás persoas de Dumbría co fin de contar logo cun arquivo audiovisual para poder preservar o patrimonio inmaterial da nosa terra. Pepe do Fieiro será un dos primeiros en formar parte do proxecto.

#DumbríaéTurismo #DumbríaéCultura #MontePindo #PepedoFieiro #PatrimonioInmaterial #OlimpoCelta #Dumbría #Carnota #Mazaricos #CostadaMorte #cir

As instalacións deportivas Municipais do Conco en Dumbría, son un referente a nivel Comarcal e Autonómico, non só por ser boas e axeitadas, se non tamén pola súa actividade diaria.

Deporte preto da túa casa.

 

> Polideportivo Municipal do Conco - Dumbría

  • Campo de fútbol de herba sintética con medidas de 105/60m.
  • Piscina descuberta con medidas de 25/125m.
  • Ximnasio municipal
  • Polideportivo Municipal
  • Sala de actividades dirixidas
  • Sala de ciclo indoor
  • Sala de Crossfit
  • 6 vestiarios
  • Circuito de ciclo cross
  • Cafetería

> Campo de Slalom Olímpico do Couquiño en Olveira.

> Ximnasio Municipal de Olveira.

> Pista de padel do Ézaro.

> Pistas polideportivas descubertas en todas as Parroquias do Concello.

> De forma eventual nos meses de xullo e agosto a praia do Ézaro dispón de 3 campos de volei praia.

> Piscina municipal

  • A piscina municipal está situada no Conco, Dumbría, e está a disposición da veciñanza durante os meses de verán no seguinte horario:
  • De luns a sábado: de 16:00 a 20:00h

Ademáis das actividades deportivas que Dumbría ofrece ao longo de todo o ano, tamén temos eventos anuais que xa son un clásico e un referente na Costa da Morte, son eventos a nivel nacional e internacional do mundo do deporte. Pensados para todos.

Andainas

Ruta Cicloturista BTT

Campionatos de Pesca

Carreiras Populares: Correndo pola Costa da Morte

Memorial Manuel Andujar

Gran Fondo Ézaro

 

 

Campionato de España Xuvenil e Junior de Salvamento Deportivo

Deporcampus Dumbría

Campionato Cadete de España de Volei Praia no Ézaro

Campionato Galego de Volei Praia no Ézaro

Campionato Galego de Promoción de Slalom En Augas Bravas

Campionato Galego de Slalom Olímpico. 

Travesía a nado Costa Ézaro

Cross de Obstáculos do Concello de Dumbría

Ao longo de todo o ano, Dumbría te ofrece unha ampla variedade de actividades de carácter deportivo para que elixas a que mellor se adapte ás túas necesidades e horarios. Desfruta do deporte durante os 365 días do ano.

> XIMNASIA DE MANTEMENTO.

> ZUMBA.

> FÚTBOL.

> VOLEIBOL.

> CICLISMO.

> PIRAGÜISMO.

> ACTIVIDADES DIRIXIDAS DUMBRÍA-DAFIT.

Instalacións deportivas do Conco.

Ximnasia de Mantemento.

Berdeogas
Luns 19:30 h

Olveira
Martes 20:00 h

Dumbría
Xoves 18:45 h

Buxantes
Luns 19:30 

O Ézaro
Mércores 19:45 h

Zumba

O Ézaro
Luns 20:45 h

Berdeogas
Mércores 19:30 h

Olveira
Xoves 20:00 h

Dumbría
Martes 18:45 h

Buxantes
Xoves 21:00 h

Fútbol

Polideportivo Municipal do Conco - Dumbría
De luns a venres entrenos para as diferentes categorías, no campo de fútbol do Conco en horarios entre as 18:00h ata 21:00h.

Voleibol

Polideportivo Municipal do Conco - Dumbría
Adestramentos os mércores e venres en horario de 18,00 a 19,30h.

Ciclismo

Polideportivo Municipal do Conco - Dumbría
Adestramentos da escola de ciclismo os sábados en horario de 10:45h a 12:30h.

Piragüismo

Encoro de Santa Uxía
Adestramentos de martes a sábados dependendo do caudal do rio.

ACTIVIDADES DIRIXIDAS DUMBRÍA-DAFIT

Pilates
Luns e mércores de 20,00h a 20:45 h

Ciclo Indoor
Luns de 20:15 e as 21,:15 h
Mércores as 20:15 e as 21:15 h
Xoves as 19:30h.

Zumba
Mércores as 21:15 h

O.C.R
Luns e mércores as 21:15 h

Tonificación
Martes e xoves as 21:00 h

Conco-BOX
Martes e xoves a partir das 21:00 h

Gap
Martes e xoves as 19:30 h

Kick boxing
Martes e xoves de 19:30 h a 21:00 h

Onde viven as palabras

Actualmente  o concello de Dumbría conta con 5 puntos de lectura e préstamo de libros; a Biblioteca Pública Municipal do Ézaro e as Axencias de Lectura Municipais de Buxantes, Dumbría, Berdeogas e Olveira.

Tanto a biblioteca coma as ALM están automatizadas, contando neste momento cun total de 22.581 rexistros bibliográficos.

Para poder facer uso do servizo de préstamo de libros das bibliotecas abonda con facerse socio. Cada socio ten dereito a utilizar todas as bibliotecas do concello para o préstamo. Pódense sacar un máximo de tres documentos, durante 14 días e con posibilidade de renovación.

Os catálogos da rede de bibliotecas do concello pódense consultar no seguinte enlace: www.opacmeiga.rbgalicia.com.

Tamén podes consultar os libros que temos por biblioteca, só tes que premer na palabra CATÁLOGO e escribir o título da obra que buscas.
 

Ao longo do ano nas bibliotecas desenvólvense actividades puntuais de formación de usuarios, así coma diversas campañas e actividades de fomento da lectura.

 

Bibliotecas

Axencia de lectura de Berdeogas.

Horario de Inverno

Luns a Venres de 16:00 a 20:00 h.

Horario de Verán

Luns, mércores e venres de 17:00 a 20:00 h

Axencia de lectura de Buxantes.

Horario de Inverno

Luns a Xoves de 16:00 a 20:00 h.

Horario de Verán

Martes e xoves de 17:00 a 20:00 h

Biblioteca Pública Municipal do Ézaro.

Horario de Inverno

Luns a Venres de 16:00 a 20:00 h.

Horario de Verán

De luns a venres de 17:00 a 20:00 h

Axencia de lectura de Olveira.

Horario de Inverno

Luns a Venres de 16:00 a 21:00 h.

Horario de Verán

De luns a venres de 18:00 a 21:00 h

Axencia de lectura de Dumbría.

Horario de Inverno e Verán

Luns a Venres de 16:00 a 20:00 h.

Casas Culturais

Ó longo de todo o concello de Dumbría, atoparás repartidas polas parroquias as Casas de Cultura. Son os nosos centros neurálxicos das actividades culturais do concello.

Nestes centros poderás informarte, apuntarte e participar na actividade ou actividades que mais che apetezan.

Goza e comparte.

 

 

HORARIO DE VERÁN.

As Casas de Cultura e as Bibliotecas Municipais, modifican os horarios durante os meses de verán.

Novos horarios:

OLVEIRA
De luns a venres de 18:00 a 21:00 h

ÉZARO
De luns a venres de 17:00 a 20:00 h

BERDEOGAS
Luns, mércores e venres de 17:00 a 20:00 h

BUXANTES
Martes e xoves de 17:00 a 20:00 h

O CONCO
De luns a venres de 16:00 a 22:00 h.


HORARIO DE INVERNO.

Casa Cultural de Berdeogas.
​Luns a Venres
de 16:00 a 20:00 h.

Centro Social de Bustelo-Salgueiros.
​Luns e Xoves
Segundo horario de actividades.

Casa Cultural de Buxantes.
​Luns a Xoves
de 16:00 a 20:00 h.

Instalacións do Conco- Dumbría.
​Luns a Venres
de 16:00 a 22:30 h.

Casa Cultural do Ézaro.
​Luns a Venres
de 16:00 a 20:00 h.

Casa Cultural de Olveira.
​Luns a Venres
de  16:00 a 21:00 h.

Eventos Culturais

Actividades estivais nas instalacións do Conco: xunto cos cursos de natación, lévanse a cabo actividades dirixidas ao público infantil de idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos, tales coma xogos educativos e para o tempo libre, xogos de mesa, actividades de animación á lectura, obradoiros de reciclaxe, obradoiros de cociña, manualidades, educación ambiental, educación vial, educación para a saúde,...

Representacións teatrais, musicais, de maxia, de novo circo,...

Actividades de animación á lectura

Festa da Familia, na Devesa da Lúa, carballeira de Berdeogas

Festa da Praia do Ézaro

Programas de Nadal, Entroido,...

Festas infantís de Fin de curso, Clausura de actividades estivais, Nadal,...

🚶‍♀️🚶‍♂️ Andaina De Olveiroa á Ponte Peón seguindo o río Xallas

Miniatura Noticia

Continuamos co ciclo de andainas #ExploraDumbría, a través do que podes coñecer o concello camiñando.

·

Esta andaina é 𝐋𝐈𝐍𝐄𝐀𝐋.

As persoas participantes deben 𝐚𝐜𝐡𝐞𝐠𝐚𝐫𝐬𝐞 𝐧𝐨𝐬 𝐬𝐞𝐮𝐬 𝐯𝐞𝐡𝐢́𝐜𝐮𝐥𝐨𝐬 𝐚𝐭𝐚 𝐒𝐚𝐧 𝐂𝐫𝐢𝐦𝐞𝐧𝐳𝐨, onde estará habilitada unha zona de aparcamento.

Desde alí sairemos en buses ata Olveiroa para iniciar o camiño.


📆 𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟐𝟐 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨

🕘 𝐀́𝐬 𝟗:𝟎𝟎 𝐡, 𝐬𝐚𝐢́𝐝𝐚 𝐝𝐨𝐬 𝐛𝐮𝐬𝐞𝐬 𝐝𝐞𝐬𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧 𝐂𝐫𝐢𝐦𝐞𝐧𝐳𝐨 con dirección a Olveiroa


Ao longo do percorrido visitaremos Olveiroa - Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía - ponte de Vao de Ripas - Pedra cabalgada do Brazal - carballeira do Brazal - Fervenza de Xestosa - As Teixoeiras - San Crimenzo - Ponte Peón

·

❗️Prazas limitadas


Imprescindible inscribirse⬇️

https://forms.gle/16SUGik1rpZZRGxm6

·

#Dumbría #ExploraDumbría #Vákner #TerritorioVákner

#DumbríaéCamiño #DumbríaéDeporte #DumbríaéTurismo #DumbríaéCultura

☀️🏊‍♀️ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2025

Miniatura Noticia

Aberto o prazo de solicitude para participar nas actividades estivais, que terán como base as instalacións do Conco.

💻PREINSCRICIÓNS ata o 20 de xuño, cubrindo o formulario:
  https://forms.gle/XagrtFyQoXbxjnXCA

PRAZAS LIMITADAS!

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo

𝐒𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐢𝐬𝐚𝐬 𝐚𝐱𝐮𝐝𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐨 𝐜𝐮𝐞𝐬𝐭𝐢𝐨𝐧𝐚𝐫𝐢𝐨, 𝐚𝐜𝐡𝐞́𝐠𝐚𝐭𝐞 𝐚́𝐬 𝐜𝐚𝐬𝐚𝐬 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐩𝐨𝐥𝐚𝐬 𝐭𝐚𝐫𝐝𝐞𝐬

+ info Concello: 📞 981 744 001

#Dumbría #DumbríaéCultura #DumbríaéDeporte